"Mi testigo es el cielo vacío"

jueves, 25 de febrero de 2010

O camiño faise ao andar



Teño a afeción de vez en cando cando teño un pouco de tempo libre, coller a bicicleta e facer pequenas rutas, sempre polo monte (cando é posible).
Un día falando co meu gran compañeiro de aventuras decidimos facer un dos camiños que chegan a Santiago de Compostela, como reto deportivo. Despois dun breve repaso a todos os camiños que tiñamos oído, decidimonos por un que semellaba máis aventura se cadra, A Vía Da Prata.
Miramos en infinidade de blogs e como case sempre acontece as opinions eran variadas e maioritariamente negativas, pero os argumentos que aportaban os foreros non nos botaron atrás nin moito menos, penso que foi o que nos levou a facelo.
Sairíamos dende Sevilla e chegarímaos despois de percorrer 800 kilometros a Santiago.
Despois de equiparnos completamente para dita aventura ,e d cargar as bicis co indispensable,( a maiores unha tenda "ultralight" en cada bici) , chimpamos todo nun coche de alugueiro e encamiñamonos para Sevilla.
Cando por fin emprendemos ruta sur - norte e mirando os nosos mapas e gráficas de desnivel, demonos conta de que seria un viaxe memorable, a distancia entre poboación e poboación e bastante grande, demasiado quizais para ir camiñando pero iso mesmo era o que estabámos a buscar, a soidade a inmensidade dos horizontes a conquistar e os cambios tan grandes nos paisaxes cando os cruzabas. A vía da prata nada ten que ver (por agora) cos grandes camiños como o frances e o do norte, neste non atopas a ninguen durante kilometros e kilometros, debe de ser actualmente o camiño menos transitado, a xente que atopamos estaba facendo rutas que nada tiñan que ver co que faciamos nós, como a transalándalus etc.



Algo que realmente me chamou a atención foi o mero feito de cruzar a peninsula praticamente de sur a norte seguindo unha frecha ou unha cuncha de vieira polo medio de montes e pobos, alí onde nunca nadie mira atopabamos unha discreta frechiña indicandonos a dirección.

Más curiose se cadra é que os veciños deses mismos pobos descoñecian por completo a existencia do camiño, cando faciamos algunha parada e preguntavamos polo camiño (cando nos saíamos do camiño propiamente dito) quedaban extupefactos cando lles deciamos que iamos para santiago de compostela, amiudo advertindonos que compostela quedaba moi lonxe e engadian a coletilla "estades locos".
O que saca en limpo dun reto coma este é a realización e superación un límite físico e sobre todo mental.




Ben, este pequeno relato,é a modo de introducción para o seguinte:

Fai pouco atopeime cun proxecto que están lebando acabo dous galegos, un reto de verdade, facer o camiño de santiago dende o punto máis boreal de Europa, o Cabo Nordkapp en Noruega, cruzarán 10 paises en 7 meses. Non vou escribir nada máis sobre eles, tedes que oílos e seguilos sexa na súa páxina ou na rede social Facebook (entre outras).








*(todas as imaxes podedelas ver en grade pichando sobre elas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario