"Mi testigo es el cielo vacío"

miércoles, 19 de enero de 2011

O can que queira ser gato

Todos os días, despois de comer , miraba sentado pola porta acristalada, a porta que da a horta, e vía aquel gato sentado no camiño de pedras, tranquilo, tan quieto que parecía que meditaba.
Todos os días o veía, a mesma hora.
Cando podía saír a horta, corría como se chixese despegar do chan, corría para alcanzalo, corría e corría ainda que sabía que non estaba, buscaba por todos os recunchos, cheiraba cada herba e cada pedra, sabía que alí estibera, ainda cheiraba todo a el, ao buda felino.
Cada día o veía, non sabía que facía alí quieto durante unha hora , unha hora seguida, eu non lle sacaba ollo, seguía o movemento do seu corpo ao respirar, as miñas preguntas eran mil, e solo queria ir a xunto del para conseguir as respostas. Pero canda vez que saía e el estaba alí, espertaba do seu trance, e en dous sinxelos e case estáticos movementos desaparecía.
A miña frustración era moi grande pero eso animabame a seguír correndo para paralo e interrogalo.
"Dabame igual, 5 minutos que 3 horas a intensidade era grandiosa, esa sensación.
Cada noite cando me deitaba tiña sempre antes de quedar dormido, unha tormenta de ideas, de conceptos, un repaso exacto de todas as accions do día, o que dixen o que non dixen o que tuben que decir. De noite nese xusto momento asentabanse todas as frases e sensacións do día, unhas veces eran moi boas e outras non tanto. Últimamente xa non eran bos pensamentos nin momentos, xa eran case como se alguen berrase dentro de min: Non podes, non eres capaz, rindete, o gato non te quere, non quere saber de ti!. Eso atormentabame coma nunca, intentaba non pensar en nada, poñer a mente en branco total, enton a miña mente hiperactiva, comezaba a pensar sobre o branco : "Por que en branco? Por que se pensa en branco? Por que esa cor? Daría medo que a mente se quedase parada noutra cor? PARA decia eu, non é blanco é vacío! Ahh vacío, pero enton o vacío... e así continuamente. Chegaba o momento que tanto pensar tanto, raiar a miña mente, o sistema colapsavase e quedaba durmido."
Ao día seguinte despertaba ao meu amigo que durmia enriba miña na súa cama, lambialle a cara e baixavamos, e alí o estaba, na súa quietude, espectante, inalcanzable.
Comprendín unha cousa, estaba quieto porque realmente non estaba alí, el estaba pensado tanto que mentalmente estaba entre as pedras do lado do camiño, pensando en comer os ratos que estaban alí refuxiados. Tuben xa a resposta. Todos estamos onde estamos por algo, sexa un rato ou sexa un gato.

1 comentario:

  1. todos somos ghatos e carpos de cando en vez!
    :) unquerer.

    ResponderEliminar