"Mi testigo es el cielo vacío"

jueves, 28 de octubre de 2010

M.I.D.E


Estando en Paradas do Sil, lendo un cartel de inicio dun PRG , abaixo de todo poñía "baixo as indicacións M.I.D.E."
Estuben buscando información e tirando de memoria para acordarme da páxina web que indicaba aquel cartel, e atopein toda a información.
Aquí vos deixo un breve resumo.


M.I.D.E: Método para Información de Excursions

Premendo no logo entrades a páxina con toda a infromación

É un sistema que mide, o recorrido do sendeiro así como as súas dificultades técnicas e físicas, sirvenos para valorar e escoller o mellor sendeiro , ou o máis axustado as nosas límitacións técnicas ou físicas. Este sistema foi concevido para previr accidentes nas excursións e saídas a natureza.Permitenos ter unha información bastante fiable do recorrido que queremos facer.

M.I.D.E neste aspecto tamén se pode desmenuzar da seguinte forma:

M: Medio; Severidade do terreo, sinalización de riscos.
I: Itinerário; Señalización e orientación do sendeiro.
D:Desplazamento; Estado do terreo.
E: Esforzo: Cantidade de esforzo medido en horas

Pareceme unha idea xenial, tanto para senderias , como para corredores. Con esta información podemos aventurarnos por sendeiros , e saber onde nos metemos. Esperemos que siga avante esta iniciativa e vexamos máis carteliños co logo MIDE

martes, 26 de octubre de 2010

Correde malditos correde

Crónica da Media Carreira Cañóns do Sil (por un servidor)

Toda a carreira discurre polo concello de Paradas do Sil, alí mismo o día 23 no concello recollo o dorsal, ao día seguinte nunha especie de garaxe/alpendre, dan denovo os dorsais e os chips de control (que o día anterior non os tiñan) ,alí teño un pequeno problema co dorsal e teñeme que cambiar o número do 318 ao 384 xa que para ao número 318 non había chip de control.

Xusto despois de recorrer o dorsal , entrame o mítico e clásico apreton despertino precompetición, vou o bar restaurante do outro lado da micro plaza e espero uns minutos eternos a que saira o usuario do baño de homes, dada a eternidade da espera, non me queda outra que meterme no de mulleres, ou efectuar a deposición no medio do ínfimo pasillo. Entro no baño (non vou a descrivir nada máis) e cando quero saír, a porta está bloqueada, era unha porta de corredera e non habia bicho no mundo que abrise eso desde dentro, despois de 10 minutos o usuario do baño de homes por fin sae, e escoita , máis ben ve como se zarandea a porta do baño de mulleres e pregunta se estou ben. Cando lle digo que estou encerrado o usuario pon unha cara de incredulidade increible, podo velo por unha rendixa que hai entre a porta e a parede. O usuario vai avisar a doña do bar restaurante, que se achega alí e me berra unhas instruccións que non me axudan a saír de dita situación, enton ven o fillo... o amijo do amijo do fillo e o que estaba tomando a chiquita alí na barra, non lle dan vento a desmontar a porta... e finalmente entran en escena o personal de protección civil cunha caixa de ferramentas e consiguen abrir a porta....

Despois desta carallada, preparo o dorsal e paso o control para poñerme na saída, según as previsións meteoroloxicas tiña que chover e facer frío, cousa que non fixo e que sorpendeu a todos os participantes, eu incluido que levara a mochila chea de roupa de abrigo.

Dan a saída as 9:40 máis menos, según a previsión que había. Cruzamos parte da vila por unha zona de asfalto, ahí quen máis quen menos xa se vai posicionando nos postos de cabeza, e máis de algún como astutos raposos vanse pegando aos cus que máis lles conveñen , despois deste pequeno tramo xa nos metemos no monte de cheo.

Comenzamos a descender, no meu caso como unha cabra montesa kamikaze. Os camiños deste parcial eran estreitos e naulgún caso embarrados , e nouto directamente pasaba un regato, incluso polo súa verticalidade tinas que facer algún apoio na vexetación e nas pedras colindantes.

Durante todo o descenso fun a par cun grupo de xente, moi simpáticos todos e moi amables e sobre todo moi compañeiros, esto foi unha das cousas que máis me impresionou durante toda a carreira, o compañeirismo que había, ante un resvalon ou unha caída sempre habia unha man compañeira para xudarche ou darche animos.

O descenso foi duns 4 kilometros, pasamos dunha cota de case 700 metros aos 160 +-. Nesta parte como é loxico moita xente se desgastou moito dada a facilidade que supoñia a caída libre por aqueles carreiros. Despois de atravesar varios regatos e inumerables fragas. Chegamos a primeira parte de ascensión, os dous primeiros kilometros de ascensión foron ben levados, salvo que apartir do kilometro 7 +- as ampoias que tiña en sendos pes, empezaban a dar batante a lata, neste momento cando a pendiente xa era moi pronunciada e quen máis e quen menos iba a un ritmo de carreira super lento e case todos por non decir todos subian por aquelas costas andando, apareceu unha muller dus trintalargos -cuarentas (de zarautz e socorrista, tema que nos deu palique gran parte do camiño), animou a todo quisqui co seu bo rollo e fixo que un grupo de competidores empezasemos a coller un ritmo máis forte , e deixasemos atrás aos competidores máis cercanos. A este ritmo so aguatamos a protagonista en cuentión un chaval duns trinta e poucos alto como un eucalipto e eu, así aguantamos ata o kilómetro 12 +- apartir de ahí e nun pequeno descenso , e unhas pisadas que me fixeron torcer o tobillo esquerdo dúas dolorosas veces e as ampoias dos pes cada vez máis grandes e "jugosas" fixerón que o meu ritmo baixase e se distanciaran bastante.

Do kilometro 13 ao kilometro 14 foi sen dúbida a peor subida , tendo que botar case as mans ao chan e enrollar a lengua nun brazo para que non tocase nos toxos e pedras que pisabas, foi unha subida que marcou para min a carreira, xa que parte dela ,case a metade, a fixen correndo ata que reventei polos catro costados. No kilometro 15 había un dos habituallamentos , había O HABITUALLAMENTO que me dou a vida, (cada X kilometros había habituallamentos con bebidas, e froitas), neste habituallamento habia algo enriba da mesa que me dou a vida, apoias de glucosa.

Collin unha rengleira de ampoias pero entre o cansancio o sudor e o encefalograma plano que me caracterizaba durante a subida e alí mesmo, non lle din xeito a separar un par de ampoias do resto, tuben que pedir axuda as mulleres que estaban alí cortando froitas. Despois de inxerir a primeira ampoia notei o seu efecto como a poción maxica de asterix, podendedo volver a correr cun ritmo bo incluso adiantando a varios corredores que tiña por diante, a outra apoia que lebava caeume polo camiño e coulleuna o competidor que me precedia.

Xa quedaba un kilometro escaso para chegar a meta, e a visión do inflable vermello da meta xa estaba próximo, unha fraga máis e chego a meta, onde me esperaban gran parte da xente que había coñecido polo camiño, e cos berros do home alto como un eucalipto (non sei o seu nome) e da muller aquela que me animou gran parte do camiño, chego a meta cos aplausos de aqueles compañeir@s que sufriron conmigo parte do camiño.

Unha carreira para repetir.

sábado, 9 de octubre de 2010

A cárcere de Stanford

O psicólogo Philip Zimbardo, fixo na década dos 70 un experimento sobre a conducta humana.

Zimbardo pretendia demostrar entre outras cousas, que a afirmación "O home é malvado por natureza", era erronea.
Selecionou a un grupo de voluntarios con prefiles psicolóxicos dentro dos parámetros considerados como normais, otorgoulles aleatoriamente a cada un ,os papeis de prisoneiro e carceleiros, nunha prisión ficticia. O experimento que estaba diseñado para 1 mes, pero cancelouse na primeira semana.
Aquí vos deixo os testimonios, tanto de Zimbardo como dos voluntarios convertidos en carceleiros e en reclusos.