"Mi testigo es el cielo vacío"
Mostrando entradas con la etiqueta socorristas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta socorristas. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de julio de 2013

A Lanzada niño de serpes

A Lanzada ese niño de serpes

Pasan os anos e a cousa cada vez vai a peor, conflictos entre surfistas, malos rollos, e un ambiente que parece máis digno dunha rúa estreita do bronx nos oitenta.

Don Dinero

Xa fai uns anos, nunha típica conversa de bar " unha masturbación psicolóxica reparadora mundial", debatíamos como se do senado grego se tratase sobre a inxerencia dos cartos nos deportes, canto se pode transformar un deporte cando se inxectan cartos como se heroína se tratase?
Moito, demasiado,  ata parecer un llonqui malnutrido e desdentado, iso sí cun bañador de 49 €.

Podría encher esto de milleriros de letras inconexas falando da industralización do surf, ou de como a industria mercantil atrapa iconos que son a súa antítese para facelos propios (a típica fotografía do Che plasmada en miles de camisolas de a 30€ a unidade), a fogotización mercantil.

Nun nivel máis local ,nesa  acumulación de sedimentos areosos entre a península de Ogrove e Sanxenxo, máis coñecida como a niño de serpes da lanzada ,hai dende fai uns cuantos anos, en termos relativos ao surf  un nivel de dexeneración que chega a cotas insospeitadas.
 Uns achacan tal circustancia ao individualismo do propio deporte, outros o exceso de tonteria convinada letalmente co salitre, e outros ao exceso de tempo libre dos denominados "mantidos". O que está claro que a cousa está pasando de castaño a escuro, eu humildemente encontro unha explicación máis sixela non quere decir que correcta:
Ata agora calquera podía merca unhas taboas, metelas na súa furgo , imprimir na casa uns folletos e facer un pequeno "negocio", máis que un negocio unha forma de sacar catro perras para fundir en birras, outros viron ahí un negocio de verdade, pasaron de 4 taboas a 20, a imprimir os folletos en copisterias e a encher os sinais de tráfico de pegatínas (a DGT está moi contenta). O que era un negocio ou un gana perras , convirtese case nunha moda, todo o mundo quería ter unha escola de surf. Comezaron a chover as ofertas (tomome unha lixeira licencia dramática) : "clases super baratas con neopreno de regalo" " con cada clase te regalamos un masaje de pies" " con cada 4 clases te regalamos una caja de sardiñas que este año mojan el pan de carajo" , e todo esto claro co boom da moda dos longskate ,das gafas rayban, dos todoterrenos de ciudad de papá, e de todo aquelo que se lle ocurra o publicista aburrido. Comezou a formarse unha bola no cumio da montaña, que sinceramente poucos pensaban que se matería para sempre alí estática , os restantes pouco fixeron para protexerse.

Dentro da atmosfera saturada e inflamáble apareceu un persoaxe que cambiaría todo da noite para a mañan: O CHIRINGUITERO.
 Este home e tendo a súa parte de razón e cunhas pingas de envexa no caragillo, preguntóuse, máis ben reflexiou debaixo do extrator de fumes da súa cociña:
"Estes carallos están sacando """un direnal"""" mentras eu teño que pagar empregados, seguridade social , autónomos e tantas sangrías fiscais que me fai siño mariano? E mentras estes """non pagan nada"""", nin autónomos nin seguridade social e ainda por riba están cambiandose e berrando na miña terraza!! Non se fale máis, hoxe mismo chamo o Concello a Garda Civil a Aquaman e a Cristo bendito".

O show comenza e non  vai parar.

