"Mi testigo es el cielo vacío"

sábado, 24 de julio de 2010

Xabón caseiro

O que acontinuación exploño está extraido parcialmete do Centro Social Autoxestionado Caleidoskopio

Podedes ver a información máis detallada premendo aquí.




A idea é facer xabón de uso doméstico apartires de aceite usado.

¿Por qué facer xabón a partir de aceite usado?

• Os deterxentes comerciais están compostos de dúas clases de productos principalmente:

Tensioactivos, que teñen como función a dispersión das graxas e disminuir a viscosidade da auga, facendo que esta penetre mellor nos tecidos. Nos deterxentes comerciais utilízanse moitos que persisten moito tempo nos ríos e mares.
Os segundos compostos son os abrandantes, que teñen como función mellorar as condicións nas que actúan os tensioactivos. Moitos deterxentes conteñen algúns tóxicos, como o NTA (ácido Nitrilo-Tri-Acético) ou o EDTA (ácido Etilen-Diamino-Tetra-Acetico), altamente contaminantes.

O xabón tradicional ten dúas propiedades principais: abrandante e tensioactivo e ademais é degradado rápidamente polas bacterias polo que permanece menos tempo na natureza perxudicando á vida.

• Evitamos a contaminación por outros productos que levan os deterxentes.

• Evitamos a posibilidade de que os nosos aceites sexan verquidos no medio.

• Polos seus compoñentes é o xabón menos agresivo que existe para a Natureza sendo ideal para fregar a louza, o chan e lavar a roupa.

O proceso de fabricación é o seguinte:


Ingredentes:


* 3 litros de aceite usado doméstico
* 1 litro de auga
* 360 g de sosa. Fácil de atopar en calqueira drogueria

Podedes usar outras cantidades sempre que respetedes as proporcións


Preparación:

* Elexir un espazo ben ventilado, forrar o chan con periódicos e utilizar luvas (moi importante). Non utilizar utensilios de aluminio, si de prástico ou madeira.
* Colaremos o aceite para quitarlle restos de comida ou partículas queimadas e botaremos nun cubo de plástico grande. Quentaremos o aceite un pouco para facilitar a reacción.
* Noutro cubo (non de aluminio!) botamos a auga. Con moito coidado e pouco a pouco engadímoslle a sosa, removendo cun pau de madeira ata que se disolva totalmente. Coidadiño neste paso, a sosa emite vapores tóxicos e pode provocar queimaduras se cae na pel, nese caso lavar inmediatamente con abundante auga.
* Botamos a solución de sosa no aceite (nunca o revés) e comenzamos a remexer cun pau de madeira a bó ritmo e con coidado das salpicaduras. Ha que remexer vigorosamente ata que a mezcla se volte espesa. Este proceso durará sobre unha hora... a batidora de casa axudarache moito pero ten que ter o pé de prástico e se non tes, podes invitar os colegas con batidora ou con ganas de remexer...
* Cando a mistura se volva espesa que é cando ten unha textura cremosa xa está listo!! este é o momento de engadir algunha pranta ou esencias e misturar.
* Cando isto aconteza bótase nun recipiente (por exemplo unha caixa de froita cuberta cun plástico, caixa de madeira) e cúbrese cun plástico ou manta. Pasados dous ou tres días desmoldase e cortase en anacos, posteriormente colócase nunha rexilla e vóltase a tapar.
* O xabrón estará seco e listo para usar en 3 ou 4 semanas, canto máis tempo se deixe mellor. Para a súa mellor conservación podes gardalo nunha caixa cando estea completamente seco.
* Este xabon pode utilizarse para a lavadora, só hai que diluir as pastillas en auga quente, cortandoas en pequenos anacos. Poñer ao lume e deixar que ferva un intre e apagar. Deixar enfriar coa tapa posta. Se non se disolveu darlle coa batidora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario