"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 14 de diciembre de 2009

Recuperación, experimentación, inovación.

Xa fai algo de tempo que as taboas "retro" están gañando sitio as taboas convencionais.
Esta recuperación non sei moi ben de onde ven, se pola curiosidade de probar taboas novas, ou simplemente algunhas funcionan mellor que as "normales".
Os que usan tablas alternativas, afirman que o surf nelas é máis fluido, rápido e menos radical, depende claro de quen esté enriba dela.
Os que se mostran contrarios a esta tendecia, afirman que son tablas obseletas que non van a ningún sitio, que non dan radicalidade ao seu surf.


vs.





O que está claro que buscando un pouco pola rede atopamos a xente de ambos bandos e xente que lles gustan ambos estilos. Moitos surfeiros de renombre usan tablas alternativas, como poden ser Dave Rastovich e Rob Machado entre outros, está claro que estes non son un bo exemplo para aclarar cal das dúas correntes é mellor, xa que estes dous son uns auténticos portentos.
Eu sigo a liña intermedia entre as dúas correntes ainda que as tablas alternativas atraenme moito.
En videos como One California Day, Glass Love ou Sprout, podemos ver todo este mundillo alternativo, procedente como non de California. Está claro que cando surxe algo novo a todo o mundo lle gusta eso, exemplo foi cando Kelly Slater usou por primeira vez un quad, empezou a gustarlle a todo mundo, que si da máis potencia, que si isto que si aquelo....
Esto é algo parecido, rexurxe o movemento alternativo é parece que a todo o mundo lle gusta, pero será pola novidade ou porque realmente a xente está máis comoda deslizansode con taboas que algúns tildan de raras.
Sexa polo que sexa parece que están aquí para quedarse.
Terán que convivir as dúas correntes, uns coas súas tablas "normales" e outros coas súas tablas "alternativas" , uns coas gorras planas e outros cos gorros de lana.

Aquí deixovos con algúns modelos alternativos do máis apetecible:

Fish


Mini Simmons





Simmons

Alaias



Vector (unha alaia de foam)


Formas un pouco máis extrañas


4 comentarios:

  1. Coño que tablas más curiosas, yo soy más de evolutivas, es que estoy empezando hehe

    sau2

    ResponderEliminar
  2. Pois si tes a oportunidade de probar algunha destas recomendocho, coa fish e a minisimmons vas pillar unha velocidade bestial.

    ResponderEliminar
  3. Bo arranque a tua entrada para a eterna discusión, o caso e que non creo que sea cuestion de elexir en exclusiva unha ou outra corrente, calqueda pode andar con calquer tabla, todas as tablas "alternativas" teñen unha cousa que as distingue, son divertidas, andar cun single ou un fish o calquera dos moitos modelos que se saen do convencional aporta aire novo o teu surf.

    Entendo que quen se meta na auga a competir o faga con unha tabla de competición pero quen busque pasalo ben non creo que teña problemas en probar outros deseños, cada un deles teñen as suas ventaxas e inconvintes, igualiño que o thruster.

    De todas formas quen busque enfrentamento entre as duas tendencias pareceme que e un pouco corto de miras, si non che gusta un tipo de tablas non as uses e listo.

    Por certo acabo de descubrir o teu blog, e gustame, segue así.

    Un saudo.

    ResponderEliminar