"Mi testigo es el cielo vacío"

martes, 31 de mayo de 2011

CANS

Canis Lupus Familiaris





A relación dos cans e os seres humanos e curiosísima, e máis ainda os comportamentos de moitos destes animais con respecto ao home. Todos sabemos ou por cultura xeral de boca a orella ou pola TV ... historias sorprendentes de cans tranformados en héroes, algunhas ficticias outras semexan de guión cinematofrafico.
A amistade destes animais é infinita, pese que ainda de hoxe hai miles de maltratos e abandono por parte de desamlados que non merecen -baixo o meu punto de vista- o aire que respiran , e por certo , somos o país da UE máis permisivo con respecto ao malatrato animal, en países como Reino Unido teñen leis anti maltaro animal datadas no século decanove...
Eu persoalmente teño un "problema" non soporto ver o maltrato animal sexa como sexa, incluso na ficción do cine , cando estou vendo unha película na que sae algún maltrato non podo vela, e máis normalemte poñome bastante "alterado" e apago a tv, pasoume con amores perros xa na primeira escea, ahí case sae mal parada a televisión.




O primeira das historias de cans é a de Moro, coñecido como o Can do Mustallar (O Piornedo, Ancares)*O mustallar é un dos picos máis altos da nosa xeografía

É un can negro grande entre o tamaño dun pastor aleman e un mastín (un tamaño intermedio entre ambas razas), o curioso deste can é que é un dos cans "guías" do pico Mustallar. O noso contacto con el foi nas vellas casetas de pastores que hai antes de chegar ao Mustallar, alí viña el cuns amigos canidos e un home que estaba facendo a mesma ruta ca nós, Moro quedou atrás con nós mentras que o home despois de saudar seguía a diante, berramoslle que lle quedaba un can atrás pero contestou que non era del que era un dos cans do pobo.
Subeu con nós ata o cumio do Mustallar e acompañounos ata a chegada o pobo, cada ves que un de nós se quedaba un pouco retrasado, esperaba no camiño coa mirada clavada a que nós reagrupabamos ou incluso botaba unha carreira para alcazar o rezagado, ningún de nós viramso semexante cousa e pensábamos que eramos os únicos que tuberamso semaxante contacto e experinecia con este can, peor despois de mira un pouco pola rede resultou que nós eramos uns de tantos que tuberon axuda deste guía das montañas dos Ancares.



Un video que atopei pola rede deste can (un de tantos):





A segunda e última historia é ainda máis curiosa se cabe, tratase dun can grego apodado Kanellos (en grego: Κανέλλος ,significa "canela" ) é un can vagabundo que deambulaba polas rúas da capital grega, no 2008 durante as protestas dos gregos contra os recortes sociais que fixo o seu goberno "pola crise"- producironse diversos disturbios por todo o país- , a historia comenzou concretamente cos periosdíastas gráficos de Antenas, ao revisar as fotografias das contendas percataronse que sempre aparecía un can, ao principio non lle deron moita importancia, pensaban que era unha coincidencia, ata que ese pequena e cuadrupeda coincindencia foi xeralizada en todos os carretres , todos os periodáistas posuían unha fotografía de dito animal, moito decía que eran distintos animais que non sempre era o mesmo can, pero vendo as imaxes que circulan pola rede a min persoalmente pareceme o mesmo , e si non o é eu seguirei pensando que sí.
Kanellos foi aculmado así polos periodístas polo seu cor cercano a Canela, outros chamaronlle The Riot Dog ( O can dos disturbios).

No que coinciden todos é de que é un can e non unha cadela, xa que o gobernos Anteníense puxo colares de cor azul aos cans e colares de cor vermello para as cadelas, este sistema de indentificación é parte dun programa de control poboacional de cans vagabundos.




Este can en parte simbolizou esas protestas que deron volta ao mundo e que se contaxiaron por países como Alemania, Italia, Francia, Reino Unido... foron todas protestas de caracter violento,o máis puro estilo Black Bloc. En España polo contrario tardou en chegar o virus sublevador ,3 anos, pero chegou cun espíritu pacifista, e tamén con algún que outro can activista máis anónimo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario