
A bicicleta, o medio de transporte máis sinxelo e ecolóxico que existe.
Os nosos pobos e cidades están pensados para os vehículos de motor, e o espacio para os ciclístas birlla pola súa ausencia. En cidades cun tráfico saturado (como case todas) é unha insensatez intentar meterse coa bicicleta polas grandes arterías, se non queres que as túas arterias vertan o seu contido no frío asfalto.

Pero mesmo dentro dun pobo como no que eu vivo, as veces, sobre todo no verán, cando vas a praia e tes que pedalear pola estrada de acceso, e cruzas señalizando correctamente por unha das súas rotonas, é extraño cando un coche non che pita ou se comporta comos e foses un ser transparente, e non digamos os maravillosos camións que ainda que respetan a distancia para adiantarte, so co vento que xeran, zarandeante como se foses de papel, collendoseche o estomago e por inercia efocas un lugar "blandiño" do asfalto onde aterrar.
Outros paises, ou país (si ese que estades a pensar) Holanda, a bici é o medio de transporte máis utilizado, o transporte máis roubado é o transporte máis enraizado.
É unha cuestión de aptitudes, todos pecamos no mesmo, cando o tempo está un pouco escuro (aquí día si día tamén) non apetece nada coller a bici e saír a facer a compra ou a facer ese recado que che leba cinco minutiños, collemos o coche indicrimindamente, como se dentro dos nosos coches a choiva fose máis forte, conducimos como se estubesemos ardendo, ou deixasemos o leite o lume na casa.
Pero ainda así en cidades grandes como Barcelona, Madrid... a cousa está cambiando, e por conseguinte o resto caerá polo seu propio peso, sempre ocorre cando algo se pon de moda.
Esta moda debe ser a única que me parece ben e seguirei.
Eu acostumo a moverme en bici, ahora un pouco menos, pero ainda así son dos que agradece coller a bici para eses recados dos que falaba antes ou cando teño que ir adestrar.
Fixen unha búsqueda profunda, atopar unha bici vella e restaurala, exactamente non sabía moi ben o que iba a facer, se coller unha bici de paseo, das nombras arriba, ou unha de montaña, o final collin o que me veu polo camiño, unha bici feita unha basura, unha bici de cliclísmo, para que todos me entendades, costoume bastante lixala e pintala, o final quedou bastante ben, ainda non se pode pedalear nela pero pouco lle falta. A transformación que fixen foi baseandome nas preciosas bicis que usan os mensaxeiros, e o final vou facer unha calcada a unha bici desas, unha bici fixie ou de piñon fijo (máis info en futuras entradas)
Bici-mensaxería
A moitos nin vos sonará, pero imaxinadevos o mesmos servicios que da MRW e Seur, pero en bici. En moitas películas, reportaxes e documentales, aparecen estes personaxes, coa sua enrome mochila e a súa bicicleta.
Fora das películas ambientadas en New York, aquí tamén exiten estes servicios.
A empresa de referencia é Pedal, con sede en Donosti, e subcursais en Barcelona e Bruxelas
Unha forma de gañarse a vida peligrosa e cando menos curiosa.


E outra forma curiosa de ciclismo é a da policia en bicicleta, aquí en Galicia que eu sepa so hai en Coruña.

No hay comentarios:
Publicar un comentario