"Mi testigo es el cielo vacío"

viernes, 5 de febrero de 2010

Oscuridade / Depresión




A ausencia de luz natural produce depresión, ou como técnicamente se di "transtorno afectivo estacional" .

Algúns científicos afirman que o noso estado de ánimo pode ser devido entre outras causas , a ausencia de luz solar, o exemplo máis palpable está nos países onde as horas de luz son menores como sucede en Escandinavia, onde se incrementa este transtorno no inverno, xa que a ausencia de luz e praticamente total . Algunhas estatísticas reafirman esta hipotese, xa que nestes paises teñen os índices máis altos de toda a Union Europea en suicidios, os entendidos suxiren que é debido a falta de luz.

Os síntomas deste transtorno asociado a disminución das horas de luz, son :

Cambios no estado de ánimo
Incapacidade para disfrutar
Pouca enerxia
Cambios do sono
Cambios na alimentación
Dificultade para concentrarse
Disminución das actividades sociais.

Claramente a luz afecta na actitude das sociedades, como exemplo, no inverno, os habitantes do norte dun pais son máis dados a permanecer nas casas, e a levar unha dieta forte e altamente enexértica, pola contra, os habitantes do sur son máis dados a estár nas rúas e levar unha dieta máis lixeira.

Así nos paises do norte como Islandia, os días que fai sol, suspendense as clases, para que tanto nenos e maiores podan gozar dun día soleado.

Nós devido a nosa situación xeografica e de latitude, padecemos máis días grises e menos luz ca o resto da península, xa é ben sabido as protestas que saen sempre nos medios de comunicación cando se pasa a hora invernal (supostamente para aforrar enerxia). Pode ser que este transtorno afectivo estacional, esté marcado a lume nos galeg@s¿?, refirome en concreto a esa nosa atitude de " é o que hai", de resignación constante para todos os aspectos da vida. Parece que nos absorbeu unha profunda sombra que nos recubre incluso na roupa, esa roupa escura que lucimos tantos, de cores apagados, cores fundentes co entrono gris da nosa terriña.
Podo ser que as aptitudes da xente veñan dadas en parte pola luz? ou a nosa xa prestixiosa aptitude resignadora é xa apatía herdada xeración tras xeración.
Que pasaría se esta aptitude a trasladásemos aos nosos veciños do norte, en escandinavia¿? Pasarian de ser eses paises tan "potentes" a ser unha panda de suicidas resignados¿?.



Pode ser que eses paises, forxados no xeo e no lume combatan esa falta de luz, poñendo cores a todo, as típicas casiñas de cores da costa, as roupas de lá tinxidas, ou a alegre músicas das frautas.




Fagamos ben ou mal a fotosíntese, hai un mundo ahí fora, vente trone ou chova.





Suspiro, falta de enexía.

1 comentario:

  1. A falta de luz e de sol, é que carallo non para de chover en A Coruña.

    Sau2

    ResponderEliminar