"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 6 de agosto de 2012

Perfume




Xa non hai medo, o me pulso está en 180, caída libre,
hoxe borracho mañan sereno non hai diferencia,
mañan queda lexos meu amigo, quen sabe se chegaremos
e se chegamos quen pode afirmar se mereceu a pena,
unha pena no lombo é o que nos queda, pero estaremos ahí onde sempre costa contra costa,
sen fallos sen excusas sen perdóns,
etéreos, case perfectos,
camiñando entre as fendas do camiño.
Camiño
a onde me levas danzando por este perfume doce como unha promesa,
irrealizable como un soño dun neno, cheo de máxia e de fantasía,
pisarei a túa sombra e deteraste , camiñaremos e non caeremos, xogaremos no fío da navalla,
o son do afiador rechea cada esquina , os cans berran o seu paso,
paso que doce melodía nestes días tenebrosos de sol e redención.
O río non para e se o tempo é onde intento pescar para que quero un reloxo se as capturas son os meus soños
Mañan queda lexos
e lexos segue a ser nada
nada que esperar
moito que agardar

No hay comentarios:

Publicar un comentario