"Mi testigo es el cielo vacío"

miércoles, 24 de marzo de 2010

The Drifter

The Drifter





Unha película de Taylor Steele con Rob Machado como principal protagonista.

Trata sobre un cambio de vida dun surfista encasillado na alta competición, coas esixencias que lle fan os patrocinadores, e o mundo da farandula de alto nivel. O esgotamento de esta vida fai que necesite escapar desa rutina e emprender un viaxe en solitario por indonesia, intentando apartarse dos núcleos máis explotados polo surf, e implicandose na vida e costumes dos habitantes locais.

Esta podería ser unha simpnose aproximada da película, The Drifter.

Moitos blogs, páxinas e foros, critican esta película de ser irreal, de estar falseada, de mostrar unha versión ficticia do persoaxe principal, Rob Machado, de explotar comercialmete un esteriotipo mochileiro-aventureiro. Razon se cadra non lles falta, pero o que non se dan de conta esta xente que critica esta película, que so é unha película, non trata unha historia real.
É simplemente o achegamento a unha idea hipotética, que se podería dar en calquer surfista profesional ou non, escapar da rutina ,perderse, vivir na incertudumbre, unha visión un pouco utopica.
O que pode ter lugar a critica, é algun fallo dentro do argumento, fanos creer ao principio da película que Rob Machado viaxa " so" e so cunha taboa e nada máis, pero despois sae cando menos con 3 tablas diferentes e unha guitarra, sinceramente pareceme unha chorrada pero é o único "fallo".
Penso que esta película é bastante critica co mundo do surf de alta competición, ese mundo surfeiro que pretenden vendernos en revistas de 4'50€, cheas de anuncios. Un mundo de luxos, fama, tian en tanguita, e vida de marques. Eu non coñezo ese mundillo e nunca o coñecerei, pero o que se transmite del en revistas, o que podemos ver nós dende fora, un reflexo de vanalidade.

Na primeira parte da película queda totalmente reflexado, ese sofoco en praias ultra masificadas, ese murmullo digno de campionato, sendo un dia calquera... A industrialización do surf, o afán de facer caixa, seguindo patrons de moda diseñados por un gabinete de executivos dende un decimo quinto piso en Pekin.

A segunda parte , refexa un mundo "surferil" máis natural , recorer kilometros pola costa na procura de rompentes, e coñecendo a xentiña que por alí vive, máis aventura, pode ser o que soñemos moitos de nós, perdernos por indonesia nunha furgo recorrendo kilometros e sumerxirnos na cultura que nos rodea.

Se me deran a elexir facer un viaxe, nun luxoso barco e disfrutar das mellores rompentes de indonesia ou recorrer ese mesmo lugar en moto coa tabla como fai Machado no filme non o dudaría, disfrutar da cultura local tanto como das ondas que estes maravillosos sitios nos ofrecen.

A miña valoración sobre a película é positiva, moi recomendable.
Gustanme esa tropa de Free Surfers, Machado, Rasta... Gustame a visión do surf que teñen.





3 comentarios:

  1. Tentarei vela, eu tamén me apunto a Indonesia estive de lua de mel é impresonante aínda que non fixe surf pero penso voltar.

    sau2

    ResponderEliminar
  2. Pois que sorte tubestes de ir, e que non che fervera o corpo cando viras esas ondas que alí rompen, eu cando teña todo o necesario para ir irei sen dubidalo.
    Un saudo!

    ResponderEliminar
  3. o deles é facil eric, que danlle todo... tablas traxes paganlle os viaxes... o dificil e sen ser nadie no mundo do surf nin ter cartos a patadas e facelo.

    ResponderEliminar