"Mi testigo es el cielo vacío"

martes, 26 de abril de 2011

Ultramaratón

Ultramaratón: "Evento deportivo que se executa en recorridos máis largo que a lonxitude dunha maratón tradicional (42,195 kilómetros)"

Dentro deste mundo das Ultramaratóns, en españa temos grandes referentes, Kilian Jornet, Miguel Heras... pero os que máis me chaman a atención son os "Os Xóvenes Pistoleiros" término acuñado por Christopher Mcdougall usado para referirse as novas caras que despuntaron da noite para a mañan dentro do mundo da ultra maratón.




(Jenn Shelton)



Son en certa medida xente moi peculiar, e cunha resistencia altamente sobrada, o caso que máis me chamou a atención lendo o libro Nacidos para Correr de Christopher Mcdougall, foi o de Jenn Shelton e Billy Barnett , dous socorrístas de Virginia Beach que nunca habían participado en ningúnha carreira e menos un ultra, a primeira vez que se lles ocurreu correr, foi ao ver un anuncio da Mountain Masochist, 50 millas a través de montañas.
Sendo de Virginia Beach as montañas quedabanlles bastante lexos, asique recurrinon, sobre todo no caso de Jenn, a onde sempre recurría cando tiña dudas, a xeración beatnik, en especial a Jack Kerouac, sumerxironse no libro "Os Vagabundos do Dharma" ,"todo o noso enfoque das carreiras de montaña ven dos Vagabundos do Dharma" diría Bill, "Pensei que se un podía correr 100 millas, alcanzaría o estado zen. Que sería o puto Buddha, traendo paz y sonrisas ao mundo. Non funcionou para mín, sigo sendo a mesma gamberra" engadiría Jenn posteriormente. "Jenn podía correr un maraton en menos de tres horas vestindo un bikini de fio dental e tomándose unha cervexa na milla 23", "Coñezo a unha rapaza que está adestrando para as probas de clasificación das olimpíadas, e ten o adestramento planificado para os 3 próximos anos! eu non podería facelo, supoñíase que iba adestar con ela un día , pero chaminlle as 2 da mañá para decirlle que estaba submerxida en margaritas e que non contase conmigo" "Jen non tiña nin reloxo própio, erguiase cada mañan comia unha hambuerguesa vexeteriana e corría tan lexos e tan rápido como pudese". Jenn rematou a súa primeira carreira de montaña, un ultra de 50 millas en 17:34 horas , batindo o récord da proba ,a primeira vez que corría por montaña e un ultra!!!


(Anton Krupicka)


Outro persoaxe do denominados "Xóvenes Pistoleiros" é Anton Krupicka "Naked Guy", este corredor de ultramaraton e coñecido pola súa visón simplísta do correr, diseñou unhas zapatillas minimalístas seguindo a tendencia barefoot, as New Balance Minimus e as New Balance MT101, a súa estética e pensamento é moi característico, corre sempre sen camiseta e sen calcetins, durante as carreiras máis longas solo porta nun apaño que ten no pantalon 4 xeles enerxéticos e medio litro de auga na man. Gañou a emblemática carreira de Leadville 100 (que en varias ocasións non pudo nin rematar o autodenominado urtramarathonman Dean Karnazes) adestrou nas inmediacións da proba e durmeu durante ese ano de adestramento nun armario dun amigo.



(Scott Jurek)

E por último o idolatrado e CAMPEÓN Scott Jurek, "o héroe dos últimos do pelotón, aqueles que eran demasiados lentos apr avelo en acción, pero era un heróe por motivos diferentes, despois de gañar unha carreira de 100 millas Scott mataría por unha ducha quente e unha boa cama, pero no cnato diso, Scott envolvíase nun saco de dormir e permanecía en vixilia na líña de meta. Cando o sol saía, ahí seguía, animando coa voz xa rasgada ata o último corredor , facendolle saber que non estaba solo."


Scott Jurek resumeu o credo dos Xovénes Pistoleiros cunha cita de William James : "Máis alá do extremo da fatiga e do sufrimento, atopamos cantidades de alivio e poder que nunca habíamos aoñado con ter; fontes de fortaleza nunca antes postas en proba porque nunca habíamos empuxado a porta da oclusión".

CANDO CHEGUES A CIMA, SIGUE SUBINDO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario