"Mi testigo es el cielo vacío"

jueves, 4 de marzo de 2010

Ecoresistencia

Ecorresistecia.
Unha protesta máis activa e eficaz, cala máis fondamente nas persoas, impácta e revolve conciencias.



Canquera de nós, reis do mundo dentro dun bar, arranxando o universo, calmamos as nosas ánsias de protesta e reindivicación neses momentos tan "etileuforicos". Pero moita xente anónima é capaz de cruzar o umbral da porata do bar ou do fondo da barra, para que chegue a moita xente as ideas que eles pensan que son as correctas.
Un recente spot da organización Greenpeace, conclue que non tes que mollarte nunha zodiac perseguindo un barco baleeiro para protestar, e eu, estando de dacordo con dito spot, quero chegar un pouco máis alá.
Non fai falla mollarse nunha zodiac, nin rapelar trinta metros por un monumento, ou encadearse a unha reixa, nin tampouco se pode solucionar o mundo nun bar, no facebook ou neste blog.
Ser un número máis nunha estatísca ou un peon nunha rengleira é tremendamente fácil, simplemete tes deixarte levar polos fenomenos atmosericos socias. Ter un bo coche, vestir roupa de deseño, ou ter unha casa como un archivador de oficina que é totalmente autonoma.



Grandes aspiracións de todo indivuo corporativo. Isto ben a ser o mesmo que o fulano que colle o helicoptero para ir coller un tsunami importandolle pouca cousa que morreran 700 persoas por culpa do terremoto que derivou ese ansiado seu tsunami.

Moita xente criticou que a cumbre de Copenhague fora un total fiasco, pero canta xente tomou a decisión de realmente "montala", de protestar¿? pois un puñado de "radicales e de exaltados".

Non fai falla estar sempre o pé do cañon pero tampouco ser todos unha panda de borregos con códigos de barras, pequenas cousas poden facer moitísimo, pero esa voluntade non pode quedar no limbo da quentura nun bar nin de funcarlle a televisión.




Varias entradas fixen xa deste mesmo tema, simplemente é algo que a min persoalmente me preocupa.

*1
*2


O mundo tende a dividirse, a xente que defende os espazos naturais, e a xente que solo ve beneficios na industrialización. A dualidade de extremos existirá ao longo da nosa historia, pero a convivencia simbiótica entre ser humano e o resto do planeta solo pode ter dúas saidas, ou acabamos ben, ou acabamos mal.

Demasiada xente pensa que todo isto é unha chorrada (referindose ao cambio climático), que podería estar no caixónn onde gardamos aos unicornios, trasnos , e calquer ser fantástico, pero a realidade faise palpable , pouco a pouco, xa non son raras as grandes inundacións nin as devastadoras sequias.

Tamén poden ser ciclos normais e evolutivos dun clima, pero a pregunta é : Esperaremos a que todo se vai ao garete para confirmar que se nos foi das mans?
O lóxico seria que non se fixese iso, pero cando os intereses que moven as sociedades son económicos pispotease o que faga falta, construense casas nos cauces dos rios, fanse campos de golf en zonas protexidas e un longuísimo etc.

Teño a esperanza de que non faga falta chegar a un extremo radical, a un punto de non retorno para que eses que fan que nos mandan , se den conta que xogan con todos nos.



Reducide o voso impacto na natureza, reciclade, ide en bicicleta ao traballo, decidelle non a resignación, non fai falta facer grandes protestas para arrenxar as cousas, a loita silenciosa pode facer máis ruído que as súas fábricas de moeda e timbre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario