"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 30 de agosto de 2010

YONKI ou DEPORTISTA¿?

Esto vai de cartos.

Canto custa a unha persoa de nivel medio, praticar un ou varios deportes?
Que facilidades ten unha persoa para adicarse a un deporte/es?
Cunde económicamente ser deportista?
  • Deportista:

Dependendo do deporte que practiques a túa inversión de cartos vai ser maior ou menor, se practicas un deporte colectivo a inversión será menor, ou se o Concello onde o practiques apoia ese deporte en concreto (axudas, instalacións...)No caso que che guste o piragüísmo (por exemplo) a inversión será de 50€ a ficha federativa de caracter anual, a cuota de socio (se se da o caso) e no peor dos casos mercar unha piragua (uns 1000 €). Se eres un rariño como este que está a escribir, a cousa cambia. Se queres praticar un deporte que carece de axudas e de "instalacións" a cousa cambia bastante.Sacando fichas federativas , seguros... Se te adicas ao surf (por exemplo) cun nivel medio, a inversión será: Neopreno (inverno) 200€ , taboa 300€, invento 30€ , se tes que coller o coche que se queres coller algo de olas vas ter que collelo hai que sumarlle a gasolina, a comida .....
Se ta adicas a correr , se te adicas a escalar, se te adicas a nadar, se practicas triathlon, se che gusta calquer deporte coma estes , que apenas tes instalacións públicas, que tes que desplazarte kilometros para chegar ao "punto" para praticar ese deporte, se non tes patrocinadores, se traballas e a metade do salario vaise nestes vicios tan sanos.... Será mellor que non calcules nunca o que levas invertido o que levas gastado para disfrutar do teu ou teus deportes favoritos, se tes a desafortunada idea de calcular o que levas invertido, seguramente que te tires dos pelos, e se desgraciadamente tubestes algunha lesión , sumalle os fisioterapeutas os médicos e os acupuntores. Posiblemente a cifra resultante, a suma de todo esto, será unha cantidade bastante próxima ao precio desa fantástica furgoneta camper coa que soñas.


(de dereira a esquerda, o que levo nos pes, automáticos btt, pes de gato, zapatillas de correr,zapatillas de carreira por monte, zapatillas de correr, zapatillas de descanso...)


  • Yonki:

Se polo contrario, a túa vida reducese a traballar e fundir todos os cartos en ir de festa e "meterte de todo", posiblemente ainda che quede algo de cartos para meterlle "vidilla" a máquina tragaperras da esquina do bar. Se este é teu caso "tan afortunado", non sabes os cartos que te aforras e o ben que invirtes os que tes.
A tí importache unha pouca merda se os do Club X non teñen instalacións onde praticar o seu deporte, a tí dache igual que fulanito de tal esté na cidade X competindo representando ao teu pobo, comunidade ou país. Impotache todo unha merda (menos o futbol, "futbol de bar") , sempre que teñas con que calmar o tembleque que che recorre o corpo. Se no teu pobo chegado o inverno non hai nada de nada que facer, na rúa solo hai as clásicas prantas rodadoras do deserto, e bares abertos... dache igual. Cando chegas do traballo , pretendes ir a facer un pouco de deporte ou simpleme gozar dunhas instalacións digamos "ludico-deportivas", pero dase a extraña casualidade de que iso non existe e sabes certamente que non existirá, que é o seguinte que se che ocorre¿? xogar coas prantas rodadoras do deserto ou ir ao bar a ghobernar o mundo¿?.
É máis que normal que a xente prefira estar no bar que adiacarse algún deporte. Non tes instalacións, non tes axudas, non tes medios, non tes , non tes.
  • Conclue:

Se o teu entorno sempre foi no primeiro prefil, ainda que gastes e gustosamente moitos cartos, posiblemente darache "igual" correr pola rúa que por unha pista de atletismo. Serás de eses desquiciados que non teñen outra cousa que facer que machacar o corpo, e maldecir a toda a clase política por apoiar o deporte cando só se producen éxitos en forma de € ou para chupar un puñado de Votos.
Se o teu caso é o segundo perfil, serugamente non entres neste blog e seguramente serás dos que está neste preciso momento fumando (o que máis che gusta) ou dirixindo as tropas dende o acomodado taburete do bar, na túa particular cosnquista e orden mundial.


"maldigo os maravillosos políticos , eses que saen na foto chocandolle fortemente a man ao deportista X, maldigo aos políticos que machan e lles sacan as ganas de todo aos deportistas, maldigo a esa factoría de yonkis chamanda administración pública"


"deixate de tonterias , o que ten é que faser máis consertos e cousas, deixate de paiasadas. Para que hostia queres eso se non vai traer benefisio ningún ao pobo"

"non temos medios, non temos instalacións non temos patrocinios, non temos nada, pero o que temos non o teñen eles, non nos damos por vencidos"

No hay comentarios:

Publicar un comentario