"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 12 de marzo de 2012

Km Vertical Folgoso do Courel



Alí marchamos, hacia o Courel , hacias esas terras nas que se insipraba todos os días Novoneyra, esas terras pragadas de seres máxicos e historias que fan que os nenos queden ensimismados mirando para o lume da lareira.

Alí estabamos . Alí, onde ainda se poden ver todas as estrelas do firmamento, onde lucen os planetas con máis forza, no val do folgoso do courel.



Camiñando entre as súas pequenas rúas cargadas de histoias, historias de montañas e de antergos, o paso do tempo, a falta de xente nova nótase en cada recuncho pero segue habendo algo especial neste sitio, un espírito vivo que non se apaga pese os fochos do camiño.


Encamiñamos hacia a charla técnica onde nos facemos unha idea do que nos deparará mañan, era a primeira vez que tanto eu como o meu compañeiro facíamos un kilómetro vertical, e polo tanto non tiñamos coñecemento do que sería a carreira, coma nos a inmensa maioria da xente que se concentraba naquela pequena habitación de teito de madreira.
A carreira en si consta de 4,5 kilómetros, nun principio parece moi pouco sobre todo co kilometraxe habitual nas carreiras de trail , pero nesta o seu sentido é o desnivel positivo que contaba dun kilómetro, pasamos do Folgoso do courel (605 metros) ao Pico Piapaxaro(1610 metros).

Ceamos lixeiro e co "medo" no corpo pensando como sería xa o comennzo, ainda que os dous iamos coa mesma filosofía: sorevivir e chegar enteiros a meta.

Xa case é a hora e no estómago xa flota un té quente e unhas torradiñas, eso será a nosa gasolina polo monte arriba.

Vamos para a saída, na cal salgo eu antes que meu compañeiro uns 40 minutos antes máis ou menos (esta carreira é como unha contrarreloxo tipo ciclismo para que nos entendamos).

Tocame saír cunha rapaza a cal me deixa atrás nos primeiros 200 metros que son por unha pista de terra, ainda non temos diante o que será a verticalidade personificada, pero rápido chega.
O terreo cambia desupeto, nos primeiros pasos dentro do monte, cada vez, a cada paso, vaise poñendo máis e máis vertical o que nos obliga a ir a catro patas case na totalidade do primeiro kilómetro.
En varios sitios perdo aderencia continuamente e non son capáz de subirme a un "escalón" natural polo que temos que pasar si ou si, consigo finalmente subilo coa axuda da corredora que antes iba diante miña , empurrandome as cachas hacía arriba, eu respondo -respetuosamnete- collendoa dun brazo e subindoa a ela e a outra corredora que sería a gañadora na categoría senior.




Saímos do "camiño" cruzamos un tramo de "estrada" no cal dous vellos tiñan a seguinte conversa:
Vello 1 (con palillo na boca e gorra branca) : - Mira para ahí van reventados eh!
Vello 2 (con "jarsé" marrón e gafas de ver) : - É moita costa de deus, non sei como tal aguantan, si.


Seguimos subindo e agora o terreo xa é moito máis ancho estamos no medio dun cortalumes, un cortalumes ben feito, sacado de manual, ata o solo mineral.
Entre petoutos, penedos e pedriñas vamos correndo malamente ou camiñando máis ben, entre a inclinación do terreo e que xa non hai moita enerxía no corpo e as pernas están atestadas de sangue, non hai Deus sobre o courel que sexa capaz de correr o que se di correr.

Rematamos o primeiro cortalumes,e fichamos no primeiro control, BIP! e seguimos, aquí hai un punto de transición entre o que será o CORTALUMES, nesta transición ainda se pode correr con brio, atopámonos co único avituallamento, un sorbo de auga e corremos ata que nos atopamos con outro muro de petoutos penedos e pedriñas.

So queda aguantar , non queda nada, algunhas pedras veñen rodando do corredor que intuo que está máis arriba, costame erguer a mirada do chan, ata non teño ala moitas ganas de mirar para arriba e ver a silueta do camiño que sube e sube.

Un fotógrafo dime "te quedan 300 metros" eu contesto furfullando "800!?" , "No hombre 300 de nada", pouco me fío de estas cousas , son as típicas cousas que se din nas carreiras "vas ben" "veña máquina", "non queda nada" ésta é a miña trola favorita.
Neste caso era certo, quedaban 300 metros , intento darlle un pouco de cor a cousa, pero no tinteiro xa non quedan moitos cores que non sexan da gama dos grises...

100 metros, o vento xa sopra con ganas nótase ben que xa estamos no alto, alí vexo xa a estación que pon Finish , paso o chip, suspiro e BIP! e case rematou a cousa, agora solo queda facer o camiño a inversa...

Baixo correndo cun portugues duns corenta e pico que repite "a min truxeronme enganado" , atopamos unha fonte polo camiño e nin plis plans xa estamos onde a saída.
Despois de comer algo por alí, que tiña unha fame de oso cavernario, chega meu compañeiro , vamonos apra o noso refuxio movil, e ali mentras que estiramos aparecen outro corredores preguntando pola fonte -resulta que o ano pasado, no trail, estaba encendida e a xnete acudía a ela par arefescarse e enxaguarse- que estaba apagada.

Un deles puxose a mirar detrás do concello e atopou unha mangueira, parecíamos nenos en prlo agosto desfrutando da auga dun hidrante de incendios en pleno bronx neo yorkino, eso sí nós como deus nos truxo o mundo.
Despois dunha ducha purifiicadora, volvemos a zona onde se entregan os premios, aquí non hai moito que decir, aplausos e pouco máis, non sendo unha cousa, unha cousa que a min polo menos deixoume cun corpo... digamos raro, cito textualmente as palabras da segunda clasificada na categoría senior feminina : "Quiero dedicar este segundo puesto a todos los enfermos de esclerosis múltiple, y bueno decir que sí se puede y que bueno estoy yo para demostrarlo" Non hai máis que decir que: SI SEÑORITA!
Rumbo para casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario