"Mi testigo es el cielo vacío"

martes, 30 de noviembre de 2010

A casa das Atochas






A Casa das Atochas é un centro social ocupado.
Fora do que podemos, pudemos, pensar no primeiro golpe mental cando alguén menciona ao movimento ocupa, é a típica casa chea de lixo, pintadas, cheiro a urea e xentes de "mal vivir" (ionkis e demais fauna).

A casa das atochas non é eso, é un centro social, un proxecto con fins socias e culturais, apostando pola dignidade humana ante todo.
Non están ocupando a casa de ninguén nin botaron aos antigos inquilinos fora, este centro está emplazado nunha edificación, que estaba en estado ruinoso, como coloquialmente decimos, feita polvo.

Non fai moito na televisión saiu a noticia de que o centro social ocupado "tabacalera" era visitado pola ministra de cultura en funcións , xa que estabase tramitando a sua "legalización".
Noticia 1
Noticia 2

Fose como fose as similitudes destes dous centros son case exactas, no caso das Casas das Atochas aparte de : concertos, exposicións , obras de teatro, proxeción de cine, talleres diversos, tamén son unha gran axuda para a xente que non chega a fin de mes ou simplemete (desgraciadamente) non teñen cartos para comer, cada mércores -se non me erro-, fan un comedor social gratuíto e público por suposto, este comedor chamase "comida sí, non bombas", un de tantos proxectos dignos de recoñecemento.

Fora desto todo, o desaloxo xa está próximo:
(copio directamente)

"A xuíza que instrúe o caso da Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.
Este centro social okupado no céntrico barrio das Atochas convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e da xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todxs aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto. Todxs seremos necesarixs."

Os motivos serán os claros e contundentes, que esta edificación está ocupada ilegalmete etc.
A miña crítica a este desaloxo é a seguinte.

Fora de que esta ocupación é ilegal, fora dos antecedentes que ten este país noso que sobran casas, que moitos construíron polo afán de coleccionar papeliños de cores, este centro funciona e funciona extremadamente ben, este centro é a vergona dos políticos que tanto prometen e nunca ou case nunca fan nada pola xente que lles paga eses magnificos coches onde pousan as súas magnificas "posaderas".

Sí, é vergonzodo que un puñado de xente, de asociacions, monten un centro social, con catro botes de pintura e toneladas de ilusión, É FUNCIONE!, cando o estado non move un dedo... Ao estado parece que os movimento sociais pacificos e respetuosos sen afán de lucro non lle gustan, son incómodos, son incomodos xa que poñen ao aire as súas propias carencias, lamentable, sí, pero certo é que ainda que tí queiras erguer un proxecto digno e de xeito pacifico, se non entras polo aro do estado ou tes o apoio de alguén "influinte" estas morto.




Esperemos que este desaloxo non se produza, e máis que legalicen este centro e que as intitucións que deberían facer estas actividades que fan dende A Casa das Atochas , baixasen a orella e recoñecesen esta labor.


1 comentario: