"Mi testigo es el cielo vacío"

sábado, 16 de enero de 2010

O máis débil da evolución.




Según o antropólogo autraliano Peter McAllister o ser humano actual é o más débil de toda a evolución, afirma que esto é debido a inactividade, sedentarismo e as comodidades actuais. Según un estudo dos fosiles atopados en australia (datados nuns 20.000 anos) un grupo de cazadores correndo descalzos pola veira dun rio (unha superficie fangosa) alcanzaban unha velocidade media duns 37 kilometros por hora, o record mundial de velocidade que logrou Usain Bolt con zapatillas técnicas correndo nunha pista foi de 42 kilometros por hora.

Según uns estudos científicos chegouse a conclusión que si un aborixe australiano de fai 20.000 anos cunha técnica depurada como a de Usain Bolt e en igualdade de condicións acadaria uns 45 kilometros por hora, isto so son conxecturas pero non hai que remontarse tantas centurias atrás, claro exemplo delo son as lexions romanas e gregas, que recorrina bastas distancias nun tempo que hoxe calificariamos de record.

Outros exemplos:

Alguns homes da tribu Tutsi, en Rwanda, saltaban a unha altura de 2.52 metros o record mundial actual está en 2.45 metros.

Os aboríxenes australianos eran capaces de arroxar unha lanza de madeira a unha distancia de 110 metros ou máis ol record mundial é de 98.48 metros

Os lexionarios romanos recorrían ata uno e medio maratons ( a distancia dun maraton é de 42.195 o que recorrina estes homes era de 63 kilomeros ) ao día cargando coa metade do seu peso en equipamento bélico.

Esto é referido ao físico, pero que quere decir isto, nós, o home actual, nun mundo igual ao de fai 3.000 anos non durariamos nin unha semana.

Según Peter McAllister é debido ao sedentarismo, eu penso que é debido as comodidades actuais, antes desplazabanse correndo ou en primitivos medios de transporte, cruzando montes, rios, montañas... ahora alardeamos como especie de records que no noso propio pasado son marcas insignificantes.

Estamos diante da involución? Convertiremonos nun moco, enchufado con cables a unha CPU?
Se Darwing acertou coa súa teoría ,estamos diante da nosa propia extinción? .
O feito da inovación ven dado polo abuso das tecnoloxias e do "apalanque" do ser humano, fainos correr a sprin cara a nosa auto destrucción e do noso planeta. Eses antepasados que cazaban unha balea, e se alimentabase dela, un pobo enteiro, e cos osos facian casas e coa graxa combustibles (refirome ao caso concreto dos inuits), e so pescaban para a súa supervivencia, actualmente a industralización de todos os recursos, medios de transporte.... fai que cada vez sexamos máis débiles e cortos de miras.



O ser humano conserva os seus instintos. Moitas persoas pensan que sobre o home xa non actúa ningún tipo de seleción natural ou que xa perdeu todas as características naturales ou salvaxes do pasado.

Os instintos permanecen conosco, son o legado de millons de años de xeracións. As nosas rúas de asfalto, os nosos vehículos de chapa e neumático, os nosos altísimos edificios, os nosos alimentos industriais, a nosa roupa e calzado, o noso traballo de oficina, os nosos electrodomésticos, as noas leis escritas... Que significan todas estas cousas para o instinto natural. Poderíase decir que somo o animal menos animal de todos, pero cando nos enfrentamos cara a cara coa natureza, nesas epopeias de supervivencia, é cando máis nos achegamos ao noso ser máis animal. Cantas veces vemos nas noticas casos de xente que se perde pola montaña ou naufragos que chegas sans e salvoas as súas casas, pois eso que hoxe vemos como excepcional, seria patético para os nosos atepasados que cruzaron montes rios e mares, provistos dun taparabos e pouco máis. Hoxe para nós o home moderno as grandes azañas fanse a bordo de barcos de fibra de caborno, subindo montañas con tecnoloxia gps e con roupa ultralight.

Cousa curiosa que levamos siglos facendo, refirome a subir montañas e cruzar mares, solo polo mero feito de facelo, ese impulso a aventura , a fronteiras extremas, de sentirnos primitivos outra vez, de sentirnos nada fronte a natureza, sentirnos de verdade. Parece ser que os deportes de aventura, eses que moita xente tílda de forma de vida, son unha vía para achegarnos ao lume primitivo que temos dentro. Nunca vos preguntastedes isto, porque escalamos? Por que nos arriscamos en ondas peligrosas? Por que cruzamos bástos océanos en solitario? Antigamente fariasense ditas "aventuras" para contentar a un deus, unha montaña en concreto ou unha onda xigantesca, exemplos son: a montaña Chomolunga que significa "deusa nai da terra" (actualmente Everest) ou a onda Teahupoo que significa "muro de calaveras".

