"Mi testigo es el cielo vacío"

martes, 9 de julio de 2013

A Lanzada niño de serpes

A Lanzada ese niño de serpes

Pasan os anos e a cousa cada vez vai a peor, conflictos entre surfistas, malos rollos, e un ambiente que parece máis digno dunha rúa estreita do bronx nos oitenta.

Don Dinero

Xa fai uns anos, nunha típica conversa de bar " unha masturbación psicolóxica reparadora mundial", debatíamos como se do senado grego se tratase sobre a inxerencia dos cartos nos deportes, canto se pode transformar un deporte cando se inxectan cartos como se heroína se tratase?
Moito, demasiado,  ata parecer un llonqui malnutrido e desdentado, iso sí cun bañador de 49 €.

Podría encher esto de milleriros de letras inconexas falando da industralización do surf, ou de como a industria mercantil atrapa iconos que son a súa antítese para facelos propios (a típica fotografía do Che plasmada en miles de camisolas de a 30€ a unidade), a fogotización mercantil.

Nun nivel máis local ,nesa  acumulación de sedimentos areosos entre a península de Ogrove e Sanxenxo, máis coñecida como a niño de serpes da lanzada ,hai dende fai uns cuantos anos, en termos relativos ao surf  un nivel de dexeneración que chega a cotas insospeitadas.
 Uns achacan tal circustancia ao individualismo do propio deporte, outros o exceso de tonteria convinada letalmente co salitre, e outros ao exceso de tempo libre dos denominados "mantidos". O que está claro que a cousa está pasando de castaño a escuro, eu humildemente encontro unha explicación máis sixela non quere decir que correcta:
Ata agora calquera podía merca unhas taboas, metelas na súa furgo , imprimir na casa uns folletos e facer un pequeno "negocio", máis que un negocio unha forma de sacar catro perras para fundir en birras, outros viron ahí un negocio de verdade, pasaron de 4 taboas a 20, a imprimir os folletos en copisterias e a encher os sinais de tráfico de pegatínas (a DGT está moi contenta). O que era un negocio ou un gana perras , convirtese case nunha moda, todo o mundo quería ter unha escola de surf. Comezaron a chover as ofertas (tomome unha lixeira licencia dramática) : "clases super baratas con neopreno de regalo" " con cada clase te regalamos un masaje de pies" " con cada 4 clases te regalamos una caja de sardiñas que este año mojan el pan de carajo" , e todo esto claro co boom da moda dos longskate ,das gafas rayban, dos todoterrenos de ciudad de papá, e de todo aquelo que se lle ocurra o publicista aburrido. Comezou a formarse unha bola no cumio da montaña, que sinceramente poucos pensaban que se matería para sempre alí estática , os restantes pouco fixeron para protexerse.

Dentro da atmosfera saturada e inflamáble apareceu un persoaxe que cambiaría todo da noite para a mañan: O CHIRINGUITERO.
 Este home e tendo a súa parte de razón e cunhas pingas de envexa no caragillo, preguntóuse, máis ben reflexiou debaixo do extrator de fumes da súa cociña:
"Estes carallos están sacando """un direnal"""" mentras eu teño que pagar empregados, seguridade social , autónomos e tantas sangrías fiscais que me fai siño mariano? E mentras estes """non pagan nada"""", nin autónomos nin seguridade social e ainda por riba están cambiandose e berrando na miña terraza!! Non se fale máis, hoxe mismo chamo o Concello a Garda Civil a Aquaman e a Cristo bendito".

O show comenza e non  vai parar.

Concello 1 : Non quero surfistas que os turístas (que son os que deixan cartos) quéixanse, asique manolo dille os rapaces que están na praia que poñan uns carteis que a zona de surf e do concello 2.
Comcello 2: Surfistas sí pero hai que poñerlle límites , pero claro so temos 200 metros de praia...mmmm 50 metros para surfistas e 150 para bañistas, manolo dille os rapaces da praia que poñan unhas bandeiras.
Resultado : Unha masificación en 50 metros que resulta un desastre, unha chea de escolas, varios chiringuitos con ganas de despachar aos surfistas, un puñado de turístas presentando queixas nos concellos 1 e 2, comezan as sudocacións consistoriais, comezan as lóxicas administrativas:  "Eso é un negocio como outro calquera, asique como tan hai que lexislalo , e como está moi de moda esos dos decretos lei ,ordenanzas e pantomimas, vamos dar concesións".
 A lóxica administrativa e  empresarial impúxose , os das catro perras fora de xogo e comenza o momento  da competencia despiadada e de aferrarse ao gran chollo de ter unha concesión.

O Chiringuitero xa contento ,con que paguen impostos como el, xa non funca tanto.
Os Concellos dan por finalizada a polémica.
Os surfistas que nunca estuberon unidos para nada , tampouco o está agora, o show continúa, esperase un verán movidiño. Escolas con concesión , escolas sin concesión , surfistas que queren ir a surfear.

Como pode ser que nunha praia tan grande se xeneren tantos problemas, cal é a razón, o deporte , o indivualismo de cada surfista que quere ter a súa monodosis de salitre, das persoas? 
Creo que é das persoas, que esperas de xente que berra por unha ola como se a súa vida dependera delo, que esperas dunhas persosas que non teñen máis puntos de miras que a súa tabla, a súa ola a súa praia o seu ego. Como se chega a estas situacións? Creo que nin na Conquista do Pan Kropotkin da coa resposta. 
Ese espíritu do surf, que tanto circulaba no imaxinario popular, de surfísta melenudo, furgoneta, aventura e respeto, non existe. Foi fagotizado, agora o surfista vai nun moderno 4x4 coas lunas tintadas, leba unha gorra de rapeiro , uns cascos hipertrofiados e mira con desprecio a todo individuo ente ou mineral que esté por deibaixo do seu hombro. Non nos enganemos nin fagamos sangre, nin nos extrañemos de situacións como a da lanzada, o surf non é o mismo que fai 20 anos , nin fai 5. Todo evoluciona, néste caso e para o meu gusto para peor. O surf hoxe máis que nunca é unha loita de egos e carteiras cheas.

E para rematar, vou pegar un exemplo que podedes ver completo na blog de Niegà:


Este video é o claro exemplo do surf de hoxe en día, mellor descrito non pode estar. Quero que pensar ( e sei que existe) que queda algún reducto no que ainda se pode surfear con tranquilidade e bo rollísmo.