"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 25 de enero de 2010

Individualismo.


Moitas veces, critíco o individualismo cando este se traslada a problemas colectivos, non me gusta que cando se conta coa xente para facer algo ou que che axunden, ou mesmo nunha reindivicación por exemplo, impere o refran tan de aquí "cada can que lamba o seu carallo".
Pero cando o individualismo se traslada ao deporte ten os seus pros e contras.

Cando te adicas a un deporte individual, o individualismo resalta como é lóxico, pero moitas veces cando estas solo necesitas compartir inquietudes con compañeiros, eses momento que necesitas falar con alguén para compartir a emoción do éxito ou meramente para buscar o apoio do compañeiro. Ese momento cando xa non podes máis cando a tensión física está facendo que flaquees, o berro alentador do compañeiro estimula e logras así alcanzar esa meta.

Por outro lado moitas veces necesitas esa sensación de aillamento mental que solo consigues so, ese momento que necesitas relaxarte ou un grado de concentración. Competir ou adestrar individualmete fai que medres interiormente ou por outra banda , dependedo do caracter de cada un, pode que acentues as túas propias ralladuras e comeduras de coco.

O individualismo como corrente filosófia ou como movemento "político" como o Anarcoindivudualismo, defende a autosuficiencia do individuo, se dono de cada un, pensar por si mesmo sen imposicións dogmaticas de ningunha forma. Exemplos que ratifiquen a defensa desta corrente non son poucos, o máis soado nos medios de comunicación pode ser o referido as mulleres, que moitas veces e non so nese pasado que alguns pensan que xa é tan lonxano que pode ser unha invención, refirome a cando a muller tiña que pedir permiso ao home para todo , case para respirar.

A autonomía do indivudo ou "soberania do indivuduo" ten que ser na xusta media, non como no exemplo anterior, pero si moitas veces necesitase o colectivismo, como para "disfrutar" (entendase como compartir satisfacións) dese momento en concreto.

Fora do deporte , máis enfocado as aptitudes da sociedade, o individualismo faise hermetico, rozando xa o egoísmo, exemplo é eso que sae moitas veces na televisión, cando alguén se cae redondo na rúa incosciente (sexa polo que sexa) e nadie fai nada , pasa polo lado e nin se dignan en pararse e mirar se esa persoa está ben ou que lle pasa, como todos sabemos o resultado desto que conto, ten un resultado tráxico.

Creo que o individualismo como expresión de autonimia do individuo, ou como crecemento indivulual deportivo neste caso, é respetable e incluso bo, pero cando esto se traslada a un grupo de persoas ou a sociedade en xeral, xurden cousas como ese exemplo que mencionin unhas liñas mái arriba.
Saltando denovo ao meramente deportivo teño que resaltar que o traballo máis importante para un deportista reside na cabeza, parafraseando ao ultramaratoniano Dean Karnazes , referindose ao éxito deportivo "Un 70% reside na cabeza do deportista, un 15% no adestramento e o 15% restante reside na dieta".

As conclusións que se poden sacar de todo esto depende de cada un.

No hay comentarios:

Publicar un comentario