Cando menos parece curioso que o único que nos une aos antigos homes sexan estas facetas. Moita xente afirma que deberiamos como especie achegarnos máis a natureza, unha convivencia e non seguir con este comportamento máis achegado aos parásitos. En 1977 Gene Rosellini, un xoven de Seattle decidiu de marcharse a Canadá máis concretamente a rexión de Cordova, alí nun monte cercano a población do mesmo nome emplazouse para realizar un ambicioso experimento antropolóxico, que consistia en prencindir de toda tecnoloxía moderna e vivir como en eras pasadas, Rosellini renegaba de todo instrumento artificial, so utilizaría instrumentos primitivos que él mesmo facia. A súa meta era chegar progresivamente ao estado natural do home, para elo foi provando diferentes formas de vida dende o Roma antiga pasando pola Idade do Ferro, Idade de Bronce e o final adoptou o modo de vida do Neolítico. Alimentabase de raíces, algas e cazaba con lanzas e trampas, e soportaba os crudos invernos de Alaska vestido con harapos, durante o verán afirma que recorria unha media de 30 kilometreos diarios e facia exercicio de forma compulsiva cando non se adicava a cazar. O experimento de Rosellini durou máis dunha década. Afirmou nunha carta a un amigo que este experimento empezou da forma máis básica para levar acabo a súa teoría hipotética de sobrevivcir cos métodos da Idade do Bronce, adicouse case 30 anos ao estudo antropolóxico, para prepararse para dito experimento e chegou a conclusión e cito as súas palabras textuais " Aprendin que é imposible que os seres humanos actuais sexan capaces de vivir como cazadores ou recolectores". El conseguiu achegarse ao ser humano primitivo, para elo adicou máis da metade da súa vida.

O home solo sabe sobrevivir modificando totalmente o seu entrono. Somos o home máis débil da evolución e non solo físicamente, so miramos para os lados cando nos caemos ou metemos a pata ata a cabeza.


5 comentarios:

  1. Mister Eric! Moi boa a "entradiña", se, se. Así me ghusta! Dando un lugar á difusión das Ciencias Humanas xD

    Pois a pesares de non coñecer ningún dos traballos do señor McAllister e de non ter lido o seu libro "Manthropology", pódoche dar unha pequena visión personal (e non crítica, porque non sei cáles son as tendencias teóricas do autor, aínda que as podo imaxinar). Se ben todo é certo, o ser humano cambiou por completo as suas condicións físicas dende o pasado, según o autor "a peor" (sabemos que toda opinión é subxetiva e sempre existen pros e contras), un historiador non pode crear paralelismos nin analoxías tanto entre entornos coma entre tempos distintos, porque caería na descontextualización dos feitos. Imaxínate o error que se pode chegar a cometer facendo isto, que os arqueólogos poden utilizar o estudio dunha comunidade actual para coñecer certos aspectos de comunidades pasadas (Etnoarqueoloxía) só, e TAN SÓ, despois de ter alta conciencia de que non porque, por exemplo, a talla dun instrumento lítico se faga dunha maneira agora, tivo que ser igual fai milenios.

    No pasado, as condicións físicas estaban condicionadas (valga a redundancia) polo medio no que se vivía e polos métodos que podían ser utilizados para procurar a subsistencia. Sobre todo ésta última, porque é a que move todo o cotarro. No Paleolítico tratábanse de homes e mulleres que a sua única maneira de subsistir era cazando outros animais (ou "carroñeando", aínda hai moitas dúbidas sobre isto) e recolectando outros alimentos, para o que precisaban camiñar extensos territorios na sua procura ou adoitar unha forma física que lles fixera posible cazar animais máis rápidos/fortes ca eles. Por norma xeral tratábanse de grupos nómadas ou, cando menos, semi-nómadas, en continuo momevemento ou "exercicio".

    No Neolítico, cando se fixo posible a domesticación de plantas e animais, a sedentarización comezou a ter cabida, e polo tanto a caza pasou a segundo ou incluso terceiro término. Dubido moito que as xentes do Neolítico tivesen os corpazos das do Paleolítico xDD. (Apunto que de evolución biolóxica do corpo humano non teño nin idea, polo que máis que nada son conxeturas, jejeje).

    Ó que me refiro en definitiva, é que eran xentes "entrenadas" diariamente para facer o que tiñan que facer: tanto os cazadores-recolectores paleolíticos coma os soldados dos exércitos romanos da época Imperial (pois tratábanse de corpos estricta e fortemente entrenados), cada un no seu contexto, por suposto.

    ¿Actualmente? Sí, a deixadez e a sedentarización fixo das súas, e agora non temos un corpo "tan esbelto coma antes", e temos demasiadas facilidades, porque ó mundo lle gustan as comodidades. Pero tamén ten o seu lado bo, coma todo. A mente humana é prodixiosa e impredecible, pero por desgracia moitos non a saben utilizar máis que para o seu propio ben, sen mirar o dano que poden facer (tanto á natureza coma a outras persoas) ou botando a cara hacia outro lado.

    En canto ó instinto animal "orixinal" do humano, prefiro non entrar, máis que nada porque non o saben nin os antropólogos xD Haiche moitas teorías e conxeturas.

    Pero bueh, sonche cousas. Espero que a entrada lle faga funcionar o chintófano ese de aí arriba que lle chaman cerebro a algún que outro xD Un biquiño :$ e vémonos nuns intres!

    ResponderEliminar
  2. Molt ben Mr. Machu, gustoume moita a túa resposta como historiador/arqueologo. VEmonos na próxima que teñas unha boa viaxe!

    ResponderEliminar
  3. un articulo moi interesante...
    despertame unha curiosidade: ¿Un neolitico ou paleolitico, seria capaz de sobrevivir nesta sociedade actual??
    saudos. mou

    ResponderEliminar
  4. Adaptariase mellor ,creo eu, que nós a inversa.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  5. posiblemente ningún de nós poderia desarrollar as facultades físicas dos nosos antergos ... pero eles tampouco terían as nosas psiquicás. Exemplo: un paisano do Paleolitico levantando un animal abatido e levando as costas ; un de nós colleria un carro ou carreta e nin rompe o lombo nin tan sequera se mancha ..... cada un no seu... que gran invento a roda!!

    ResponderEliminar