Este blog empezou unha tarde-noite chegado da praia e cheo de "frustración", despois de intentar sen éxito instalar unha "eco ducha" de fabricación caseira e reciclada, para que todos os usuarios da praia da Lanzada pudesen gozar da auga doce, xa que o Concello cortara a auga. Esta lideira que quixen facer, funcionaba prefectamente (algunha pega tiña, como a formación de algas no interior). Coa morte da "ecoducha" morreu o antigo proxecto "ogrobesurfing" polo descontento meu co mundo surfeiro local.
Despois de pensalo ben e da insistencia de varios amigos, decidín abrir este blog sen ser algo específico dun deporte, decidín que non fose específico xa que a miña vida non xira entorno a un deporte só, nin miña vida se queda anclada no deporte, e menos no surf que cada día que pasa indentifícome menos con esa auto chamada cultura.
Moitas voltas lle dera a cabeza para chegar ao título deste blog, non sabía moi ben como facer para xuntar todo eso que me pasa pola cabeza nunha frase ou un nome.
Básicamente despois da "frustración" da ecoducha , sentinme (e via a xente que me apoiou) como "un bicho raro" e por ahí saíu o título, un bicho en perigro de extinción, orgulloso e grande a vista de quen o quera ver. Aquí sae o de Plantígrado (oso, para os que me preguntades sempre) e o de soños, ben básicamente do meu xeito de ver determinadas cousas, de xeito utópico.
Así naceu este micro proxecto, no principio sen moitas espectativas, xa que este blog é case na súa totalidade, opinions persoais ou temas sen moita relación entre eles, pero visto que gustou e gusta (sobre todo a min jejeje), segue avante con ilusión.
Gracias ao contador de visitas vexo que ten unhas visitas de 10 persoas de media ao día, parece xenial, e os comentarios da xente que me coñece animanme a seguir escribindo de cando en cando cousiñas.
Asique esta entrada vai adicada a todos vos , os que comentades, aos que non, os que me comentades que vos gusta o blog cando me vedes pola rúa, e os que entrades por primeira vez.
E xa está, remata 2010, un ano que podería tildar de show, de show carnavalesco. Partes do ano para recordar, outras que non merecen espacio na miña memoria, outras tristes, como a vida misma, concetrada en 365 días.
A ver que pasa o ano que ven, varios obxectivos hai ahí diante, sobre todo deportivos e algún persoal. Espero que para o ano as cousas non teñan moito que ver coas do ano pasado, borron é conta nova, con menos lastre voase mellor.
Un saudo a todos, en especial aos grandes amig@s que teño, e a tí por apoiarme nas miñas locuras e perrinches.