"Mi testigo es el cielo vacío"

domingo, 10 de enero de 2010

Que esperas dun shaper


En casi todos os lados gozamos dese shaper local que nos aconsella sobre taboas, quillas, e relativismo surfeiril.
Pero que esperamos dun shaper? Praticamente o mesmo que esperamos de calquer comenrciante, que sexa honesto que teña calidade e que nos aconselle ben. Pero alguns factores como o precio, calidade e puntualidade nos pedidos, fan as veces que teñamos que desplazarnos bastantes kilometros ou que fagamos pedidos por internet, co risco que ten comprar este tipo de material na rede (comprar algo praticamente a cegas).
As veces dependendo do shaper que teñas ao lado, é preferible mercar unha taboa pola rede ainda que sexa un risco.
Se comparamos a Shapers que podemos ver aquí na rede con algúns que temos preto, as diferencias son asombrosas, e non falo de shapers de renombre yankees.
Como en todo nesta vida, hai shapers mediocres ou simplemente non se queren complicar moito a vida, deixando taboas mal rematadas, ou tardando unha burrada para a entraga da taboa que ten un simple toque, simplificando, falta de seriedade. A moitos escoitin quexandose dun shaper en concreto, "menos mal que solo hai este por aquí que, se hubese un shaper que fora un pouco máis serio que este, onde iba el xa".
Cando un shaper se "apalanca" e deixa de facer un traballo de calidade a xente evidentemente recurre a outras alternativas, como por exemplo mercar pola rede.
Pero centrandome, que distingue a un shaper normal dun bo?
Pode ser os anos de experiencia que teña, ou como se diria coloquialmente "que sexa xeitoso".
Eu penso que aparte da experiencia que poda ter, un shaper ten que facer cousas inovadoras e non só limitarse a demanda xeral. Un shaper máis artesnal, poderiase decir clásico, e non un shaper industrial que fai taboas que se poderian conseguir praticamente iguais en calquera tenda. Pode que algúns busquen un shaper que coñeza máis ou menos o nivel de cada cal e faga unha taboa axeitada as necesidades que ten cada cal, seria estupendo algo así, pero cando o shaper está solo a vender, pode meterche calquera cousa polos ollos que ti inxenuamente picas de cheo, pero cando te das conta de que a tabla que mercastes notanselle todas as fibras ou o acabado non é o que desexabas, daste conta que ese shaper xa non merece a pena e non che queda outra que saír a aventura e buscate a vida.
Outro problema é cando chegas a unha tenda na que supostamente teñen a un paisano alí que te vai aconsellar, pero cando por exemplo pideslle unhas quillas especificas para unha tabla en concreto como pode ser unha quad, o tipo queda mirando para ti como se lle pedises algo procedente de ultramar. Parece ser que poucos sitios quedan xa de fiar, eses pequenos lugares cheos de po blanco, onde atopar unha taboa que merezca a pena. A búsqueda terá o seu resultado pero, cantos kilometros terás que facer para atopar algo que merezca a pena?
Isto todo é subxetivo, xa que o que para algúns non é bo para outros é fantastico, todo depende do teu criterio. Podes ir ao shaper mítico de Coruña coas súas regras penduradas da parede, ou podes ir a tenda da rúa a baixo, podes pegarte a kilometrada, ou tirar de amigos e compañeiros de fatigas para que che aconsellen, pero sempre quedará esa dubida. Esta taboa merecerá a pena? Ata que te metas na auga e collas unhas cuantas ondas non o sabrás.

5 comentarios:

  1. Hola!
    Acabo de ler esta entrada e quedei bastante inquieto porque non coñezo outro shaper por aqui que non sexa o de Zorlack... pero non acabo de identificalo co que dis dos malos acabados e "cando o shaper está solo a vender, pode meterche calquera cousa polos ollos que ti inxenuamente picas de cheo".
    Eu tiven unha slash, unha fullcas e unha watsay compradas novas e feitas a medida e os acabados non eran perfectos, a durabilidade tampouco e ainda porriba parecia que sempre andaban apurados para escoitar as caracteristicas que querias na taboa....
    Desde que coñecin o zorlack xa lle levo encargado 3, unha cada ano porque os acabados me parecen bos, a durabilidade moito mellor que as outras e as prestacions aproximanse o que lle pido...Por iso che digo que me costa asocialo co que comentas aqui¿ou hay outro shaper pola zona??
    O que comentas de "cando o shaper está solo a vender, pode meterche calquera cousa polos ollos que ti inxenuamente picas de cheo" moitas veces penso que e mais culpa nosa que do shaper ou o fulano da tenda, so hay que darse conta da cantidade de xente que hay na lanzada con thrusters de 6 pes e pouco que estarian moito mais felices enriba de malibus de 7 pes. Todos queremos andar na mesma taboa que o kelly de turno, pero non queremos admitir que nin somos kelly nin as nosas ondas na lanzada dan para sacarlle partido a ese tipo de taboas...
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. Penso que o shaper ten que aconsellar, aquí en A Coruña coñezo a Tito que está preto do Trip e penso que pode ser un bo referente, teño que pasar a ver se alguen se desfixo de un bo 7 pes ea bo prezo claro hehe

    Sau2

    ResponderEliminar
  3. Barkala, tes parte de razón, non me refiro a Zorlak en concreto, ou se non fariao que non me costa nada. Eu persoalmente non me gustan moito as súas taboas, ou é que son moi "tiquismiquis" ou non busco o que el actualmente ten. Refirome en xeral o mundo dos shapers e a compra venta, o trato entre shaper e "usuario".
    Algunhas cousas que se poden ler neste texto non son irreais ou inventadas, engado tamén "o que para algúns non é bo para outros é fantastico", ou para gustos colores. Se me puxera a criticar a un shaper en concreto, pecaria de ignorante seguramente, pero eu prefiro unhas taboas estilo do que teño enlazado no apartado para shapers, que o que me pode ofrecer ahora Zorlak por exemplo,e con esto non menosprecio a Walter nin moito menos. Cando dis "so hay que darse conta da cantidade de xente que hay na lanzada con thrusters de 6 pes e pouco que estarian moito mais felices enriba de malibus de 7 pes" tes moita razon, destes no clavo, pero aquí dasme a razon, cando me refiro que alguns shapers e tendas (en xeral) meten polos ollos taboas que non se axustan as necesidades que ten o "usuario" (a min pasoume fai uns cuantos anos).

    (por non ter nada cerca que para meu gusto fose "de xeito" non me quedou outra que mercar por internte e metin un pouco a pata...)

    Señor Werty cando digo "shaper mítico de Coruña coas súas regras penduradas da parede" refirome a Titanius, un gran shaper.
    Un saudo!

    ResponderEliminar
  4. Creo que no has visto de cerca ninguna de las tablas de ese shaper que tienes enlazado...

    Si no, te darías cuenta.

    Vi el trabajo de Tito, Walter y Chusma en Salinas este año, y el propio Tito reconoce que Walter es un excelente shaper (incluso cuando un trabajo es muy complicado, se lo remite a Zorlak)

    Saludos.

    Pedro "Salinero".

    ResponderEliminar
  5. Sen máis para gustos cores. Xa que tes o don de saber oq ue veu cada persona ao largo da súa vida, podes decirme que vou estar pensando mañan as 16:00? Aparte non solo teño a un shaper enlazado. En fin xa empezamos...

    ResponderEliminar