Que me gustaría que me dixesen se comenzara a correr agora?
Eso iba eu pensando cando xa tiña nas pernas unha hora de carreira.
Que decir:
1 Deixate asesorar por alguén se o ves necesario pero non trates de imitar a nadie.
Nacemos para correr, é algo inapto, é evidente, pero tamén é bo seguir unhas pautas para correr "con xeito".
2 Busca un bo equilibrio, correr ten que ser unha diversión non un suplicio.
Aprende a escoitarte, marcate obxectivos asiquibles, todo ten o seu momento , sufrir tamén.
3 Traballa o corpo e a mente.
O corpo é a estructura pero o motor é a cabeza, tes que aprender que non hai límites para a túa cabeza o que hoxe che costa mañan non che vai costar nin a metade, se tes a cabeza onde ten que estar. Correr é unha das actividades máis introespectivas, para min vai en función do tempo, canto máis tempo máis cousas rondan pola cabeza ou ningunha salta ao escenario mental. Cando estés cansado se ven a cabeza para, pararaste, tes que vences eso, imaxinarte o teu corpo como se estibese formado por capas, cada capa pode ser marcada en minutos, primeiro costarache vencer a capa dos 30 minutos, despois a dos 40 , unha vez que rompas a capa dos 60 minutos notarás que podes cambiar os minutos por horas e sentirte agusto e reiraste do que che costaba o anterior, superaraste.
4 Non intentes correr o que non correstes en toda a vida nun día.
Hai que dosificarse, tanto é importante a carreira como o descanso (mellor activo, surf, ioga...)
5 Usa música si che fai falta.
Esto debería ir no punto catro pero hai que recalcalo. A música é unha boa forma de calar esa voz que che di "para".Coa música concéntraste noutra cousa e corpo sigue adiante. Tamén é bo imaxinarse cousas cando xa vas cansado, deixar voar a imaxinación sin perder a concentración.
6 Corre relaxado.
Eso de apretar os dentes (como se soe decir) para exprimir o corpo é unha tontería como unha catedral, canto máis relaxado corras mellor, eso non quere decir que vaias dormido , pero casi.
7 Come e bebe ben para correr máis
Leva unha dieta variada, nada de excentricidades, come alimentos que che aporen enerxía a longo prazo. Come máis proteínas vexeteais que animais. Se vas competir distacias medias ou largas acostuma o corpo a un certo nivel de estres.
8 Fai estiramentos todos os días ainda que non corras.
Está de moda non estirar, para algunha xente será bo, baixo a miña experiencia empírica non é aconsellable.
9 Realiza adestramentos cruzados.
Correr desgasta moito o corpo, non está de máis alternalo con bicicleta, ou facer adestramentos largos de correr-camiñar
10 Experimenta con diferentes correntes
Está en auxe o barefoot (correr descalzo), para min é unha rama moi útil moito máis que as grandes tecnoloxías de amortiguación, pero cada persoa é un mundo e non hai que abrazar unha corrente como se un dogma se tratase. Eu teño os pés bastante planos, uso plantillas para mellorar a pisada e alterno unhas zapatillas sin amortiguación, evaime bastante ben.
11 Sigue os consellos de Caballo Blanco:
1 No corras contra el camino, hazte uno con el paisaje
2 Si puedes escoger entre hacer uno o dos pasos entre roca y roca, haz tres
3 Corre fácil, ligero, suave, rápido : Empieza fácil. Si sólo corres fácil ya estará bien. No es mal estadio en el que quedarse. Cuando ya corras fácil, corre ligero, “como si te importara un pimiento que la montaña sea alta o baja, o llegar lejos o cerca”. Cuando ya hayas olvidado cómo corres de tan ligero que corres, trabaja lo suave. Si corres suave tras haber aprendido lo fácil, lo ligero, entonces, no hará falta que pienses en lo rápido, por que, sin duda, correrás rápido.
12 Se vas competir:
12.1: Compite contra tí mesmo
12.2: Se competitivo pero compañeiro antes:
"Puedes ser embaucadopor tu imaginacionsi te imaginas a ti mismoatosigando tu mundocon tu progreso y tus poderes.Conocemos este mecanismo como Ego,conocemos este estado como Ambicion.Ser grandes corredoresno es nuestra meta,sino el autocontrol.Sin el, las fuerzas del ego nos conducen a la ambiciony el precio de esta ambiciones el dolor.No seamos egoistas,tomemoslo con calma"
Fred Rohe
12.3: Canda hora de carreira come
12.3: Bebe moito antes durante e despóis
12.4: Todos os puntos de antes ata o 11
13: DISFRUTA CORRENDO
14: O que aquí poño pódese aplicar a moitas cousas do día a día, pero recorda o punto 1.
Esta entrada está dedicada a Caballo Blanco (Micah True).
Deixounos o pasado sábado, despois de estar desaparecido durante varios días no Parque Nacional de Gila, no sudoeste de Novo México, cerca da fronteira con Arizona.
Varios corredores como Scott Jurek pedía axuda para atopalo " Caballo Blanco (Micah True) is missing in the New Mexico's Gila Wilderness. If anyone has any additional info please let me know. Silver City, NM area runners may want to see how they can help Search & Rescue!", o despliegue foi moi grande pero non pudo ser 200.000 hectáreas son moitas hectáreas.
En Xaneiro Caballo Blanco poñía esto no seu facebook: "Si yo fuera a ser recordado por algo, me gustaría que fuera por que yo soy/era auténtico. No por nada más. ¡Corred libres!".
Eras auténtico! Corre libre! Corre co vento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario