"Mi testigo es el cielo vacío"

sábado, 3 de marzo de 2012

Máis que corredores.

Todos somos influidos por diferentes persoas, libros, documentais, películas...
Buscamos a inspiración, a motivación noutras persoas coas que nos indentificamos. Persoas que moitas veces superan os seus límites e nos dan unha lección a todos.

No mundillo do deporte de montaña hai dúas persoas que infuen moito noutras, dous corredores que para min son dous referentes.

O primeiro - que xa falei del varias veces- é Scott Jurek.


Podería por aquí todo o seu palamrés que é inmenso cousa que non me interesa moito, este corredor influe en min non por seu un prodixo do ultramaratón, se non, pola súa aptitude frente ao deporte.

Despois de gañar un ultramaraton de montaña calquera se iría dereito para unha confortable cama ou cando menos daríase unha boa ducha, Scott Jurke non, despois de gañar sigue correndo para coller o seu saco de dormir,para poñerse acurrucado a descansar na liña de meta para cando chega un competidor animao ata que cruza a meta, así está ata que chegue o último.
Que máis decir del!!

Poño un video que resume perfectamente quen é este corredor.



O segundo corredor que aquí quero compartir con vos é Marco Olmo.



Este home podería ser sinónimo de perseverancia, ou de que os límites solo están na cabeza.
Marco Olmo cos seus 60 anos de idade gaña o campeonato do mundo de carreiras de montaña.

Poño un video do documental Il Corredore que trata sobre a vida de este gran home e gran corredor.



Que engadir máis.... Pouco hai que decir de estes dous corredores, un é fisioterapeuta e outro un obreiro da construcción... Os dous son grandes corredores de ultrafondo... Os dous son vexetarianos... Os dous fan o que lles apasiona.

No hay comentarios:

Publicar un comentario