"Mi testigo es el cielo vacío"

miércoles, 20 de abril de 2011

Principios de Simetría


Non sei, pode que sexa so a miña imaxinación, pode que sexa unha mensaxe subliminal, e de selo así ,que é?

Principios de simetría.:
Podería ser o título dun gran manifesto artístico, podería ser un canon a seguir pero foi un soño, un soño delirante e repetitivo, un búcle sen fin.
Iba camiñando por unha rúa difuminada, cando os meus ollos caíron nun escaparate, alí o estaba, un caderno moi vello cunhas letras en branco, ou gris, que poñía Principios de Simetría, 3 segúndos despois e como pasa frecuentemente, sona a alarma do meu reloxo 9:00.
Cando xusto me vou deitar, miro o reloxo, e pon 00:9, ahí comenzou o principio de simetría ¿?.
Todo se viña abaixo, cando saturno subía polo ceo, aterrizaba, unha e outra vez ,collo un pantalón curto que tiña tirado no chan, sacudo unha camiseta, poñoa, poño as miñas zapatillas de correr, poño os cascos, play?.... 15 minutos despois un pensamento, Que será eso de Principios de Simetría? Miro o pulsometro, 160ppm 83%, 00:15:54. As xustificacións as preguntas eran infinítas, a negatividade flotaba no aire, non había respostas e miles de preguntas , Onde vería eu eso?? A súa primeira páxina estará en branco?, ou pola contra porá unha breve dedicación "para ti que non sabes o que porá na páxina 3".
"A simetría é un rasgo característico das formas xeométricas, e outros obxetos materiais ou entidades abstractas"
Nin hoxe nin nunca hai principio, é menos simétrico, o tempo é unha liña recta ou polo contrario é unha perfecta circunferencia? Todo era esa presión no peito, unha serie de taquicardias, cal sería a que parase a máquina e lle fixera un reseteo ?, calma.
Xira e xira e xira, chega ao borde da cama, a sensación de voar increméntase tanto que o estómago xa está na gorxa, e xusto no momneto que vas a tocar o chan....Sona o despertador, pero non eres capaz de apagalo, cada vez que te achegas a el ,movese un pouco máis , cada vez máis lexos, tomas eso como un punto de inicio, a gran estampida está comenzando, os glóbulos vermelos empezan a moverse outra vez rápidos e eficaces un torrente imparable como un río, unha cascada que vai dende o ventrículo esquedo ata o meñique do pé, intentas controlalo, como intentando poñer unha presa, un dique de contención a ese rio enfurecido, intentado que se calme e que as augas queden como un espello; non hai forma, pero tranquilizaste, non hai problemas, non hai nada, tes que elexir deixalo ir, a aungustía xa é calma, relax.

Estas desperto, solo foi un soño.

1 comentario:

  1. mola! jajaja a min pasoume un dia de sol sentado nun banco mirando a un arbol e de fondo o mar e montañas, e digo eu, que cojones! a forma non existe! (é como o conto da laranxa dos vagabundos do dharma, a existencia da laranxa e da sua forma,etc depende da tua mente)nese momento via todo como unha non forma(caotica e harmoniosa), escribin algo sobre eso e despois informinme e non estaba tan alonxado da miña intuición
    Martín

    ResponderEliminar