"Mi testigo es el cielo vacío"

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Correr (primitivismo) e olvidados

Primitivismo, simpleza e natural





Xa toquei o tema moitas veces aquí -xa o sei, fagome repetitivo- pero despois de diversas lecturas especializadas -refirome a revistas, libros e web adicadas ao "running"- saquei unha conclusión bastante lóxica, é a seguinte:

Se a arte- musica,pintura..- é inata no ser humano -vexanse as covas de altamira e un longuísimo etc- o deporte e en especial correr é de por si inato no ser humano.

Baixo o meu punto de vista o deporte máis natual, máis primitivo é simple é correr, unha virtude tan común como levantar unha man para rascarse o cogote.
Que deporte hai máis simple que correr? Pouco fai falla para acometer este deporte ou a mesma acción, simplemente ter unha razón ou carecer dela , físicamente calquer ser human (en condición normais) é capaz de correr. Non fai moito pouca xente se vía pola rúa correndo (que non fosen membros de clubes deportivos), duns anos para aquí, coas melloras médicas, estudos e a difusión deste deporte cada vez hai máis adeptos a poñerse as súas zapatillas e botarse ao camiño.
Dentro deste mundillo que podemos ver todo, os que corren un par de meses antes do verán cun bo chuvasqueiro baixo o impacable sol para intentar afinar os seu corpo para lucilo nas praias e piscinas, temos tamén os que corren cando as súas mulleres van a pasear, corren cos seus amigos ou solos e un é un longuísimo etc.
Despois hai uns poucos , que se adican por afección a machacarse kilómetros e kilómetros para batir marcas ou para romper límites físicos e mentais , sexa nunha carreira de 10kilómetos, sexa unha maratón ou un ultrafondo.

Non fai moito e gracias ao periódico deportivo de masas MARCA , alguns coñeceron a un destes poucos que fan grandes proezas correndo, Kilian Jornet, cito textualmente as palabras de Roberto Palomar , autor do texto publicado no marca : " Kilian Jornet, nacido en Lleida hace 23 años, es a las carreras de montaña lo que Maradona al fútbol o Michael Jordan al baloncesto. Su última proeza, después de ser campeón del mundo de carreras de montaña, de esquí de travesía, de ganar todo lo ganable y de batir todos los récords batibles, ha sido subir y bajar del Kilimanjaro (5.891 metros) en 7 horas y 15 minutos."
Fora do mundillo das carreiras de montaña, ou dos afeccionados aos deportes "outdoor" este grandioso personaxe é totalmente descoñecido para a opinión pública, sendo o mellor na súa disciplina, "La gesta no aparecerá en los libros de historia del deporte porque está lejos de cualquier homologación u organismo oficial" palabras do marca.




Ata certo punto gústame que estes deportes non teñan unha repercusión mediática moi grande, xa que así manteñen a súa pureza, son deportistas que aman o deporte de verdade e que non fan deporte como quen vai a oficina, moitos deportes xa se convertiron nun circo de €uros e intereses, esperemos que con este non pase.

A lísta de deportístas descoñecidos que fan aunténticas proezas e son descoñecidos para o público xeral, é basta. Dende quen realiza estas proezas e queda no anonimato ou é o ídolo de un grupete de amigos, non ten patrocinadores nin apoio económico ningún, ata os que case viven desas proezas.

So tedes que buscar pola rede , ou en determinadas marcas técnicas destes deportes, e ver o seu equipo de deportistas , verás que se non estas nese mundillo non che sona ningún, despois recomendoche que copies o nombre do deportista en cuestión, e que fagas unha busqueda, seguro que te vas a sorpender.

Non fai moito , saltando de link en link e de blog en blog, atopeime con dous deportistas fora de serie.
O primeiro Sergio Fernández , un aunténtico máquina, o seu palamarés é unha pasada,un exemplo: correu o Jungle Marathon , unha carreira que discorre pola selva do amazonas, imaxinadevos as concicións desta carreira, humidade , animais perigosos, plantas perigoas.... Un verdaeiro reto, entre moitos que xa ten as súas espaldas. Un exemplo do que fai este home:




Outro deportista que ten moitas aventuras e retos as súas espladas, ou mellor dito inxectados na súa pel é Josef Ajram. Este é outro prodixio pouco "coñecido". O seu plamarés teno curiosamente tatuado na súa pel, entre eses tatuaxes destaco o Ironman, Ultraman e o Marathon des Sables.
Moitos coñecedes o que é o Ironman , xa que é unha proba moi famosa, ten unha das súas edicións na illa de Lanzarote, pero menos coñecido é o Ultraman. Aquí nestes videos podedes velo en acción e coñecer un pouco a Josef Ajram:







Kilian Jornet



Sergio Fernández



Josef Ajram

No hay comentarios:

Publicar un comentario