"Mi testigo es el cielo vacío"
jueves, 5 de abril de 2012
Brooks PureGrit
Brooks PureGrit.
Brooks coa gama Pure entra dentro do mundo do minimalismo, pero non chega a ser un minimalismo puro, pero si que teñen a mesma filosofía, unha pisada máis natural. En concreto eu acabo de coseguir en alemania e gracias a páxina web "zapatillasminimalistas.net" as Brooks PureGrit, e a decir verdade merqueinas a un precio bastante inferior que o precio estimado que marca Brooks, e moito antes de que cheguen aquí, que será en outubro. Decantinme por estas zapatillas máis que nada porque me facían falta unhas , xa que o resto están feitas un cristo, e como a miña experiencia coas New Balance Minimus Road foi expetacular, decidinme por estas , por ter un pouco máis de amortiguación xa que para o monte eu necesitoa. Unha cousa quero aclarar, eu uso plantillas feitas nun podólogo, xa que tuben varias lesións producidas por pisar mal os meus pes son todo un poema por razóns que non veñen a conto.
A miña sorpresa foi cando puxen por primeira vez as New Balance Minimus Road, eu ainda estaba lesionado pero era coas únicas zapatilla que podía correr máis de 20 minutos... Parece que atenta contra toda lóxica eso de menor amortiguación máis estabilidade... A min funcioname, pero sigo compaxinando con zapas de sempre. Agora é o momento de rebaixar a amortiguación onde máis corro, no monte.
Estas zapas teñen un diseño un tanto peculiar, sobre todo na suela, cunha fundidura que recorda aos pes das tartarugas ninja. Parece ser que eso permite un maior impulso, esto di Brooks "La consequencia: la suela es más estrecha y más ligera con la misma devolución de energía. Así experimentarás más contacto con el suelo y simplemente estarás más cerca" "La división del área de los dedos permite que el dedo gordo del pie funcione independientemente, apoyando así el sentido del equilibrio natural del corredor. De esta manera se fomenta un despegue más eficiente durante la fase de propulsión lo que lleva a más flexililidad."
Así como o mensaxeiro me chamou para notificarme que non atopaba a miña casa (algo moi común) xa me entraron ganas de abrir a caixa e probalas, máis que nada porque nunca tuben unhas zapas de esa marca e sempre ronda a incertidumbre de si acertas coa talla. Acertei de pleno.
Antes de que a locura me invadise por completo, fixen unha revisión afondo do que tiña entre mans:
Esteticamente están logradísimas, o color que collin é para o meu gusto o que mellor lle queda a estas zapas, aparte de que me encanta esa convinación (rana gustavo)
Plantillas, aquí foi case a maior sorpresa, sacoas para fora e quedo flipado, teñen a misma forma que as que me fixo o podólogo!!!!!!! INCREIBLE!
Suela, é unha suela de tacos pequenos, estilo puramente americano.
Cordóns, axustanse moi moi ben e non se afloxan en ningún momento, non teñen a forma dos típicos cordóns imaxinome que terán un nombre pero eu non o sei.
Unha vez visto xa todo, decidome a dar unha pequena volta, coma sempre medida en tempo (cousas de non ter gps)
Poñomas sin as plantillas do podólogo,recen postas sinto como se me puxera as zapatillas de andar por casa, comodidade do 100%. Os primeiros 20 minutos son de asfalto. Ao principio nótanse os tacos un pouco pero nada excesivo, en 5 minutos xa nin me lembro deles.
Xa no monte empeza o bo:
Aderencia: En terros con moitas follas, eucalípto e frondosas, adaptanse ben non noto moita diferencia con respecto as salomon que uso sempre, agarran moi ben, en pedra a súa aderencia multiplicase por 10, parecen ventosas, en area comprotanse tremendamente ben, onde xa non agarran moi ben é sobre a grabilla que queda enriba das laxes, cousa que tamén esvaran as salomon pero estas quizáis esvaran un pouco máis. Ainda non as provei en chuvia, parece ser que drenan moito a auga , moito máis que unhas salomon, pero como ainda non me cadrou non podo decir nada a respecto, pero creo que agarrarán moi ben sobre mollado.
Estabilidade: É certo que ao principio faciaseme raro, con respecto as salomon xt wings2, a súa estabilidade non é tan grande, ao principio, unha vez que xa te acostumas, van moito mellor. Onde ainda non me sinto alá moi seguro é nas baixadas, sobre todo nas baixadas moi técnicas, ainda non me fío delas ao 100%, noto que o pe se move un pouco dentro do calzado, non queda tan fixado como nas salomon, pero tampouco vexo que sexa negativo. Algo sorprendente é a sensación de notar o chan, principalmente cnado pisas nunha raíz, coas salomon era como se pisaba en calquer lado, con estas noto perfectamente a raíz comos e fose descalzo tal cual.
Transpiración: Transpiran moi ben, non son unhas zapatillas nas que sintas entrar o aire, pero tampouco se che coce o pe. Tamén hai que decir que usei uns calcetíns moi finos de Injinji.
Conclusión: Son unhas zapas que invitan a correr moi rápido, as veces moi rápido, son moi lixeiras pero non deixan de ter as prestacións dunhas zapas normais, moi ben pensadas e nótase que o diseño está feito por Scott Jureck. Por agora solo teñen 20 e poucos kilómetros, pero ata agora van moi moi ben.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario