"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 28 de febrero de 2011

Kilian Martin, un bailarín

O barcelonés, Kilian Martín, cunha clara influencia de Rodney Mullen, é para min un dos mellores skaters de España. Un Bailarín sobre rodamentos.





As comparacións son odiosas pero aquí queda

miércoles, 16 de febrero de 2011

Escalada en O Grove




Varias veces, e xa a uns cantos escaladores, lles preguntei, por estes croquis que aquí abaixo poño, e a resposta foi que eles ou nunca atoparon estes sectores de escalada, ouq ue a pedra é moi abrasiva e polo tanto é moi "jodido" trepar.
Está claro que esta zona de Con Negro está chea de bloques de pedra con formas, que para min con ollo pouco acostumado, costame moto ver, pero algo ten que aver, xa é case unah esperanza, para poder trepar un pouco. No medio do monte nunha zona de San Vicente de O Grove tamén hai un sitio cunhss antenas xigantescas de teléfonia onde tamén hai un sector que pode que salga "algún paso". Penso, baixo a miña profana opinion, que O Grove ten un potencial bastante grande para o bloque, tanto pola zona da Siradella, Con da Hedra e Con Negro.



Vendo o blog de Ben de Corme, sempre penso o mesmo, a similitude dos bloques cos que hai por aqui, que nadie abreu é bastante parecida, pode ser que pola proximidade ao mar... (sigo falando profanamente).
Se alguén ten algo de información do tema que me avise por aquí, agradeceríallo profundamente.

Estos son os croquis que hai no buscador de Desnivel sobre Con Negro:











martes, 15 de febrero de 2011

Wavegarden !

Despois de ver xa bastantes ondas artificiais, ou en ríos, esto xa supera todo.
O funcionamiento é un misterio, pero está claro que a onda é preciosa, e onde está enclavada engade a guinda. Wavegarden, na súa web afirma: "Wavegarden es una tecnología innovadora para generar olas de gran perfección para la práctica del surf en un entorno seguro. Esta tecnología permite, por primera vez en la historia, disponer de instalaciones de olas económicamente viables y de bajo impacto medio ambiental."


A situación desta onde demomento é un misterio, pero está claro que a súa calidade, polo que se ve nos videos, é impresionante. Unha onda nun pantano, pareceme increíble.

Xuzgade vos memos con estes videos

Teaser I from wavegarden on Vimeo.



Wavegarden (Short) from wavegarden on Vimeo.




Se realmente é como o venden, de que non ten impacto medioambiental, que é económico... merecen un aplauso!

lunes, 14 de febrero de 2011

Unha vez máis "don dinero"



Unha vez máis outro entorno natural está baixo a espada de damocles nete noso país.
Grandes desfeitas no nome do "progreso" (expansion dos petos de catro amigotes) están a sucer continuamentene en Galicia, casos como a mina a ceo aberto nas Fragas do Eume, proxectos rocambolecos como a costrucción dunhas pistas de esquí en Pena Trevinca, o proxecto do campo de golf no Monte Siradella, portos deportivos en cada recuncho do noso precioso litoral, e un triste etc.
Ahora é o turno da destrucción da Serra do Galiñeiro.
Nin máis nin menos que a construcción dun parque elólico en toda a serra, producindo un impacto medioambiental inmenso.
Para que non o sepa, aparte de ser unah das zonas máis famosas de Galicia apra a práctica da escalada, tamén posue un valioso patrimonio arqueolóxico, "a serra do galiñeiro posue un complexo arqueolóxico dos petroglífos de Auga da Laxe. Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.)"

Neste MANIFESTO podedes ler o tema con máis profundidade.

Curiosamente , Galicia é unha das comunidades autónomas que ten máis aeroxeradores ,esta frase podería ser moi positiva, xa que estamos a falar dunha enerxía renovable (pese ao seu impacto paisaxístico), pero dase a casualidade que pese a que galicia é a comunidade onde hai máis aeroxeradores, é tamén unha das comunidades onde a factura da luz é máis elevada, que curioso non vos parece¿? xeramos sabe deus canto kilowatios diários que non repercuten realmente na nosa factura, que pagamos eso si rigurosamente, "sufrimos" a destrucción do nos paisaxe, dos nosos montes acambio de nada, e eso tamén pasa coas famosas minicentrais eléctricas que plagan os nosos ríos, co que tamén conleva a perda de fauna...

Así de curiosas son as cousas no noso país.

O día 20 deste mes farase unha andaina-protesta neste cartel tedes toda a infomación
Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro



Esperemos que este como outros proxectos tan aberrantes coma este non vaian adiante.

lunes, 7 de febrero de 2011

Non estou


Xa fai algo que non subo ningunha entrada, non me dan as horas do día para todo o que teño facer.
Ata dentro dunha semana (espero que antes) non publicarei nada.

Un saudo!