"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 11 de junio de 2012

Bandeira Amarela


A profesión do socorrismo en Galiza non é que digamos das máis respetadas, pasa con case todas as profesións temporais que dependan dun organismo do estado, neste caso dos concellos.
 A prensa, a televisión é o cine, fixo que se mermara moitísimo a imaxe do socorrista que ten o "gran público" , nese "gran público" tamén entran os concelleiros, os alcaldes, os coselleiros, os diputados... así até o infinito, moitos deles encargados de seleccionar a eses profesionais.

Esa gran a-cultura da televisón e o socorrismo, fai que esta profesión sone sempre en diferentes corrillos como un chiste, entre colegas: "Mira para ahí todo o día ao sol, cobrando de puta madre e sen facer nada" , entre bañístas"o ghicho que toma o sol e sempre chega tarde cando pasa algo", entre surfistas: "Hai están eses cabróns que sempre lles axudamos e ainda nos poñen miles de pegas para surfear".

Nas Rías Baixas, case un 80% dos concellos realizan probas de selección tanto físicas como teorícas (Marín, Poio, Sanxenxo, A Illa), unhas máis esixentes ca outras . Cando menos parece lóxico e incluso sensato, hai que ter en conta que é un servicio de emerxencias, nin máis nin menos, que so esté en funcionamento (no mellor dos casos) 3 meses non esime que sexa xente formada e preparada (esto parece que non o teñen moi claro algunhas persoas).

Eu son socorrista, tamén son surfista, e gustaríame aclarar certas cousas que me preguntan cada pouco.
Poñámonos na situación do verán pasado, no cal preguntaronme sempre o mesmo.
 A praia da Lanzada é do Concello de O Grove, toda a súa extensión agás 200 metros que pertencen ao Concello de Sanxenxo.

A pregunta máis frecuente é a seguinte "Porqué un posto de socorro ten sempre posta a bandeira amarela e o outro varia entre a verde e a amarela?"

  • Qué significa a bandeira amarela pendurada do mastro dun posto de socorrismo?
Aos nenos pequenos (e non tan pequenos) díselle que é como un semáforo, para que se fagan unha idea moi rápida do seu significado que é  precaución, xa que pode haber un risco potencial no mar que impida facer unha actividade acuática con seguridade.
  • Quén é o encargado de por unha bandeira ou outra?
Este é un tema complicado, nalgúns sitios vai en función do criterio do socorrista que teña máis veteranía e ocupe un cargo de responsabilidade (así o reflexan varios manuais), e tamén por suposto que sexa bo coñecedor desa praia en concreto, noutros lados as cores das bandeiras son sempre os mesmos, esté o mar en condicións de baño moi seguras como todo o contrario, as razóns poden ser un tanto divagatorias, moitas delas sen fundamento algún, eu que non me quedo moito tempo calado cando teño unha dúbida, teño preguntado pola cor da bandeira cnado as condicións aparentes do mar son aptas para bañarse con seguridade, esa resposta e contestada polos supostos encargados de por esa bandeira con ambiguedade , cada cal contesta o primeiro que se lle ven a cabeza, moitas veces sen sentido, nada ten que ver baixo o meu punto de vista e experiencia, a presenza de animais non perigosos para a vida (fanecas) na praia para por esa "restrición/aviso" aos bañístas.
E a pregunta máis polémica de todas: "Porque na parte do Concello de O Grove tendo algo máis de 2 kilómetros  non podo facer surf e na parte do Concello de Sanxenxo que ten 200 metros podo facer surf?"

Pois vamos a ver, como na cuestión da bandeira, entran as valoracións persoais de cada un. En primeiro lugar, unha táboa de surf é un elemento potencialmente perigoso para un bañísta, eso é evidente para calquera, outra cousa é que teña que ser prohibido, en todo caso ten que ser regulado. Aos que fan esa pregunta indicaselle (e dependendo do día, e da masificación de surfistas) que na orilla hai uns paneis cravados na area informando onde está a zona para surfistas, ou nalguns casos (en praias próximas a referida) hai unhas bandeias vermellas postas de igual forma na area. O motivo de que nun lado ou no outro se fagan unhas cousas ou outras é simplemente unha cuestión de criterio.

 Vexase esta entrada : Historia de todos os veráns

Como se desacreditan os profesionais:

  • Ter xente traballando que pode ser profesional doutras materias pero de socorrismo non.
  • Que as aptitudes ante o traballo dos supostos profesionais disten moito das súas labores.
  • A condición física e teórica requerida para traballar en ese posto sexa insuficiente ou inexistente. 

Como desacreditan aos profesionias:

  • Ver un rescate feito polos socorristas , e levar o mérito do mesmo un bañísta que pasea pola praia. (http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/08/25/socorrista-accidental/574336.html)
  • A percepción do espacio tempo dos surfistas "tube yo que ayudarle al crio y el socorrista aún no había llegado al agua" (frase textual) (Pregunta: Canto tarda un surfita en recorrer 5 metros nadando coa súa taboa ata un crio en perigo e canto tarda un socorrista correndo toda a praia e nadar 200 metros para chegar o crio?)
  • Sacando fotos ao posto dos socorristas cando hai unha emerxencia, polo tanto no posto non hai ningún socorrista alí ,  adxuntarlle un texto que poña "los socorristas tomando una sienta".
  • Comparar servicios de distintos lados, eso perxudica tanto aos que salen ben parados como aos que saen escaldados, a crítica non debe ser ao profesional da praia, a crítica ten que ser ao que pon a ese persoal na praia.


Un exemplo de socorrismo profesional:

12 comentarios:

  1. Para considerarse profesional penso que debe ser un emprego de carácter anual e non temporal, o que permite ter unha formación e unha preparación e unha dedicación exclusiva,de ahí a palabra profesión. En galicia polas súas condicións climatolóxicas nunca se poderá falar de socorristas profesionais xa que nunca se poderá vivir estrictamente deste traballo durante todo o ano pola propia estacionalidade. Na miña humilde opinión,se un quere ser socorrista profesional debe ir a lugares onde sea posible traballar todo o ano como socorrista, o resto e o que é e será en galicia un empleo temporal, estacional e non se pode pretender un grado de profesionalidade óptimo no que a maioria de eses postos o cubren estudiantes e persoas que non teñen pensado adicarse profesionalmente a eso porque é materialmente imposible.O que penso é que é un traballo digno para pagarse uns estudios ou gastos o resto do ano pero nunca con carácter profesional. Eso non quita que se esixa uns coñecementos e unha condición física, pero creo que non se pode pretender un corpo profesional cando non é o que a sociedade e o sistema se pode permitir, Se debe adecuar as condicións que temos cos medios de que se dispoñen (precarios e insufcientes en moitos casos) pero sin pretender chegar os niveis Autralianos onde si poden vivir todo o ano deste traballo e poden esixir a xente as condicións optimas porque se retribue en consonancia o que se espera dun servicio profesional.

    ResponderEliminar
  2. Moi de acordo contigo, pero vexo que non eres coñecedor do sistema australiano de socorrismo, traballan como moito 6 meses (no mellor dos casos) o resto do ano traballan en diversos traballos, 4 do video que vai adxuntado traballan de bombeiros, e outro nun camión do lixo. Eles traballan como profesionais (o que exerce unha profesión) e tamén hai na praia outros socorristas voluntarios, no video so se ve a un, van vestidos de vermello e amarelo. Actualemente un decreto da Xunta de Galicia obliga a ter unha formación mínima para desenrolar dito traballo,regulado pola AGASP, a cal tamén dota de competencias profesionais, tamén xa está en proceso de creación e presuponse que para o curso 2014-2015 dous ciclos de formación profesional, un ciclo superior e outro medio. Así mesmo outro traballo pouco dignificado , e de caracter temporal, é o de bombeiro forestal para o cal xa existen dous ciclos formativos un superior e outro medio ,dende fai uns cuantos anos, pero tamén traballan (baixo o meu punto de vista non debería ser permitido) estudantes e todo ese largo etc que hai. Se ser profesional podese considerar solo a duración do contrato hoxe por hoxe solo hai 4 ou 5 profesións neste país. Que sexa viable ou non ter socorristas na praia todo o ano, está máis que claro que non o é, e menos co modelo actual, máis penso que sería viable no suposto idealizado dun sistema de gardacostas, e decir a unificación de todos os corpos e miles de ramas que hai hoxe por hoxe en canto a salvamento no mar, e decir unificar Garda Civil do Mar, Servicio de Vixiáncia Aduaneira, Socorristas, Salvamento Marítimo e servicios autómicos de gardacostas. Esto non é nada imposible nin imaxinario, pasa en Inglaterra co RNLI (ainda que nese caso so aglutina os socorristas e a o que sería salvamento marítimo). Penso que a unificación de servicios faría que se profesionalizasen máis os servizos e sería menos costoso para os petos dos cidadans, canto máis simple sexa un servicio máis eficaz será.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Hoxe por hoxe en Galicia sólo vexo factible traballar 3 meses en praias e o resto do ano poderian exercer en piscinas municipais climatizadas, o que reduce moito o número de profesionais, xa que evidentemente nunha piscina con un ou dous socorristas por turno é suficiente pero nunha praia como por exemplo Razo,o Vilar ou a Lanzada se precisa moitísimo mais persoal e medios.
      Unha idea pouco descabellada dende o meu punto de vista seria que estos que alternan piscina en inverno e praias en verán fosen os Coordinadores do servicio de emerxencias do Concello Galego"Idealizado" e consultores de casos,e o resto que serian os temporais (NON profesionais), que fosen os técnicos do curso da FESGA (nos meus anos mozos...) con renovación de capacidades anual.O de profesional repito eu o considero se un pode vivir en condición óptimas da súa profesión NUNCA dou a entender que por non ser profesional non teña que estar cualificado.
      Penso que un servicio tan técnico debe estar dirixido por propios técnicos sanitarios xa sexan Técnicos especializados emerxencias (FP), DUEs especialistas en Urxencias (barrendo para casa),ou se é un concello suficientemente grande Licenciados en mediciña ou Ciencias da Saúde. Pero nunca poria un profesional non sanitario xa que xa sexa por descoñecemento, ignorancia ou mala praxis non pode realizar(ou ordenar realizar) un protocolo de asistencia sanitaria como por exemplo pinchar as picaduras de faneca,o que considero un acto de intrusismo se non o fai un DUE ou licenciado en mediciña(Colexiados e con seguro de responsabilidade civil cualificados legalmente para realizar esas tarefas) ou aplicar calquer tipo de producto medicamentoso desde voltarén a fenergán, etc...¿De que é a responsabilidade en caso de reacción alérxica,sepsis, etc...?E mais cando as alternativas as picaduras (voltando exemplo) é mais efectiva, mais barata e con unha infinidade reriscos inferior tanto para o paciente como para o profesional xa que evita o risco dun pinchazo dunha agulla contaminada...
      PD:Ten razón vostede cando di que descoñezo o sistema Australiano (pensei que se adicaban todo o ano).

      Eliminar
  3. A páxina do RNLI : http://rnli.org/Pages/default.aspx
    P.D: Inglaterra non é un sitio cunhas condicións climatolóxicas que disten moito de Galiza,e o sistema este funciona.

    ResponderEliminar
  4. A profesionalidade dun servizo, dende o meu punto de vista pasa polos encargados destes servizos, os que realmente teñen as competencias de organizacion e entrega de material a estes socorristas.

    Pola miña experiencia no sector so podo decir que a maioria dos anos se traballa con equipos antigos, que ano tras ano seguen a ser os mesmos, deteriorados no seu uso, e rara é a vez que se consegue material realmente necesario, de calidade e actual. A maior novidade que vin nos ultimos anos (a excepcion do Concello de Sanxenxo, que procura millorar dentro dun presuposto aceptable, adaptandose como poden os novos tempos) son os Acua-Pacs, que a maioria de veces estan picados e a sua estanquiedade é nula.

    Por alusions, comentarei o caso da Lanzada, unha das praias mais grandes dos nosos areais, e a inmensa cantidade de defectos que esta presenta en epoca de veran:

    1º - Non hai unha zona habilidata para Surfistas, Wind-Surfistas ou Kite-Surfistas, que navegan con elementos rixidos, perigosos para os bañistas. Calquer Axuntamento con 2 dedos de frente colleria a zona do medio da Lanzada (Entre a pista de aviacion e Noalla) e balizaria e sinalaria unha zona de 500 metros ou mais para esta xente. Todos os anos hai problemas con este tema, xa que eles queren facer deporte, e o persoal de socorro, manter unha situacion de seguridade para os bañistas. Non pode ser que permitan facer escolas de Surf, Paddle Surf e demais, e sin embargo os larguen a pastar no medio de xente nadando ¿É iso seguro?

    2º - A cantidade de persoal é insuficiente e as infraestructuras mellor nin falar delas... Casi 3 Kilometros de praia, e 4 postos de socorro. Un no inicio da praia, outro na pista de aviacion, a uns 800m de distancia, e despois, a un kilometro e pico de distancia, o ultimo posto de O'Grobe, cos socorristas de Sxx a 300 metros o final da praia... Cabe salientar que non hai comunicacion por radio entre estes ultimos dous, o cal presenta un problema bastante grande de coordinación. Recordemos que falamos de socorrismo, e salvar vidas, e non das competencias de cada axuntamento, ou dos problemas de terreos dos comuneros.

    Se se dese un rescate entre o segundo e o terceiro posto, supon unha carreira de larga duracion, un rescate pelexando co oleaxe e as correntes da Lanzada, que normalmente non se presta a unha gran tranquilidade, e ademais diso, remolcar a victima e prepararte para un RCP. Ahi non fan falta socorristas, fan falta Superhomes... Un boogie ou un Quad preparado para o socorrismo acuatico é algo que o Axuntamento non contempla.

    3º - A lancha de rescate movese dende San Vicente, ata o final da Lanzada, polo que a sua posicion xeografica pode supor un grave problema en tempos a hora de facer un rescate... E casi mais facil que a victima chegue flotando o areal, que ser rescatado a tempo por unha Zodiac cun motor de 50CV e 4T que se topaba nese intre en Area da Cruz (Hai que ter en conta que dende que se produce o comenzo do afogamento ata que este é notificado ou advertido polos servizos de salvamento xa pasa un tempo considerable).

    4º - Seleccions de persoal por amiguismo, e non por curriculum, meritos e experiencia. Entendo que hai que ter en conta as politicas sociais, como contratar mulleres e dar puntos os pais de familia, pero falamos dun servizo de salvamento, donde o primordial e salvar vidas, chegar a tempo e estar preparado para este tipo de situacions. Sinceramente, se me ven rescatar un socorrista gordo en 4 minutos e me dí que é pai de familia, mentres que outro tardaria 2 porque esta preparado para desenrolar esta tarefa, ibame cagar en toda a familia do primeiro individuo.

    Moi o meu pesar, por moito que pretendan crear unha listaxe de socorristas profesionais, xamais será tal posto que como xa indicaron, non so non tes unha continuidade sinon que non se respeta o colectivo dende os axuntamentos que os contratan. Sempre sabera mais un Concelleiro de Seguridade Cidadá e os seus asesores que cambian cada 4 anos, que socorristas que leven 10 anos metidos no tema...

    ResponderEliminar
  5. Está claro que non é lóxico que se permita unha activadade con ánimo de lucro como son as escolas de surf cando se prohibe a súa vez a práctica libre do surf na praia, hai que ter en conta que un grupo de xente principiante é moito máis perigoso que os surfistas que normalemente surfean na praia mencionada. O verán pasado cónstame que varias persoas foron multadas e outras advertidas pola Garda Civil, e que cónte que con toda a razón, xa que nas normas da bandeira azúl así consta, así mesmo tamén consta que teñen que haber zonas para a práctica de ditas actividades, non é lícito que dito concello faga propaganda das virtudes da península meca para a práctica do surf, kite surf e wind surf e despois que o prohiban.
    O que dís no punto catro, tes toda a razón, non fai falta ser socorrista para ver que as distancias son moi moi grandes entre postos, e para máis perigo, a xente normalmente céntrase alí onde hai aparcadoiros, e decir se pasase algo entre a pista de aviación e "a parte de sanxenxo" non se enteraría nin dios. O do boogie é unha moi boa opción ainda que debería ser eléctrico (que a día de hoxe alcazan 80km/h que ben chega) ou simplemente facer unha restructuración dos postos.

    Outro punto.
    En canto a coordinación do servizo o Plan SAPRAGA (salvamento en praias de galicia) afirma que o responsable da coordinación ten que ser un socorrista acuático con experiencia, eso non deixa de lado que dito coordinador sexa un DUE ou un médico. Polas bases que puden leer para a praza de coordinador (non so en Galiza) piden como mínimo INEF con maestría/master de salvamento e socorrismo, esto quere decir que en teoría somentes debería coordinar o que sería o socorrismo puro e primeiros auxilios en caso de emerxencia, as picaduras de faneca e todo eso quedaría fora, non sei se erro o decir que hai un vacío encanto a eso, tamén hai que decir que un DUE ou un médico non ten porqué saber nada de socorrismo como tal, intervención acuática e matetial. No que dis das picaduras de faneca e os protocolos, nalgúns casos están respaldados pola xunta de goberno dos concellos e firmados polo secretario do mesmo, supoño que lle dará validación legal, e dou por suposto que na parte sanitaria estará respaldada por algún facultativo médico. O seu e que en todos os postos de socorrismo esté presente na plantilla un TES ou no mellor dos casos un DUE (para min é preferente e indispensable para emerxencias de verdade), pero tanto o plan SAPRAGA como a Bandeira Azúl nin os mencionan, é máis a Bandeira Azúl somentes contempla "Vixiancia" e un "Botiquín de Primeiros Axilios" con eso unha praia xa pode ser bandeira azúl, nin socorristas ten que ter. Agora hai uns galardons que son moito máis "duros" nos requisitos que debe ter unha praia (para min seguen a ser insuficiente), son as Q de calidade. Debería obligarse con un decreto a todos os concellos a pedir uns mínimos en formación e en aptitudes físicas, sexan 2 meses , 3 meses ou 2 días, a formación e as aptitudes físicas repercutirán directamente na persoa que sexa atendia.

    ResponderEliminar
  6. Efectivamente, facer gala duns privilexios como poden ser unha praia apta para deportes de mar, e despois non pensar mais neles, pareceme o mesmo que decirlle a xente que pode beber e conducir, e despois plantarlle 3 patrullas de Trafico a facer controis de alcoholemia. Unha tolemia, dende o meu humilde punto de vista.

    Como ben dixeches, ou suxeriches, quizais a opcion mais "sana" seria a unificacion dos servizos de salvamento dentro de Salvamento Maritimo, e quitarlle estas competencias a Axuntamentos e asociacions de Proteccion Civil. Sería moito mais sinxelo dar subvencions para a formacion para unha soa entidade, que para varias, e asi tentar manter a profesionalidade do servizo. Pero isto non pasa. Danselle competencias e postos de encargado a xente que non ten estudios nin formacion o respecto.

    Unha das maiores burradas que cheguei a escoitar no Axuntamento do Grove, ala polo 2003 é que a lanzada non era unha praia balizable, debido as suas fortes correntes e oleaxe, dito por Don Carlos R.R, encargado do servizo naquela tempada... 2 semanas despois, o Axuntamento de Sanxenxo tiña balizados os seus 200/300m de areal da Lanzada, e os socorristas do Grove, cara de parvos...

    Cando ademais de ter que lidiar co feito de salvar vidas nun areal de unha perigosidade bastante notable (Non é unha praia de ria, e cando se conxuran oleaxe e correntes, moitos bañistas inexpertos pasano moi mal para remontar 20 metros cara a orilla, inda podendo facer pe), tes que lidiar coa ignorancia dun xefe de servizo cuns metodos mais que cuestionables, danche ganas de romper o teu contrato ou facer unha folga a porta do Axuntamento, pero facer iso e ir en contra de quenes se creen coa razon a pesar de non ter argumentos con que defenderse, supon a perdida dese posto de traballo a perpetuidade. Creo que algun dos presentes sabe a que me refiro, que inda sin un expediente nin unha sancion, xente ben titulada non é apta para exercer debido a que teñen opinion e coñecementos, e non son coma os burros, que tiran sempre po frente.

    En fin, vivimos nun pais de Pandereta, donde as cousas non se fan desde o punto de vista da razon, sinon dende o amiguismo e a estafa publica. Necesitamos gobernantes con estudos, xente con siso asesorada por xente igual, que sexa honrada e respete o seu traballo por riba de todo. O que non necesitamos é un Alcalde Fritangas&Ferveduras, ou un presidente do goberno que afirma que el non le a prensa, solo os diarios deportivos... Asi nos vai, e namentres, en Asturies...

    "No es poca ciencia aprender a soportar las tonterías de los ignorantes."
    » Cita de Demófilo

    ResponderEliminar
  7. Se un INEF fai protocolos de curas(non creo que sea legal), nos cales consta que unha persoa que non é DUE ou Médico ten que pinchar o que sea(ata quitar unha astilla dun dedo cunha agulla) por moito que o aprobe calquera comisión de goberno municipal, gustaríame que dito protocolo o remitise a un colexio profesional de enfermeria ou mediciña para que os servicios xurídicos actuasen por intrusismo.
    Ou incluso que lle obligue a un DUE un INEF ou Tecnico en socorrismo acuático ,a pinchar picaduras de fanecas (o DUE pasou desa orde e mantivo o seu criterio porque é a súa profesión a que pon en xogo se actúa por mala praxis conscientemente).Penso que deberia diferenciarse quen decide a actuación de rescate acuático ,e a de prestación de primeiros auxilios unha vez en terra.

    ResponderEliminar
  8. Mr Balado, obviamente son competencias que non entran no que se debe facer, e calqueira con un pouco de coñecemento do tema, absteriase de picar nada. Obviamente estas creando unha ferida que poderia chegar a infectarse, e mais nun entorno tan agresivo como poderia ser unha praia.

    A actuacion normal deberia ser darlle calor, evitando que poida chegar a formar unha queimadura porque enton xa estariamos noutro problema, e remitilo o centro medico si a dor persiste. Hai que ter en conta que o veleno da faneca é unha toxina con principios de termolabilidade (desnaturalizacion da proteina por calor) con un tratamento sinxelo, pero o problema radica nas condicions dos postos de traballo, ademais que un mal tratamento ou tratar de ignoralo (calquera o fai, porque doe un collon) pode chegar a producir a necrosis de tecidos vivos.

    Segun fontes consistorias (o cal esto si mo creo) para poder realizar calquer tipo de infraestructura nun espacio narutal reservado fan falla uns permisos que poden chegar a tardar anos, porque todos sabemos como funcionan as cousas en Hispañistan. Se a infraestructura non está provista dun sistema que permita quecer a auga, pode significar que xa non poidas atender a esa persoa, e lle crees unha molestia un tanto "innecesaria", xa que se verian obrigados a desprazarse o seu fogar, centro medico ou calquer outro sitio donde poidan obter a devandita auga quente...

    Tampouco sei realmente ata donde se poderia actuar, por exemplo, apretando sobre a propia ferida creada pola faneca para extraer unha meirande cantidade de veleno. Non son un colexiado en Medicina, nin un licenciado en Dereito, e non sei ata que punto ten isto repercusion, nin o feito de que ti lle pidas permiso a unha persoa para que che deixe actuar de tal maneira, sempre e cando a persoa acepte someterse.

    A cultura popular, ensinounos a moitos a facelo, non por ignorancia, sinon porque realmente é a maneira que mais rapido vai acabar cos sintomas... Se retiras un 50~60-~70% da toxina e despois lle aplicas calor por metodos naturais (espacios quentes pola incidencia do sol) a dor desaparece os poucos minutos. Se ignoras a victima por motivos legais, esa dor vai ir incrementandose, cunha gran dor nerviosa... Eu, sinceramente, se me pica unha faneca e me mandan po Ambulatorio, pedirialles que me cedesen o material para auto-atenderme. Pero claro, volvemos a temas legais ¿Ata que punto todo isto é factible? Pois sin un dictamen xudicial que cree xurisprudencia, tampouco teremos unha soluccion clara.

    O que queira safar o seu cu, mandao po medico, e o que non, explicalle como é a situacion, e pidelle permiso. Se a persoa non acepta, que recolla os seus bartulos da praia, e se vaia a donde o atendan.

    En fin, un fanecoso saudo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Penso que non fai falta infraestrucctura algunha para instalar un microondas en calquera puesto...

      Eliminar
  9. Como ben dixen antes, a coordinación do servicio ten que ser feita por un socorrísta acuático con experiencia, non o digo eu dio o plan sapraga. Por coordinación eu entendo dende os protocolos de intervención acuática ata os horaios laborais do persoal, está claro que a parte sanitaria ten que ser revisada por un facultativo médico, pero tamén é certo o que se dí no último comentario.
    Qué fai un socorrista (que somentes ten un título e pertencente ao rexístro de socorristas profesionais AGASP) cunha persoa que ten unha picadura, e se son 30 as persoas con picaduras as cales é pouco viable poñerlels auga quente? E poñer auga quente sería aplicar un tratamento e polo tanto intrusismo? (que se entenda en pregunto porqué non o sei).
    En canto a intrusismos e cachondeos médico, o exemplo está cos TES do 061 os cales non poden aplicar todas as competencias que se lles outorga co novo ciclo, cousas de política e denuncias (xustificadas imaxinome), pero é de chiste entrar nunha ambulancia asistencial e ver carteliños por todos os caixons "esto no" "esto solo DUE" "esto no", supoño que o colexio de enfermeiros faría tales denuncias para que non colleses competencias os TES que corresponden a Diplomados (graduados agora) en Enfermería, e supoño que tamén fixeron eso para que dotases as ambulancias de DUEs , e decir que as sanitarizaran. O que conseguiron é ter unha ambulancia que praticamente non sirve máis que de empaquetadora e traslado (que será realmente o seu traballo) pero a verdade que da un aspeto un tanto penoso, de feito que non podan nin tomar a tensión cando calquera persoa pode mercar un tensiómetro e tomarse a tensión na casa... pareceme unha locura, ou o do glucotest. Deste último é de chiste ver a escena: Persoa tirada na area cun baixón de tensión, chega a ambulancia con todos as súas mochiliñas de cores, sacan o glucotest e pidenlle a un familiar que colla o "boli" e que lle pinche un dedo que eles non poden , que solo poden arrimarlle a tira a gota de sangre... as caras de perplexidade son dígnas de retratar. Se todo esto é derivado de denuncias (que me imaxino que sí) e que pretendían mellor dito servicio (que me imaxino que sí)fixeronlle un flaco favor tanto aos TES como as persoas atendidas por estes últimos.
    Pois o que dis de que deberían denunciar por intrusismo , pode que teñas razón, ainda había que ver como é ese protocolo, quen o respalda e como se aprobou , a min tamén me gustaría sabelo, tamén me gustaría saber que clase de protocolos siguen outros concellos que "cada un fai o que quere e cando quere". Está máis que claro que en ausencia de regulacións xerais para todos os concellos, cada cal fará o que lels veña en gana, uns pediran ter DUEs e Socorristas, e outros pediran jorras e silbatos, o problema de todo esto é a calidade no servizo que recibe cada persoa atendida, que o paga cos seus impostos, e pareceme demencial que en 200 metros dunha praia che atenda un DUE unha picada de faneca e 200 metros máis alá atenda a misma incidencia "unha jorra cun silbato".
    O do intrusismo, non estaría mal que que o colexio de enfermería tomase cartas no asunto, para polo menos deixar as cousas claras con respecto da actuación dun socorrista no campo sanitario. Está claro que un socorrista ten que facer o que a cadea de mando lle mande por escrito e avalado polo concello, xa que non ten ningún mecanísmo legal (que eu sepa) para negarse como o pode facer un DUE.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Acaso non hai que esperar nas Urxencias dun Hospital? O que non se pode chegar NUNCA é a facer mal un traballo a sabendas, ¿é millor facer 30 curas MAL e rápido ou ben e despacio? decatádesvos que falamos saúde da xente.?

      Eliminar