
Estando en Paradas do Sil, lendo un cartel de inicio dun PRG , abaixo de todo poñía "baixo as indicacións M.I.D.E."
Estuben buscando información e tirando de memoria para acordarme da páxina web que indicaba aquel cartel, e atopein toda a información.
Aquí vos deixo un breve resumo.
M.I.D.E: Método para Información de Excursions

É un sistema que mide, o recorrido do sendeiro así como as súas dificultades técnicas e físicas, sirvenos para valorar e escoller o mellor sendeiro , ou o máis axustado as nosas límitacións técnicas ou físicas. Este sistema foi concevido para previr accidentes nas excursións e saídas a natureza.Permitenos ter unha información bastante fiable do recorrido que queremos facer.
M.I.D.E neste aspecto tamén se pode desmenuzar da seguinte forma:
M: Medio; Severidade do terreo, sinalización de riscos.
I: Itinerário; Señalización e orientación do sendeiro.
D:Desplazamento; Estado do terreo.
E: Esforzo: Cantidade de esforzo medido en horas
Pareceme unha idea xenial, tanto para senderias , como para corredores. Con esta información podemos aventurarnos por sendeiros , e saber onde nos metemos. Esperemos que siga avante esta iniciativa e vexamos máis carteliños co logo MIDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario