EhunMilak, el viaje de las 100 millas. from Ornitorrinco Collective on Vimeo.
jueves, 28 de junio de 2012
domingo, 17 de junio de 2012
Ación Directa (Greenpeace vs Sea Shepherd)
Non intervencionísta :
A característica fundamental deste grupo é a búsqueda da concienciación da opinión pública dun determinado problema , facendo campañas de recollidas de firmas e protestas pacíficas fundamentalmente.
Moitas das súas acións repercuten a moitas escalas , chegando a ter impacto socila e mesmo a conseguir a súa meta. A máis famosa é Greenpeace, organización fundada en 1971 por sete persoas en Vancouver, Canadá.
Intervencionísta :
É a antítese da anteríor: Mediante estratéxias de ación directa búscan a concienciación da opinión pública ao mesmo tempo que intentan por todos os medios impedir que se leve acabo determinada ación, que eles consideran perxudicial para o medio ambiente. A máis coñecida é Sea Shepherd, organización fundada en 1977.
Greenpeace vs. Sea Shepherd
En 1971 sete persoas fundan Greenpeace, entre elas estaba Paul Watson, o cal mantiña un plantexamento discordante cos seus compañeiros referido as medidas a por en marcha contra a caza de baleas. Greenpeace defende unha postura de non intervención, e de concienciación da opinión pública do desastre que supon a caza destes mamiferos. As acións que desenrolaron consistían e consisten en pintar os costados dos barcos xaponeses de vermello, simbolizando a sangue das baleas cazadas, pendurar pancartas, outras acións encadeandose e despregando carteis sedes empresariais.
Pola contra, a organización Sea Shepherd (nome completo : Sea Shepherd Conservation Society) ve insuficiente ditas acións de protesta, xa que non se evita directamente a caza de baleas.
Estes puntos de vista supuxo un certo mal estar entre ambas organizacións, mesmo a ocultar por parte de Greenpeace, a participación de Paul Watson na fundación de Greenpeace.
As críticas máis recuridas son devidas as formas que utiliza Sea Shepherd para parar a caza de baleas, afirman que esta organización pon en perigo as vidas das persoas que traballan nos barcos baleeiros, pola contra eles defendense cun argumento , baixo o meu punto de vista bastante sólido, este argumento é a Carta Mundial de Nacions Unidas para a Natureza (1982) e outras leis que atixen directamente a protección de determinadas especies, así como de seu entorno.
Hai que ter en conta, que a caza de baleas está prohibida, e non se pode comercializar a súa carne. O goberno de Xapón caza sistematicamente baleas no Ártico (o cal é un refuxio e santuario recollido na carta anteriomente mencionada), coa excusa de intestigación científica. A realidade é que a carne destes mamiferos chega a mesa dos comensais máis snobs de xapón, e está presente nos mercados.
Ata non fai moito Galiza tamén tiña flota baleeira, moitos pobos teñen moita historia con respecto a este tema : "En Galicia hay tres factorías balleneras, situadas en Cangas de Morrazo (Pontevedra), Canelinas de Cee (La Coruña) y Portiño de Moras (Lugo), dedicadas a la captura y transformación industrial de la ballena. La temporada de actividad de los balleneros gallegos va de abril a noviembre y cada buque captura una o dos ballenas cada vez que sale a la mar. Operan en un radio de 150 millas de las respectivas bases." (texto dos anos 80)
Outro pobo no que se afincaba a flota baleeira galega era Marín, neste porto en 1980 , estaban amarrados dous barcos o ISBA I e o ISBA II, os cales foron afundidos por membros de Sea Shepherd pola súas prácticas ilegais, non se produxeron danos persoais. Así o recolleu o xornal El País en o 29 de Abril de 1980 : "Los buques balleneros Ibsa I e Ibsa II, pertenecientes a la flota ballenera de Masso, en Cangas de Morrazo, fueron hundidos el domingo a mediodía por la explosión de sendos artefactos, posiblemente colocados en su interior, cuando se encontraban atracados en el puerto de Marín, en la ría de Pontevedra. El atentado parece obra de la organización ecologista Green Peace (Paz Verde), que dirige el canadiense Paul Watson." Xa daquela o xornal cometía un erro , xa que Paul Watson non pertencia xa a Greenpeace. (Aquí a noticia enteita). A historia según a Sea Shepherd é así :“O 28 de abril os baleeiros piratas Ibsa I e Ibsa II son afundidos en Vigo, España. Os afundimentos cumpren as violacións da cota que a frota baleeira española tiña asignada. Ese mesmo mes, o axente de Sea Shepherd, Jet Johnson, fixa posters de recompensa por todos os peiraos das Palmas nas Illas de Gran Canaria ofrecendo unha recompensa de 25.000 dólares ao baleeiro ilegal Astrid. Os propietarios do Astrid vense incapaces de confiar na súa propia tripulación e retiran o buque”. (extrato sacado da páxina Galicia Profunda).
Entre os anos 1985 e 1986 España cesou a caza de cetáceos.
É notable a diferenza entre as formas de actuar destas organizacións, tamén mudaron bastante dende os anos 80, tanto como as lexislacións medio ambientais. Hai que decir que nos oitenta o barco insignia de Greenpeace o Rainbow Warrior foi apresado por intentar unha ación directa contra o IBSA III, dito apresamento foi realizado pola Armada Española e estuberon detidos durante 6 meses na base de Ferrol.
O caso máis actual sobre as diferenzas entre estas dúas organizacións é a datada no 1 de Abril de 2012, nun artigo de Sea Shepherd e firmado polo seu presidente e capitán Paul Watson, chamado " Greenpeace atopa por fin a flota xaponesa" do cal vou poñer varios estratos : "La flota ballenera japonesa ha regresado a Japón donde ayer Greenpeace decidió sorprenderla en el muelle con una demanda para detener la caza de ballenas. No precisamente a tiempo, considerando que la caza de ballenas ha acabado por esta temporada y que Sea Shepherd le ha impedido cazar ballenas durante semanas. Por supuesto, la posición oficial de Greenpeace es que Sea Shepherd no pudo haber impedido la caza de ballenas porque la posición oficial de Greenpeace es que la Sea Shepherd Conservation Society no existe. [...] Ni este año ni el anterior ni el anterior al anterior ni el anterior a éste, vimos ningún barco de Greenpeace en el Océano Antártico. La última vez que un barco de Greenpeace fue a protestar contra la caza de ballenas en el Océano Antártico fue durante la temporada 2006/2007, cuando se negó a aceptar nuestras indicaciones para localizar a la flota ballenera alegando de que no aceptaría las coordenadas que les ofrecíamos porque, bueno… no existimos. [...] Desde entonces, Greenpeace ha recaudado decenas de millones de dólares en su campaña de no-activismo para "defender" a las ballenas y ha construido un nuevo buque a un costo que excede los 30 millones de dólares. [...] Durante los últimos años hemos estado intentando sin mucha suerte animar a Greenpeace a unirse a nosotros para que tome una postura activista sobre la caza de ballenas japonesa. El año pasado su estrategia fue enviar ballenas de papiroflexia al Presidente Barack Obama. No estoy muy seguro del porqué, porque los Estados Unidos no están cazando ballenas en el Océano Antártico. Me han informado que la razón fue que si Obama obtenía suficientes ballenas de papiroflexia, llamaría por teléfono al Primer Ministro de Japón para pedir que detuvieran la caza de ballenas."
Está claro que tanto unha organización como outra fan grandes cousas pola defensa da natureza, unha gasta millóns de dólares en campañas publicitarias para concienciar a sociedade, e outra invirte eses cartos na ación directa contra a caza de baleas. Tamén hai que decir que Sea Shepherd tamén ten un potente aparello propagandístico e de difusión, non é unha organización secreta e anónima. Moitos coñeceredes o documental The Cove o cal gañou un Oscar ao mellor documental, no cal participou e produciu Sea Shepherd, tamén teñen un programa na canle Animal Planet chamado Whale Wars , en España coñecido como Piratas Ecológicos.
The Cove (trailer) :
Eu son simpatizante de Sea Shepherd polo tanto a miña opinión non é imparcial, ainda que intentei ser o máis claro e xusto na medida do posible. Non quero despreciar a labor de Greenpeace e outras organizacións ainda que non comparto os seu métodos, sí que comparto o seu mesmo obxectivo. Máis creo que non se chega a facer grandes cousas enviando baleas de papel ao presidente de EEUU, e facendo esto creo que se fai máis:
Campaña de Greenpeace :
lunes, 11 de junio de 2012
Bandeira Amarela
A profesión do socorrismo en Galiza non é que digamos das máis respetadas, pasa con case todas as profesións temporais que dependan dun organismo do estado, neste caso dos concellos.
A prensa, a televisión é o cine, fixo que se mermara moitísimo a imaxe do socorrista que ten o "gran público" , nese "gran público" tamén entran os concelleiros, os alcaldes, os coselleiros, os diputados... así até o infinito, moitos deles encargados de seleccionar a eses profesionais.
Esa gran a-cultura da televisón e o socorrismo, fai que esta profesión sone sempre en diferentes corrillos como un chiste, entre colegas: "Mira para ahí todo o día ao sol, cobrando de puta madre e sen facer nada" , entre bañístas"o ghicho que toma o sol e sempre chega tarde cando pasa algo", entre surfistas: "Hai están eses cabróns que sempre lles axudamos e ainda nos poñen miles de pegas para surfear".
Nas Rías Baixas, case un 80% dos concellos realizan probas de selección tanto físicas como teorícas (Marín, Poio, Sanxenxo, A Illa), unhas máis esixentes ca outras . Cando menos parece lóxico e incluso sensato, hai que ter en conta que é un servicio de emerxencias, nin máis nin menos, que so esté en funcionamento (no mellor dos casos) 3 meses non esime que sexa xente formada e preparada (esto parece que non o teñen moi claro algunhas persoas).
Eu son socorrista, tamén son surfista, e gustaríame aclarar certas cousas que me preguntan cada pouco.
Poñámonos na situación do verán pasado, no cal preguntaronme sempre o mesmo.
A praia da Lanzada é do Concello de O Grove, toda a súa extensión agás 200 metros que pertencen ao Concello de Sanxenxo.
A pregunta máis frecuente é a seguinte "Porqué un posto de socorro ten sempre posta a bandeira amarela e o outro varia entre a verde e a amarela?"
E a pregunta máis polémica de todas: "Porque na parte do Concello de O Grove tendo algo máis de 2 kilómetros non podo facer surf e na parte do Concello de Sanxenxo que ten 200 metros podo facer surf?"Aos nenos pequenos (e non tan pequenos) díselle que é como un semáforo, para que se fagan unha idea moi rápida do seu significado que é precaución, xa que pode haber un risco potencial no mar que impida facer unha actividade acuática con seguridade.
- Qué significa a bandeira amarela pendurada do mastro dun posto de socorrismo?
Este é un tema complicado, nalgúns sitios vai en función do criterio do socorrista que teña máis veteranía e ocupe un cargo de responsabilidade (así o reflexan varios manuais), e tamén por suposto que sexa bo coñecedor desa praia en concreto, noutros lados as cores das bandeiras son sempre os mesmos, esté o mar en condicións de baño moi seguras como todo o contrario, as razóns poden ser un tanto divagatorias, moitas delas sen fundamento algún, eu que non me quedo moito tempo calado cando teño unha dúbida, teño preguntado pola cor da bandeira cnado as condicións aparentes do mar son aptas para bañarse con seguridade, esa resposta e contestada polos supostos encargados de por esa bandeira con ambiguedade , cada cal contesta o primeiro que se lle ven a cabeza, moitas veces sen sentido, nada ten que ver baixo o meu punto de vista e experiencia, a presenza de animais non perigosos para a vida (fanecas) na praia para por esa "restrición/aviso" aos bañístas.
- Quén é o encargado de por unha bandeira ou outra?
Pois vamos a ver, como na cuestión da bandeira, entran as valoracións persoais de cada un. En primeiro lugar, unha táboa de surf é un elemento potencialmente perigoso para un bañísta, eso é evidente para calquera, outra cousa é que teña que ser prohibido, en todo caso ten que ser regulado. Aos que fan esa pregunta indicaselle (e dependendo do día, e da masificación de surfistas) que na orilla hai uns paneis cravados na area informando onde está a zona para surfistas, ou nalguns casos (en praias próximas a referida) hai unhas bandeias vermellas postas de igual forma na area. O motivo de que nun lado ou no outro se fagan unhas cousas ou outras é simplemente unha cuestión de criterio.
Vexase esta entrada : Historia de todos os veráns
Como se desacreditan os profesionais:
- Ter xente traballando que pode ser profesional doutras materias pero de socorrismo non.
- Que as aptitudes ante o traballo dos supostos profesionais disten moito das súas labores.
- A condición física e teórica requerida para traballar en ese posto sexa insuficiente ou inexistente.
Como desacreditan aos profesionias:
- Ver un rescate feito polos socorristas , e levar o mérito do mesmo un bañísta que pasea pola praia. (http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/08/25/socorrista-accidental/574336.html)
- A percepción do espacio tempo dos surfistas "tube yo que ayudarle al crio y el socorrista aún no había llegado al agua" (frase textual) (Pregunta: Canto tarda un surfita en recorrer 5 metros nadando coa súa taboa ata un crio en perigo e canto tarda un socorrista correndo toda a praia e nadar 200 metros para chegar o crio?)
- Sacando fotos ao posto dos socorristas cando hai unha emerxencia, polo tanto no posto non hai ningún socorrista alí , adxuntarlle un texto que poña "los socorristas tomando una sienta".
- Comparar servicios de distintos lados, eso perxudica tanto aos que salen ben parados como aos que saen escaldados, a crítica non debe ser ao profesional da praia, a crítica ten que ser ao que pon a ese persoal na praia.
Un exemplo de socorrismo profesional:
jueves, 26 de abril de 2012
Estase perdendo o norte no Trail Running?
lunes, 16 de abril de 2012
Trail Galiñeiro 2012
Iba cunha idea de facer a carreira un tanto "rápido" para probarme pero sin pasarme moito (o resultado foi frustrante a non poder máis).
Ata o km 13 foi todo de maravilla, iba ben hidratado (eso berraba a miña vexiga) pero como de costume nesta carreira faltoume combustible, pero non moito, o que me fastidiou de todo, foi un pequeno dor no xeonllo que recordabame a aquela dor que tivera facía uns meses, e o final foi o que pensaba, volvíame o síndrome da cintilla iliotibial...
Despóis do kilómetro 13 a dor foi en aumento, tuben que camiñar xa que correr era un suplicio... e para darlle máis gracia a cousa estaa bastante cheo de barro e comenzaba a diluviar, qué máis se pode pedir!?
En definitiva unha carreira para olvidar, xa o ano pasado as pasara canutas e parece que seguimos na mesma dinámica, engadindo agora ter que visitar ao físio... Creo que este ano acabaron as carreiras de montaña para min, o único se ao final se celebra Penedos do Lobo e podo ir.... Motivación = 0
Tomei a decisión de mudar de físio, probarei noutro que tamén é osteópata e xa veremos que pasa...
3h 14min un tempo de merda ! e o peor sobre todo foi que non disfrutei alá gran cousa.
viernes, 6 de abril de 2012
Tiempo.
Éramos felices, éramos intrépidos, vivíamos como si la muerte fuese algo ajeno,
ajeno como tus labios.
Rojos, rojo esperanza,
estoy ahí
estaré.
Borracho de sueños,agobiado por los cánticos de los pájaros al despuntar el sol.
Vida incógnita, pasos superfluos.
Mañana ya es hoy, mis pies no se despegan del suelo,
suelo ,sigues frío como el ayer, nostálgia aflige al viejo en la sala de espera del médico.
El perro sigue ladrando , ahora afónico.
No se detiene, ella baila en una espiral, yo en ella,
camino pero hoy no puedo, mañana es ahora, el tiempo es un cuento.
Escuálida habitación reluce cuando estás en ella,
luz.
Felicidad risueña ,niña inocente, vulnerable, cobijo sombrío , demasiado para una flor.
Se marchita con el tiempo que soy yo,
el pájaro en la jaula, el perro atado y el indio evangelizado.
Atados de pies y manos por un pasado que viene una y otra vez, sin fin, inservible.
Resurrección sin contemplaciones,
niña ya eres mujer, vuela salvaje hacia el sol.
Son días de poco sueño, poca hambre.
Los minutos, gotas que no se desprenden de las hojas,
las hojas mojadas , la tinta corrida, un mar en calma más intimidante que cualquier tormenta.
Miedo constante, miedo a perder, miedo a no ser recordado.
Cuanto más pienso en la irrealidad de las cosas más reales se convierten, pero son otras, no me pertenecen.
Yo piedra, tú agua.
Destrózame con tú alegría refrescante.
Ahora,
no hay tiempo,
ha muerto,
el mañana sigue siendo ahora,
el mundo no se para cuando aguantas la respiración.
El perro tiembla en busca del calor protector,
chilla,
chilla en busca de distracción,
todos los segundos para él son uno, y con él uno más.
Se paró el reloj y con el yo,
pero el tiempo no existe.
Somos ahora o nada.
Ahora o tiempo.
jueves, 5 de abril de 2012
Brooks PureGrit

Brooks PureGrit.
Brooks coa gama Pure entra dentro do mundo do minimalismo, pero non chega a ser un minimalismo puro, pero si que teñen a mesma filosofía, unha pisada máis natural. En concreto eu acabo de coseguir en alemania e gracias a páxina web "zapatillasminimalistas.net" as Brooks PureGrit, e a decir verdade merqueinas a un precio bastante inferior que o precio estimado que marca Brooks, e moito antes de que cheguen aquí, que será en outubro. Decantinme por estas zapatillas máis que nada porque me facían falta unhas , xa que o resto están feitas un cristo, e como a miña experiencia coas New Balance Minimus Road foi expetacular, decidinme por estas , por ter un pouco máis de amortiguación xa que para o monte eu necesitoa. Unha cousa quero aclarar, eu uso plantillas feitas nun podólogo, xa que tuben varias lesións producidas por pisar mal os meus pes son todo un poema por razóns que non veñen a conto.
A miña sorpresa foi cando puxen por primeira vez as New Balance Minimus Road, eu ainda estaba lesionado pero era coas únicas zapatilla que podía correr máis de 20 minutos... Parece que atenta contra toda lóxica eso de menor amortiguación máis estabilidade... A min funcioname, pero sigo compaxinando con zapas de sempre. Agora é o momento de rebaixar a amortiguación onde máis corro, no monte.
Estas zapas teñen un diseño un tanto peculiar, sobre todo na suela, cunha fundidura que recorda aos pes das tartarugas ninja. Parece ser que eso permite un maior impulso, esto di Brooks "La consequencia: la suela es más estrecha y más ligera con la misma devolución de energía. Así experimentarás más contacto con el suelo y simplemente estarás más cerca" "La división del área de los dedos permite que el dedo gordo del pie funcione independientemente, apoyando así el sentido del equilibrio natural del corredor. De esta manera se fomenta un despegue más eficiente durante la fase de propulsión lo que lleva a más flexililidad."
Así como o mensaxeiro me chamou para notificarme que non atopaba a miña casa (algo moi común) xa me entraron ganas de abrir a caixa e probalas, máis que nada porque nunca tuben unhas zapas de esa marca e sempre ronda a incertidumbre de si acertas coa talla. Acertei de pleno.
Antes de que a locura me invadise por completo, fixen unha revisión afondo do que tiña entre mans:
Esteticamente están logradísimas, o color que collin é para o meu gusto o que mellor lle queda a estas zapas, aparte de que me encanta esa convinación (rana gustavo)
Plantillas, aquí foi case a maior sorpresa, sacoas para fora e quedo flipado, teñen a misma forma que as que me fixo o podólogo!!!!!!! INCREIBLE!
Suela, é unha suela de tacos pequenos, estilo puramente americano.
Cordóns, axustanse moi moi ben e non se afloxan en ningún momento, non teñen a forma dos típicos cordóns imaxinome que terán un nombre pero eu non o sei.
Unha vez visto xa todo, decidome a dar unha pequena volta, coma sempre medida en tempo (cousas de non ter gps)
Poñomas sin as plantillas do podólogo,recen postas sinto como se me puxera as zapatillas de andar por casa, comodidade do 100%. Os primeiros 20 minutos son de asfalto. Ao principio nótanse os tacos un pouco pero nada excesivo, en 5 minutos xa nin me lembro deles.
Xa no monte empeza o bo:
Aderencia: En terros con moitas follas, eucalípto e frondosas, adaptanse ben non noto moita diferencia con respecto as salomon que uso sempre, agarran moi ben, en pedra a súa aderencia multiplicase por 10, parecen ventosas, en area comprotanse tremendamente ben, onde xa non agarran moi ben é sobre a grabilla que queda enriba das laxes, cousa que tamén esvaran as salomon pero estas quizáis esvaran un pouco máis. Ainda non as provei en chuvia, parece ser que drenan moito a auga , moito máis que unhas salomon, pero como ainda non me cadrou non podo decir nada a respecto, pero creo que agarrarán moi ben sobre mollado.
Estabilidade: É certo que ao principio faciaseme raro, con respecto as salomon xt wings2, a súa estabilidade non é tan grande, ao principio, unha vez que xa te acostumas, van moito mellor. Onde ainda non me sinto alá moi seguro é nas baixadas, sobre todo nas baixadas moi técnicas, ainda non me fío delas ao 100%, noto que o pe se move un pouco dentro do calzado, non queda tan fixado como nas salomon, pero tampouco vexo que sexa negativo. Algo sorprendente é a sensación de notar o chan, principalmente cnado pisas nunha raíz, coas salomon era como se pisaba en calquer lado, con estas noto perfectamente a raíz comos e fose descalzo tal cual.
Transpiración: Transpiran moi ben, non son unhas zapatillas nas que sintas entrar o aire, pero tampouco se che coce o pe. Tamén hai que decir que usei uns calcetíns moi finos de Injinji.
Conclusión: Son unhas zapas que invitan a correr moi rápido, as veces moi rápido, son moi lixeiras pero non deixan de ter as prestacións dunhas zapas normais, moi ben pensadas e nótase que o diseño está feito por Scott Jureck. Por agora solo teñen 20 e poucos kilómetros, pero ata agora van moi moi ben.