Concello 1 : Non quero surfistas que os turístas (que son os que deixan cartos) quéixanse, asique manolo dille os rapaces que están na praia que poñan uns carteis que a zona de surf e do concello 2.
Comcello 2: Surfistas sí pero hai que poñerlle límites , pero claro so temos 200 metros de praia...mmmm 50 metros para surfistas e 150 para bañistas, manolo dille os rapaces da praia que poñan unhas bandeiras.
Resultado : Unha masificación en 50 metros que resulta un desastre, unha chea de escolas, varios chiringuitos con ganas de despachar aos surfistas, un puñado de turístas presentando queixas nos concellos 1 e 2, comezan as sudocacións consistoriais, comezan as lóxicas administrativas:  "Eso é un negocio como outro calquera, asique como tan hai que lexislalo , e como está moi de moda esos dos decretos lei ,ordenanzas e pantomimas, vamos dar concesións".
 A lóxica administrativa e  empresarial impúxose , os das catro perras fora de xogo e comenza o momento  da competencia despiadada e de aferrarse ao gran chollo de ter unha concesión.

O Chiringuitero xa contento ,con que paguen impostos como el, xa non funca tanto.
Os Concellos dan por finalizada a polémica.
Os surfistas que nunca estuberon unidos para nada , tampouco o está agora, o show continúa, esperase un verán movidiño. Escolas con concesión , escolas sin concesión , surfistas que queren ir a surfear.

Como pode ser que nunha praia tan grande se xeneren tantos problemas, cal é a razón, o deporte , o indivualismo de cada surfista que quere ter a súa monodosis de salitre, das persoas? 
Creo que é das persoas, que esperas de xente que berra por unha ola como se a súa vida dependera delo, que esperas dunhas persosas que non teñen máis puntos de miras que a súa tabla, a súa ola a súa praia o seu ego. Como se chega a estas situacións? Creo que nin na Conquista do Pan Kropotkin da coa resposta. 
Ese espíritu do surf, que tanto circulaba no imaxinario popular, de surfísta melenudo, furgoneta, aventura e respeto, non existe. Foi fagotizado, agora o surfista vai nun moderno 4x4 coas lunas tintadas, leba unha gorra de rapeiro , uns cascos hipertrofiados e mira con desprecio a todo individuo ente ou mineral que esté por deibaixo do seu hombro. Non nos enganemos nin fagamos sangre, nin nos extrañemos de situacións como a da lanzada, o surf non é o mismo que fai 20 anos , nin fai 5. Todo evoluciona, néste caso e para o meu gusto para peor. O surf hoxe máis que nunca é unha loita de egos e carteiras cheas.

E para rematar, vou pegar un exemplo que podedes ver completo na blog de Niegà:


Este video é o claro exemplo do surf de hoxe en día, mellor descrito non pode estar. Quero que pensar ( e sei que existe) que queda algún reducto no que ainda se pode surfear con tranquilidade e bo rollísmo.

lunes, 11 de junio de 2012

Bandeira Amarela


A profesión do socorrismo en Galiza non é que digamos das máis respetadas, pasa con case todas as profesións temporais que dependan dun organismo do estado, neste caso dos concellos.
 A prensa, a televisión é o cine, fixo que se mermara moitísimo a imaxe do socorrista que ten o "gran público" , nese "gran público" tamén entran os concelleiros, os alcaldes, os coselleiros, os diputados... así até o infinito, moitos deles encargados de seleccionar a eses profesionais.

Esa gran a-cultura da televisón e o socorrismo, fai que esta profesión sone sempre en diferentes corrillos como un chiste, entre colegas: "Mira para ahí todo o día ao sol, cobrando de puta madre e sen facer nada" , entre bañístas"o ghicho que toma o sol e sempre chega tarde cando pasa algo", entre surfistas: "Hai están eses cabróns que sempre lles axudamos e ainda nos poñen miles de pegas para surfear".

Nas Rías Baixas, case un 80% dos concellos realizan probas de selección tanto físicas como teorícas (Marín, Poio, Sanxenxo, A Illa), unhas máis esixentes ca outras . Cando menos parece lóxico e incluso sensato, hai que ter en conta que é un servicio de emerxencias, nin máis nin menos, que so esté en funcionamento (no mellor dos casos) 3 meses non esime que sexa xente formada e preparada (esto parece que non o teñen moi claro algunhas persoas).

Eu son socorrista, tamén son surfista, e gustaríame aclarar certas cousas que me preguntan cada pouco.
Poñámonos na situación do verán pasado, no cal preguntaronme sempre o mesmo.
 A praia da Lanzada é do Concello de O Grove, toda a súa extensión agás 200 metros que pertencen ao Concello de Sanxenxo.

A pregunta máis frecuente é a seguinte "Porqué un posto de socorro ten sempre posta a bandeira amarela e o outro varia entre a verde e a amarela?"

  • Qué significa a bandeira amarela pendurada do mastro dun posto de socorrismo?
Aos nenos pequenos (e non tan pequenos) díselle que é como un semáforo, para que se fagan unha idea moi rápida do seu significado que é  precaución, xa que pode haber un risco potencial no mar que impida facer unha actividade acuática con seguridade.
  • Quén é o encargado de por unha bandeira ou outra?
Este é un tema complicado, nalgúns sitios vai en función do criterio do socorrista que teña máis veteranía e ocupe un cargo de responsabilidade (así o reflexan varios manuais), e tamén por suposto que sexa bo coñecedor desa praia en concreto, noutros lados as cores das bandeiras son sempre os mesmos, esté o mar en condicións de baño moi seguras como todo o contrario, as razóns poden ser un tanto divagatorias, moitas delas sen fundamento algún, eu que non me quedo moito tempo calado cando teño unha dúbida, teño preguntado pola cor da bandeira cnado as condicións aparentes do mar son aptas para bañarse con seguridade, esa resposta e contestada polos supostos encargados de por esa bandeira con ambiguedade , cada cal contesta o primeiro que se lle ven a cabeza, moitas veces sen sentido, nada ten que ver baixo o meu punto de vista e experiencia, a presenza de animais non perigosos para a vida (fanecas) na praia para por esa "restrición/aviso" aos bañístas.
E a pregunta máis polémica de todas: "Porque na parte do Concello de O Grove tendo algo máis de 2 kilómetros  non podo facer surf e na parte do Concello de Sanxenxo que ten 200 metros podo facer surf?"

Pois vamos a ver, como na cuestión da bandeira, entran as valoracións persoais de cada un. En primeiro lugar, unha táboa de surf é un elemento potencialmente perigoso para un bañísta, eso é evidente para calquera, outra cousa é que teña que ser prohibido, en todo caso ten que ser regulado. Aos que fan esa pregunta indicaselle (e dependendo do día, e da masificación de surfistas) que na orilla hai uns paneis cravados na area informando onde está a zona para surfistas, ou nalguns casos (en praias próximas a referida) hai unhas bandeias vermellas postas de igual forma na area. O motivo de que nun lado ou no outro se fagan unhas cousas ou outras é simplemente unha cuestión de criterio.

 Vexase esta entrada : Historia de todos os veráns

Como se desacreditan os profesionais:

  • Ter xente traballando que pode ser profesional doutras materias pero de socorrismo non.
  • Que as aptitudes ante o traballo dos supostos profesionais disten moito das súas labores.
  • A condición física e teórica requerida para traballar en ese posto sexa insuficiente ou inexistente. 

Como desacreditan aos profesionias:

  • Ver un rescate feito polos socorristas , e levar o mérito do mesmo un bañísta que pasea pola praia. (http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/08/25/socorrista-accidental/574336.html)
  • A percepción do espacio tempo dos surfistas "tube yo que ayudarle al crio y el socorrista aún no había llegado al agua" (frase textual) (Pregunta: Canto tarda un surfita en recorrer 5 metros nadando coa súa taboa ata un crio en perigo e canto tarda un socorrista correndo toda a praia e nadar 200 metros para chegar o crio?)
  • Sacando fotos ao posto dos socorristas cando hai unha emerxencia, polo tanto no posto non hai ningún socorrista alí ,  adxuntarlle un texto que poña "los socorristas tomando una sienta".
  • Comparar servicios de distintos lados, eso perxudica tanto aos que salen ben parados como aos que saen escaldados, a crítica non debe ser ao profesional da praia, a crítica ten que ser ao que pon a ese persoal na praia.


Un exemplo de socorrismo profesional: