"Mi testigo es el cielo vacío"

martes, 30 de marzo de 2010

Viaxes Alternativos









Viaxes alternativos:


Inter-rail

Ciclo turismo grandes rutas Eurovelo


Estes dous puntos, poderían englobar todo o que che ven a mente cando se fala dun viaxe alternativo,entendamonos, alternativos a eses viaxes organizados, circos turísticos e masificacións.
A esencia fundamental destes viaxes é a aventura , a integración do viaxeiro alí por onde vai.



Inter-rail.

Moita xente ten unha idea erronea de que é o inter-rail, nas liñas de abaixo podedes ler un "resumen resumido" de qué é o inter-rail :



O Inte-rail é o viaxe mítico dentro dos viaxes alternativos. Transcorre por toda Europa e Turquia, en tren claro.

O sistema do inter-rail presentase en divisons por zonas , como sae no mapa. O custe do billete vai acorde coas zonas que elixamos para viaxar, non podendo usar este billete inter-rail dentro do teu pais.
A duración do billete inter-rail obscila entre os 5-10 dias ata 1 mes.

O billete inter-rail so é eso, un billete de tren, non inclue aloxamentos nin nada engadido. O billete inter-rail non sirve para todo tipo de trens, para viaxar en trens "especiais" como os de alta velocidade, ou os que confiran unha reserva especial.
Se emprendemos este mítico viaxe, so é necesario portar (en canto a documentación) o DNI, dentro dos paises comunitarios , no resto é necesario o pasaporte.
Case tan importante é ter o carné de alberguista, para poder aceder aos albergues xuvenis, sen el pode que che neguen a entrada.





Aquí tedes moita información moito máis detallada sobre o Inter-rail.


Ciclo turismo grandes rutas Eurovelo

A más famosa gran ruta (GR) para nós é o camiño de Santiago, con todas as súas variantes, pero existen moitísimas rutas ao longo do globo deste tipo.
En europa temos o Eurovelo, un englobado de rutas ciclo turísticas, que van dende o cabo máis austral de europa , en noruega, até o sur de portugal. Para a realización destas rutas, non fai falla estar incripto en ningún organismo nin rexistro, simplemente son rutas previamente cartografadas, talmente como é o camiño de santiago. O eurovelo, podese facer de miles de formas é convinacións, estando as rutas todas enumeradas, e perfectamente marcadas nos mapas oficiais eurovelo. Estas rutas ao estar englobadas nun marco tan amplio dan unha flexibilidade inmensa aos cicliturista para convinalas, ou facer absolutamnete o que se queira, non é nada fixo cun obxectivo, como é o camiño de santiago.





Aquí
tedes toda información totralmente detallada.



Recomendación para albergues: Buscade sempre que teñan esta recomendación, son os mellores albergues.

No hay comentarios:

Publicar un comentario