"Mi testigo es el cielo vacío"

miércoles, 7 de septiembre de 2011

14 de Decembro do 2009

Soños dun plantígrado.


"ahí cun asiento de primeira clase, sucio, un asiento de primeira clase para ver o fin do mundo e a volta a nacer"


Empezou esto, cunha entrada frustrante , chea de rabia, chea máis ben de decepción, decepción esa é a palabra. Nun deses momentos nos que sintes unha quentura na boca do estómago , presión na gorxa e tremores na cara.

Sí pode ser que vexa as cousas idealizadas , como unha pequena esperanza , intentando frustradamente buscarlle unha alternativa a todo, e un lado positivo, cousa que non daba resultado aparente. Esa era a meta.
Comezou este blog como dín que comezou o noso universo, cunha grande explosión, foi un día 14 de Decembro do 2009, un día soleado no que o mar bombeaba ondas.
O tempo pasa " non se detén cando pechas os ollos", din que os mellores pensamentos as mellores decisións tomanse cando estas en plena ación, pode ser, pero teño as miñas dúbidas.

Pode ser tamén .que dende a primeira entrada metera a pata ata esta última que aquí desenrolo,explicome:
Non me gustan os blogs demasiado persoais ainda que sexan de temas que me gustan non sei non lles interes, outros que vexoo como un chiste son os miles de blogs de deportistas amateurs que pretenden lucirse -non sei con que pretexto- poñendo as súas marcas , os seus records persoais, o número de kilometros que teñen acumulados en X meses, pareceme bastente curioso, e respetable, pero hai varias preguntiñas que me rondan a cabeza pensando no meu blog e neso mesmo.

Metería eu a pata nese sentido? Irei contra os meus propios gustos?

A verdade e que vendo dende "fora" o blog, case non ten conexión unha entrada con outra, tampouco é un blog adicado a un deporte, a unha temática específica, basicamente será polas miñas inquietudes que non se centran nunha cousa sola, "maestro de nada , aprendiz de todo".

Tuben que poñer debaixo da cabezeira unha frase para lembrarme eu mesmo de que iba esto
"Un blog adicado a calquera tema relacionado coa natureza e o deporte e tamén algo de amor ao saber."



Todos temos as nosas historias , motivacións metas na vida (ou non) , "somos tantos como distintos". Pode verse reflexado en todas as cousas que facemos na vida, pode verse nas contendas de taberna que tanto me gustan, ata na forma de camiñar pola rúa.


Chegou un punto que teño tantos borradores gardados aquí que parece que estubera esribindo unha enciclopédia de textos inconexos, unha chea de borradores con datas tan alonxadas no tempo que os temas dos que pretendia falar xa están cadúcos.

Este blog estaba pensado para durar 2 entradas como moito, o último coletazo, dúas entradas para desafogarme e punto, e agora dous anos despois que saco en claro de esto.... Está claro que non me supón unha pérdida de tempo, as entradas non son nin complexas nin con moita chicha, escribo no momento e así como ven así se queda, e si non quero poñer nada máis queda no caixón dos borradodes esperando a ser aberto, ainda que sexa para buscar frases.

Non sei , a verdade, esto parécemene un exercicio de bipolarísmo, un tanto banal, gústame e non , pecho o blog pero non , a quen lle interesa o que poño aquí...
Miro a pestaña onde pon "estadísticas" e pareceme increible , as veces digome "a metade das entradas son miñas" ainda que sei perfectamente que entro cando escribo, e decir poucas veces. Miro a procedencia das "visitas" case todas de españa e outras de países tan alonxados como EEUU, menos mal que se me da por "escribir" en galego, debe ser por eso que temos emigrantes por todos os recunchos ou as ips dos meus amigos rotan por todo o mundo...


Un borrador :



Maybe I've seen too many movies you know.

"La pistola está en mi mano , fría, inerte. La percuto [eh! se trata de "nosotros"] , digo lentamente "presta mucha atención, mis ojos está abiertos" introduzco el frío cañón de la pistola entre mis pútridos dientes y apreto el gatillo, el proyectil atraviesa mi carne como una flecha , certera e imparable, la piel se agita por la onda expansiva, mi cuerpo inerte cae sobre una silla de plástico, la típica silla de oficina, el casquillo suena como el último movimiento de una pieza remota compuesta por el virtuoso Rachmaninoff retumbando por todo el edificio.

La sangre caliente brota de mi cuello, el disparo no fue certero, el olor a carne quemada se apelmaza en mi pituitaria me pregunto "¿Qué es ese olor?" Mi amado alter ego, mi idealización de mí mismo, se desploma ante mí y desaparece para siempre, solo, desamparado en el vacío, veo una luz, la luz del ascensor abriéndose, estoy vivo, me levanto y oigo gritos, solo es mi conciencia, nada más. Me repito una y otra vez, mueres cada noche para resucitar cada día , pero eso ya no funciona, simplemente es un cuento de viejas, una motivación para personas poco sesudas, un engaña niños, lo mío es más grade es perfecto. Oigo por un instante una simple palabra " Tú" retumbando en mi cabeza , en el fondo , allí donde se generan los sueños de esta mal nacida sinrazón, y sigue, "tú eres un carbón", y sí, digo que sí, digo que lo soy, soy ese, ese lunático que sueña con el fin del mundo, con vivir libre , con volver a ser un animal ´[no se como el cabrón sigue en pie, es un cabrón muy fuerte], "pero porqué, has intentado matarte", " no pasa nada , escúchame , ahora escúchame, mírame, te aseguro que estoy bien, confía en mí", miramos por la ventana y el cielo era hermoso, la silueta de los edificios estaba iluminada por el fuego que los consumía, comprendimos que estábamos fuera de lugar, como si nos bajásemos del carro del tiempo y observáramos el transcurso del tiempo fluir libremente, fuera en la distancia, pero eso se acabó en el justo momento en que se subió a ese vagón del tiempo y yo me quedé sentado en la acera, con las palabras del vagabundo de la esquina que viera el día anterior, "mejórate campeón", se fue y no volverá. "Nuestros padres fueron modelos de dios, si nos abandonaron que dice eso de dios" "tienes que aprender a rendirte, y pensar que algún día morirás" puede ser que mueras ahora mismo, que te gustaría hacer si fueras a morir en este justo momento, si no lo sabes es que tu mundo se reduce a la no existencia, al no ser , no creer y no estar, si tu último pensamiento es nada es que no , no eres. Olvídate de todo. