"Mi testigo es el cielo vacío"

jueves, 26 de abril de 2012

Estase perdendo o norte no Trail Running?


O mundo do trail está perdendo o norte ou as empreas non saben que facer para amasar cartos?
Estaba mirnado a última entrada do blog de ser13gio e non daba crédito, un circuíto indoor de trailrunning.
Esta idea atenta contra a miña visión (e creo que a de moitos) sobre o que é o trail running, que non é outra cousa que correr por montes e montañas esto como sinónimo de disfrutar da natureza, non sei que pretenden estas empresas (neste caso Plan B que é a misma que organiza a Transalpine Run) con estas iniciativas, expandir este deporte este sector de mercado (para eles) a un gran público?
Imaxínome que as dificultades que ten grabar e emitir unha proba de trail (tecnicamente falando) serán colosais, e so estarán ao alcance de grandes multinacionais, exemplo é a propia Transalipine Run e o a gran e encumbrada proba Ultra Trail du Mont Blanc, do resto solo hai pequenos videos bastante cutres e fotos.
Baixo o meu punto de vista espero que semexantes iniciativas se queden en anedocticas, que non se perpetue este estilo de carreira edulcorada e artificial. Parece que cando un deporte que se practica unicamente nun entorno natural se pretenda controlar co simple motivo de comercializalo e expandilo a súa grnade comercialización, cousa pareciada pasa co surf e as ondas artificiaias baixo un pabillón e con centos de cámaras ao redor.


 

Era previsible que o trail running perdera un pouco o norte,pero creo que estas empresas o van ter difícil para comercializalo debaixo do teito dun pabillón, o que búsca a xente en xeral é  a dureza intrínseca deste deporte e  entornos do máis agrestes, non se pode meter nun pavillón os Alpes nin tansequera as montañas de Galiza , Asturies nin Catalunya (por por exemplos) somentes serían burdas copias como a do video.

Onde está claro que se está perdendo un pouco o norte neste mundillo é na vestimenta, as liñas de saída semellan máis pasarelas de moda outdoor que outra cousa. Hai un corredor que me fai bastante gracia (non de mofa, con todo o respecto), parece que chegou a tenda de montaña X e pideu a voz en grito que o equipasen con "todo do mellor", e así vai, dende a punta dos pés ata a punta do pelo da cabeza recuberto de material quue quintuplíca o de claquera outro. Parece que hai máis preocupación por ir cun material calcadao como os das grandes estrelas de trail que en adestrar e disfrutar da carreira -imaxinome que cada un ten unha visión diferente do termo "disfrutar da carreira"-, o hábito non fai o monxe.

Todo deporte sempre xera unha moda ou unha estética, o trail running bebe do mesmo caldeiro que outros deportes de montaña, basicamente non ves diferencias estéticas cando estás nunha zona de escalada como cando estás no breafing dunha carreira importante, eso non o vexo mal, cada un tira para onde os seus gustos propios ou adquiridos o levan, o que me parece ridículo é pensar que por ir disfrazado de Salomon Santiveri Outdoor Team Intergaláctico Blablablabla correrás mellor ou disfrutrarás máis, repitome pasa en todos os deportes.

Volvedo o tema principal, creo que pode entrar outra iniciativa que me parece moito máis lóxica e moito máis respetable, falo da "Primeira estación de trail running do mundo" (corto pego da noticia enlazada de desnivel) "El pasado 2 de junio (de 2011) se inauguró en Saint-Pierre-de-Chartreuse la primera estación de trail running del mundo. El lugar, que ha sido bautizado como Station de Trail, es un centro deportivo-turístico destinado en exclusiva a los que practican las carreras por montaña." "Tomando como idea base las estaciones de esquí o los recientes «bike parks», ha abierto sus puertas la Station de Trail gracias al apoyo de la región de Chartreuse, el Parque Natural de Chartreuse y la empresa Raidlight, fundada en 1999 y dedicada en exclusiva a material para los corredores de montaña" "Alrededor de Saint-Pierre se han balizado numerosas rutas concebidas para su uso por corredores, de diferente longitud y dificultad, incluyendo zonas específicas de entrenamiento cronometrado, para hacer series, entrenar kilómetros verticales o ultratrails".

Esta idea pareceme estupenda, podería darselle moito valor a un monte que esté en desuso, fomentando políticas medio ambientais moi boas, o monte ten que ser usado e respetado e que non esté a monte (que trae máis consecuencias negativas que positivas), tampouco é cuestión de facer dos nosos montes un circo, pero sí que se podería plantexar de xeito maduro e sensato iniciativas como esta, sin dar pé a grandes infrastructuras, simplemente poderíase aproveitar os PR ou partes dos GR e sinalalos ven e con grados de dificultade pensado na práctica do trail running, ou en pequenas ruutas de senderísmo que moitas veces quedan relegadas para os habitantes da zona ou para aventureiros empedernidos.
Hai que ser un pouco sensatos e non perder o norte, non deixemos que o noso deporte de convirta nun circo, sigamos disfrutando das montañas.

lunes, 16 de abril de 2012

Trail Galiñeiro 2012

Pois nada, despois de competir no Km Vertical con medo de que me volvese a dor ao xeonllo, decido ir ao Trail da Serra do Galiñeiro, decidido a facer unha carreira polo menos mellor que o ano pasado, que pinchein case o principio.
Iba cunha idea de facer a carreira un tanto "rápido" para probarme pero sin pasarme moito (o resultado foi frustrante a non poder máis).
Ata o km 13 foi todo de maravilla, iba ben hidratado (eso berraba a miña vexiga) pero como de costume nesta carreira faltoume combustible, pero non moito, o que me fastidiou de todo, foi un pequeno dor no xeonllo que recordabame a aquela dor que tivera facía uns meses, e o final foi o que pensaba, volvíame o síndrome da cintilla iliotibial...
Despóis do kilómetro 13 a dor foi en aumento, tuben que camiñar xa que correr era un suplicio... e para darlle máis gracia a cousa estaa bastante cheo de barro e comenzaba a diluviar, qué máis se pode pedir!?
En definitiva unha carreira para olvidar, xa o ano pasado as pasara canutas e parece que seguimos na mesma dinámica, engadindo agora ter que visitar ao físio... Creo que este ano acabaron as carreiras de montaña para min, o único se ao final se celebra Penedos do Lobo e podo ir.... Motivación = 0
Tomei a decisión de mudar de físio, probarei noutro que tamén é osteópata e xa veremos que pasa...
3h 14min un tempo de merda ! e o peor sobre todo foi que non disfrutei alá gran cousa.

viernes, 6 de abril de 2012

Tiempo.

Play







Éramos felices, éramos intrépidos, vivíamos como si la muerte fuese algo ajeno,
ajeno como tus labios.

Rojos, rojo esperanza,

estoy ahí

estaré.


Borracho de sueños,agobiado por los cánticos de los pájaros al despuntar el sol.

Vida incógnita, pasos superfluos.

Mañana ya es hoy, mis pies no se despegan del suelo,

suelo ,sigues frío como el ayer, nostálgia aflige al viejo en la sala de espera del médico.


El perro sigue ladrando , ahora afónico.

No se detiene, ella baila en una espiral, yo en ella,

camino pero hoy no puedo, mañana es ahora, el tiempo es un cuento.


Escuálida habitación reluce cuando estás en ella,

luz.
Felicidad risueña ,niña inocente, vulnerable, cobijo sombrío , demasiado para una flor.

Se marchita con el tiempo que soy yo,

el pájaro en la jaula, el perro atado y el indio evangelizado.


Atados de pies y manos por un pasado que viene una y otra vez, sin fin, inservible.
Resurrección sin contemplaciones,

niña ya eres mujer, vuela salvaje hacia el sol.


Son días de poco sueño, poca hambre.

Los minutos, gotas que no se desprenden de las hojas,

las hojas mojadas , la tinta corrida, un mar en calma más intimidante que cualquier tormenta.

Miedo constante, miedo a perder, miedo a no ser recordado.
Cuanto más pienso en la irrealidad de las cosas más reales se convierten, pero son otras, no me pertenecen.


Yo piedra, tú agua.

Destrózame con tú alegría refrescante.
Ahora,

no hay tiempo,

ha muerto,

el mañana sigue siendo ahora,

el mundo no se para cuando aguantas la respiración.

El perro tiembla en busca del calor protector,

chilla,

chilla en busca de distracción,

todos los segundos para él son uno, y con él uno más.


Se paró el reloj y con el yo,

pero el tiempo no existe.

Somos ahora o nada.

Ahora o tiempo.



jueves, 5 de abril de 2012

Brooks PureGrit


Brooks PureGrit.



Brooks coa gama Pure entra dentro do mundo do minimalismo, pero non chega a ser un minimalismo puro, pero si que teñen a mesma filosofía, unha pisada máis natural. En concreto eu acabo de coseguir en alemania e gracias a páxina web "zapatillasminimalistas.net" as Brooks PureGrit, e a decir verdade merqueinas a un precio bastante inferior que o precio estimado que marca Brooks, e moito antes de que cheguen aquí, que será en outubro. Decantinme por estas zapatillas máis que nada porque me facían falta unhas , xa que o resto están feitas un cristo, e como a miña experiencia coas New Balance Minimus Road foi expetacular, decidinme por estas , por ter un pouco máis de amortiguación xa que para o monte eu necesitoa. Unha cousa quero aclarar, eu uso plantillas feitas nun podólogo, xa que tuben varias lesións producidas por pisar mal os meus pes son todo un poema por razóns que non veñen a conto.
A miña sorpresa foi cando puxen por primeira vez as New Balance Minimus Road, eu ainda estaba lesionado pero era coas únicas zapatilla que podía correr máis de 20 minutos... Parece que atenta contra toda lóxica eso de menor amortiguación máis estabilidade... A min funcioname, pero sigo compaxinando con zapas de sempre. Agora é o momento de rebaixar a amortiguación onde máis corro, no monte.

Estas zapas teñen un diseño un tanto peculiar, sobre todo na suela, cunha fundidura que recorda aos pes das tartarugas ninja. Parece ser que eso permite un maior impulso, esto di Brooks "La consequencia: la suela es más estrecha y más ligera con la misma devolución de energía. Así experimentarás más contacto con el suelo y simplemente estarás más cerca" "La división del área de los dedos permite que el dedo gordo del pie funcione independientemente, apoyando así el sentido del equilibrio natural del corredor. De esta manera se fomenta un despegue más eficiente durante la fase de propulsión lo que lleva a más flexililidad."

Así como o mensaxeiro me chamou para notificarme que non atopaba a miña casa (algo moi común) xa me entraron ganas de abrir a caixa e probalas, máis que nada porque nunca tuben unhas zapas de esa marca e sempre ronda a incertidumbre de si acertas coa talla. Acertei de pleno.
Antes de que a locura me invadise por completo, fixen unha revisión afondo do que tiña entre mans:

Esteticamente están logradísimas, o color que collin é para o meu gusto o que mellor lle queda a estas zapas, aparte de que me encanta esa convinación (rana gustavo)

Plantillas, aquí foi case a maior sorpresa, sacoas para fora e quedo flipado, teñen a misma forma que as que me fixo o podólogo!!!!!!! INCREIBLE!

Suela, é unha suela de tacos pequenos, estilo puramente americano.

Cordóns, axustanse moi moi ben e non se afloxan en ningún momento, non teñen a forma dos típicos cordóns imaxinome que terán un nombre pero eu non o sei.

Unha vez visto xa todo, decidome a dar unha pequena volta, coma sempre medida en tempo (cousas de non ter gps)
Poñomas sin as plantillas do podólogo,recen postas sinto como se me puxera as zapatillas de andar por casa, comodidade do 100%. Os primeiros 20 minutos son de asfalto. Ao principio nótanse os tacos un pouco pero nada excesivo, en 5 minutos xa nin me lembro deles.
Xa no monte empeza o bo:

Aderencia: En terros con moitas follas, eucalípto e frondosas, adaptanse ben non noto moita diferencia con respecto as salomon que uso sempre, agarran moi ben, en pedra a súa aderencia multiplicase por 10, parecen ventosas, en area comprotanse tremendamente ben, onde xa non agarran moi ben é sobre a grabilla que queda enriba das laxes, cousa que tamén esvaran as salomon pero estas quizáis esvaran un pouco máis. Ainda non as provei en chuvia, parece ser que drenan moito a auga , moito máis que unhas salomon, pero como ainda non me cadrou non podo decir nada a respecto, pero creo que agarrarán moi ben sobre mollado.

Estabilidade: É certo que ao principio faciaseme raro, con respecto as salomon xt wings2, a súa estabilidade non é tan grande, ao principio, unha vez que xa te acostumas, van moito mellor. Onde ainda non me sinto alá moi seguro é nas baixadas, sobre todo nas baixadas moi técnicas, ainda non me fío delas ao 100%, noto que o pe se move un pouco dentro do calzado, non queda tan fixado como nas salomon, pero tampouco vexo que sexa negativo. Algo sorprendente é a sensación de notar o chan, principalmente cnado pisas nunha raíz, coas salomon era como se pisaba en calquer lado, con estas noto perfectamente a raíz comos e fose descalzo tal cual.

Transpiración: Transpiran moi ben, non son unhas zapatillas nas que sintas entrar o aire, pero tampouco se che coce o pe. Tamén hai que decir que usei uns calcetíns moi finos de Injinji.

Conclusión: Son unhas zapas que invitan a correr moi rápido, as veces moi rápido, son moi lixeiras pero non deixan de ter as prestacións dunhas zapas normais, moi ben pensadas e nótase que o diseño está feito por Scott Jureck. Por agora solo teñen 20 e poucos kilómetros, pero ata agora van moi moi ben.

lunes, 2 de abril de 2012

Empeza a correr!






Que me gustaría que me dixesen se comenzara a correr agora?
Eso iba eu pensando cando xa tiña nas pernas unha hora de carreira.

Que decir:

1 Deixate asesorar por alguén se o ves necesario pero non trates de imitar a nadie.
Nacemos para correr, é algo inapto, é evidente, pero tamén é bo seguir unhas pautas para correr "con xeito".

2 Busca un bo equilibrio, correr ten que ser unha diversión non un suplicio.
Aprende a escoitarte, marcate obxectivos asiquibles, todo ten o seu momento , sufrir tamén.

3 Traballa o corpo e a mente.
O corpo é a estructura pero o motor é a cabeza, tes que aprender que non hai límites para a túa cabeza o que hoxe che costa mañan non che vai costar nin a metade, se tes a cabeza onde ten que estar. Correr é unha das actividades máis introespectivas, para min vai en función do tempo, canto máis tempo máis cousas rondan pola cabeza ou ningunha salta ao escenario mental. Cando estés cansado se ven a cabeza para, pararaste, tes que vences eso, imaxinarte o teu corpo como se estibese formado por capas, cada capa pode ser marcada en minutos, primeiro costarache vencer a capa dos 30 minutos, despois a dos 40 , unha vez que rompas a capa dos 60 minutos notarás que podes cambiar os minutos por horas e sentirte agusto e reiraste do que che costaba o anterior, superaraste.

4 Non intentes correr o que non correstes en toda a vida nun día.
Hai que dosificarse, tanto é importante a carreira como o descanso (mellor activo, surf, ioga...)

5 Usa música si che fai falta.
Esto debería ir no punto catro pero hai que recalcalo. A música é unha boa forma de calar esa voz que che di "para".Coa música concéntraste noutra cousa e corpo sigue adiante. Tamén é bo imaxinarse cousas cando xa vas cansado, deixar voar a imaxinación sin perder a concentración.

6 Corre relaxado.
Eso de apretar os dentes (como se soe decir) para exprimir o corpo é unha tontería como unha catedral, canto máis relaxado corras mellor, eso non quere decir que vaias dormido , pero casi.

7 Come e bebe ben para correr máis
Leva unha dieta variada, nada de excentricidades, come alimentos que che aporen enerxía a longo prazo. Come máis proteínas vexeteais que animais. Se vas competir distacias medias ou largas acostuma o corpo a un certo nivel de estres.

8 Fai estiramentos todos os días ainda que non corras.
Está de moda non estirar, para algunha xente será bo, baixo a miña experiencia empírica non é aconsellable.

9 Realiza adestramentos cruzados.
Correr desgasta moito o corpo, non está de máis alternalo con bicicleta, ou facer adestramentos largos de correr-camiñar

10 Experimenta con diferentes correntes
Está en auxe o barefoot (correr descalzo), para min é unha rama moi útil moito máis que as grandes tecnoloxías de amortiguación, pero cada persoa é un mundo e non hai que abrazar unha corrente como se un dogma se tratase. Eu teño os pés bastante planos, uso plantillas para mellorar a pisada e alterno unhas zapatillas sin amortiguación, evaime bastante ben.

11 Sigue os consellos de Caballo Blanco:
1 No corras contra el camino, hazte uno con el paisaje
2 Si puedes escoger entre hacer uno o dos pasos entre roca y roca, haz tres
3 Corre fácil, ligero, suave, rápido : Empieza fácil. Si sólo corres fácil ya estará bien. No es mal estadio en el que quedarse. Cuando ya corras fácil, corre ligero, “como si te importara un pimiento que la montaña sea alta o baja, o llegar lejos o cerca”. Cuando ya hayas olvidado cómo corres de tan ligero que corres, trabaja lo suave. Si corres suave tras haber aprendido lo fácil, lo ligero, entonces, no hará falta que pienses en lo rápido, por que, sin duda, correrás rápido.


12 Se vas competir:

12.1: Compite contra tí mesmo

12.2: Se competitivo pero compañeiro antes:

"Puedes ser embaucado
por tu imaginacion
si te imaginas a ti mismo
atosigando tu mundo
con tu progreso y tus poderes.

Conocemos este mecanismo como Ego,
conocemos este estado como Ambicion.

Ser grandes corredores
no es nuestra meta,
sino el autocontrol.

Sin el, las fuerzas del ego nos conducen a la ambicion
y el precio de esta ambicion
es el dolor.

No seamos egoistas,
tomemoslo con calma"

Fred Rohe


12.3: Canda hora de carreira come

12.3: Bebe moito antes durante e despóis

12.4: Todos os puntos de antes ata o 11


13: DISFRUTA CORRENDO

14: O que aquí poño pódese aplicar a moitas cousas do día a día, pero recorda o punto 1.






Esta entrada está dedicada a Caballo Blanco (Micah True).
Deixounos o pasado sábado, despois de estar desaparecido durante varios días no Parque Nacional de Gila, no sudoeste de Novo México, cerca da fronteira con Arizona.
Varios corredores como Scott Jurek pedía axuda para atopalo "
Caballo Blanco (Micah True) is missing in the New Mexico's Gila Wilderness. If anyone has any additional info please let me know. Silver City, NM area runners may want to see how they can help Search & Rescue!", o despliegue foi moi grande pero non pudo ser 200.000 hectáreas son moitas hectáreas.
En Xaneiro Caballo Blanco poñía esto no seu facebook: "Si yo fuera a ser recordado por algo, me gustaría que fuera por que yo soy/era auténtico. No por nada más. ¡Corred libres!".


Eras auténtico! Corre libre! Corre co vento.