"Mi testigo es el cielo vacío"

jueves, 21 de enero de 2010

Boulder. Búlder.



Boulder, ou como se adapta ao noso idioma , Búlder. Para os que non sepades do que falo, o búlder é unha modalidade de escalada, como di a wikipedia "Consiste en escalar bloques de roca o pequeñas paredes (de hasta unos 5 m, aunque a veces superan los 8 m) que pueden realizarse sin la necesidad de los materiales de protección convencionales en la escalada, como la cuerda. Generalmente se emplea una colchoneta portátil "crash pad" y la pericia atenta de los compañeros". Moitas persoas alleas ao deporte da escalada, resultalle curiosa esta modalidade, e razon se cadra non lles falta, xa que a idea que ten todo o mundo en xeral sobre o mundo da escalada é grandes montañas ou paredes descomunais, pero esto como afirma John Krakauer no libro "Soños do Eiger", "as ascensión poden parecer diminutas , pero, ainda que se force moito a imaxinación, non son fáciles".

Parece ser que o "inventor" foi John Gill, tamén hai que decir que Gill non foi o primeiro en praticar búlder pero si en diferenciar ese tipo de escalada en concreto e non ceñila so "un mero preparativo físico para preparar escaladas de verdade",como profesor de matemáticas,Gill, veu nesas pedras "pequenas" un problema a resolver, citando as suas palabras "O búlder non é en realidade un deporte. É unha actividade de escalada con resonancias metafísicas, místicas e filosóficas [...] hai algo común entre a escalada de bloques e a investigación matemática. Creo que o nexo ten que ver coa capacidade de recoñecer patróns, un instinto natural para analizar un patrón".
A perspectiva tan curiosa que ten John Gill fixo que lograse encadear bloques en principo imposibles e uns cuantos hoxe en día ainda non foron encadeados. Parece a primeira vista que o señor Gill é un persoaxe un pouco excentrico, ligando intimamente a máis pura metafisica, as matemáticas puras coa prática do búlder, pero analizando un pouco as súas palabras e entendendo sobre todo, de quen veñen esas palabras, unha mente matemática, non parece tan descabellado afirmar que o búlder é unha escalada máis "complexa" poderiase decir.



Aquí na sosa terriña temolo relativamente fácil para praticar búlder, diferentes sectores desperdigados por doquier, sacian as ansias de moitos matemáticos amantes das pedras.

Máquinas como Ben de Corme, Jose Juan Domínguez, e un largo etc despuntan neste mundillo.
Para nós, aquí no Grove estanos un pouco máis complicado poder trepar algun bloque "xeitoso", como xa ma dixeron "pedra hai, e hai moita, pero case non ten formas, solo un par de pasos".
Esperemos que pase algún matemático por aqui e desvelen algunha xoia.


Imaxe cabeceira: John Gill
Imaxe abaixo : Anónimo


No hay comentarios:

Publicar un comentario