"Mi testigo es el cielo vacío"

miércoles, 17 de febrero de 2010

Activismo pasivo / Activismo de salon






Activismo:

1. m. Ideoloxía e comportamento dos membros activos dunha organización o partido que defende e emplea a violencia con fins sociais, políticos o económicos

2. Actividade promovida en favor dun partido, doctrina, etc.:

Xa é ben sabido a gran influencia que teñen as redes sociais nas nosas vidas, miles de millons de internautas circulan por elas, compartindo as súas vidas, as súas fotos, amores, desamores e un longo etc.

Dentro destas maravillosas redes sociais van crecendo grupiños de seguidores de diversos temas. Sexa de lecer ou para difundir ideas, dentro destes últimos gustanme en especial aqueles nos que implicaría unha acción activa para defender dito postulado.
Non sei exactamente cantos grupos reindivicativos existen nas redes socias, pero miles de persoas os enchen, cantos deles se fan sistematicamente seguidores¿? É igual que coller un panfleto pola rúa miralo por riba e dereitiño (no mellor dos casos) ao colector.
O mutismo o que estamos xa acostumados, ao valor que lle corre polas veas ao máis cobarde cando preme click, ou teclea ferozmente.
Que ridículo é ese valente tan cobarde cando se fai seguidor de "stop global warming" e chega a súa casa , prende todas as luces e sube a calefacción até 35 grados para poder andar en calzons e camiseta de asas pola casa.



Esa visión virtualizada das cousas, que cada vez é máis grande gracias a aptitude da xente a ese pasotismo, acentuado por ese valor tan cobarde que fai digno ao máis miserable.

Falando cuns bos amigos non fai moito tempo, chegamos a conclusión que os grandes males actuais son debidos aos ideais difuminados, tempo atrás o vermello era vermello e o azul era azul, ahora o vermello é un cor intermedio entre o laranxa e o amarillo e o azul recorre todas as tonalidades dun ceo de verán.

Que fácil é ser activista de salon, cun so click son seguidor de cincocentos grupiños reindivicativos. Esto é a versión dixital de arranxar o mundo no bar.



Canta xente dirá cando sae o típico grupo de xente manifestandose, ou colgandose dun famoso monumento con pancartas... ¡ eso deberiamolo facer todos ! ¿quen o fai?
A cantos lles gustaría saír da casa e berrar, eso non o quero para os meus fillos, ¿quen o fai?

-----------------------------------------------------------------------------

Sigo pensando que isto é debido a esa difuminación de ideais.
O día que un campesiño se fixo de dereitas.
O día que o comunista mercou roupa de marca.
Todo se difuminou, todo morreu.

U win / we lose

Un exemplo de activismo :

No hay comentarios:

Publicar un comentario