"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 11 de abril de 2011

3106 Vig Bay




3106:

10:15: Comunican por megafonía que todos os participantes se poñan detrás da liña de saída. Chego o meu caixón de saída a letra I, é decir o último caixón, posto ahí por non haber competido nunca antes nesta carreira. Ahí no medio de 4100 perosas, os comentarios son do máis variopinto, os que xa proclaman miles de excusas ante a súa visión de non poder acabar a proba, os que cheiran a 35 kilometros a Reflex, os que están ultra nerviosos e sorín a todos e a todo, 4100 opinións, 4100 versións.



10:30

Dan o pistoletazo de saída, case inaudible para min tendo diánte a 4000 competidores, sei que é a saída polos berros que preceden ao pistoletazo. Comenza a carreira. Facemos un recorrido duns 3 kilometros pola estrada lindante a Samil, alí rodeados de xente , máis de algún xa comenza a emocionarse e daese conta do que ten por diante. Será a última vez que vexa os meus acompañantes que me sacan fotos dende a acera, apartir de aquí vou solo, solo no medio de 4099 persoas máis.
Case todos os kilometros son iguais, uns van fatigados ou xa non poden seguir máis, eu polo contrario sintome perfectamente sobre todo as dúas costas arriba que afrontamos, ahí é cando comenzo a subir o ritmo un pouco, non son nigún máquina correndo pero era a única oportunidade de poder correr máis comodo sen estar encaixonado entre unha fila de corpos, ahí disparaseme o corazón a unhas sabe deus cantas pulsacións, pero paso xenial subindo esas costas, cun pouco de brisa procedente do maravilloso atlántico, unhas vistas xeniais das illas cíes.
Uns kilometros máis , a fatiga iase facendo notar na xente, algúns teñen arcadas,outros xa superaron as arcadas vomitando directamente, outros camiñan pola cuenta coa cabeza baixa polo cansancio.

Chegamos a un dos avituallamentos de auga, doulle un par de tragos, o resto vai por riba da cabeza e da espalda, e a botella sumase as outras que xa voan por riba nosa e aterrizan no veiral da estrada, o seguinte avituallamento é de esponxas molladas, as que forman, despois do seu uso, unha fermosa estamapa multicor na estrada, que semella máis un mosáico que un río de asfalto negro.




Chegando as zonas onde se congregan máis persoas que animan aos participantes surxen frases para o recordo:

- "mira, mira los atletas míralos" (Un pai cun bebé nos brazos)
- "venga mozos que non vos queda nada" (Unha vella mirando pola fiestra)
- Ánimo con dos cojones ( a máis escoitada)
- Venga mover esos culitos (grupo de miniñas de 5 anos entrando en baiona)

Tendo en conta que eramos 4100 peroas era previsible que máis de un persoaxe destacaría no medio, o meu favoríto é un rapaz duns vinte e tantos (inglés creo) cunha bandeira de non sei onde ou non sei de que, cunha bubucela na man, era atronante o ruído que facía con ela, tendo en conta que estaba correndo unha media maratón, corría e tocaba a bubucela ao mismo tempo, todo un artísta merecedor do premio o mellor hincha-corredor, non sei se antes ou despois de encontrame ao homebubucela, atopeime con dúas perosas do meu pobo, poñome ao seu lado e digolles :"mira perdoa , para Oporto vaise por aquí ben?" -Para Oporto jajaja Oporto, continúo ao meu ritmo, e distanciome deles.
Baixavamos hacia praia América, nesa baixada atopome cunha muller e entre as súas mans unha ducha de xardín no medio da estrada por onde pasavamos, unha boa e gratificante ducha expres a todos os corredores que xa viñamos secos do último avituallamento de esponxas molladas, todo un puntazo.
O calor non foi moi acusado, a mellor temperatura foi a do comenzo, cando o día estaba ainda anubrado, pero unha vez pasado Nigrán o sol despuntou e empezou a facer xa un calor importante, cousa que facía menguar o rendemento de calquera, menos dos primeiros.

Non sei se polo cansancio ou o que, pero hubo un momento que pensaba que estaba sufríndo alucinacións,exactamente no momento de chegar a Baiona -meta final- na rotonda que indicaba "Porto", ali tomando a rotonda, ao meu carón, non daba credito, unhas crias 3 segundos antes dixerán a frase de arriba "mover esos culitos", eu iba correndo e ríndome completamente, cando tuben esta aparición : un home duns "vinte tantos-trinta e poucos", montado nun monocíclo xigante pasame polo lado, eu cunha cara de sorpesa increíble intento analizar o que me chega as retinas, pero non saco nada en claro, pensado que estaba alucinado miro aos espectadores que están na acera e vexo o que case é o reflexo da miña cara, solo se me pasou unha cousa pola cabeza "I N C R E I B L E ", e continuei como se nada hube pasado polo meu lado.
Pasando esta alucinación, xa dislumbro a meta, a uns 500 metros, empezo a subir o ritmo, apiques de gastar o último cartucho, vexo que ao meu carón e xa moi preto da meta, un rapaz intenta esprintar, pero quedase neso nun intento, veume a cabeza como un raio, o que me dixerón uns días atrás , "nas carreiras de montaña hai máis compañeirismo que é outro rollo, nas carreiras de asfalto non hai esa man amiga que che axuda", non sei se foi por ese pensamento, pero puxen a miña man nas costas dese rapaz, empuxino e gritinlle " Vamos joder!!! Vamos!!!"

Mirou para min cunha cara de asombro, comenzamos a esprintar a meta, e entramos cunha velocidade como se as nosas pernas non tubesen acumulados xa 21 kilometos, cruzamos a liña de meta os nosos chips que levamos postos no calzado, pitan, confirmando a nosa chegada, un apreton de mans , e rematou a carreira, rápida e divertida.

Alí no final esperaba detrás dun balado os meus acompañantes, Que tal?? ben( case inaudible), Vale non fales vai por ahí adiante que tedes de comer, de beber , e masaxe. Ok.

3106

No hay comentarios:

Publicar un comentario