"Mi testigo es el cielo vacío"

domingo, 20 de diciembre de 2009

Baixo consumo, na man de todos.



Eles non chegaron a un acordo en Copenhague , importalles unha merda que este planeta se vaia facer puñetas mentras eles teñas os petos cheos.

Pero a pregunta que se fai moita xente é : Podo facer algo contra o cambio climático?
A resposta é SÍ.

Dependemos exclusibamente de empresas enerxéticas, que abusan excesibamente nas súas cuotas, moitas delas extranxeiras (gas, petroleo por exemplo).
Hai varias cousas que se calquera cunha pequena imversión pode botarlle unha man ao medio ambiente. A máis barata é utilizar bombillas de baixo consumo, acesible a calquera peto.
A diferencia entre unha bombilla convencional incandescente é unha bombilla de baixo consumo é apabullante e alumbran o mesmo.

Neste video podedes ver unha boa comparación:



Facendo unha imversión máis elevada, podemos disfrutar dun aforro enerxético altísimo cunhas placas fotovoltaicas (funcionan coa luz e non co calor, como moitas veces se cree).
Existen diversas axudas para poder instalar estas placas. Podense compaxinar entre caldeiras convencionais de gasoil, ou de biomasa.



Outra alternativa que xa está implantada noutros paises como Holanda, Italia... é instalar uns aeroxeradores compactos. Seguro que todos os vistedes, en pelis do oeste amaricano.
Aquí en España están demomento "prohibidos" xa que o interes das empresas concesionarias dos parque eolícos non deben estar moito pola labor de que cada cal sexa autonomo emerxeticamente. Algunhas persoas, fabrican os seus propios aereoxeradores, e instalanos igualmete nas súas casas, é bastante fácil fabricar un (se vos interesa farei unha entrada adicada a fabricación caseira dun aereoxerador).



Diversas empresas, adicadas as enerxias renovables, apostan por estes micro aeroxerador, como unha boa alternativa aos combustibles fósiles. Algúns destes aeroxeradors xa está implantados no sector náutico, para recargar as baterias dos veleiros, estes son moito máis pequenos dos que se instalarian nunha vivenda (por exemplo o do video).
O coste dun aeroxerador está sobre uns 1000 euros pero poden aportar uns 400Kw.

Demomento estas enerxias alternativas requiren un desembolso importante, xa que non está xeralizada, existen grandes intereses das empresas que controlan a enerxia para que estas enerxias non crezan moito e se abaranten.

Ahora que está de moda por parte de moitas industrias que de adicaron anos e anos a contaminar e a destruír, atopanse ahora cun mercado emerxente de xente que en principio non compraria nada que eles fabricasen, pero claro como en todo hai de todo. Deronse conta que poñendolle a todo o prefixo ECO chegarían a moita desa xente.
Aquí un exemplo (un pouco esaxerado ou non):

Eco-consumismo



Mercade con sentidiño este nadal, e botadelle unha man ao medio ambiete, cunha bombilla podese facer moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario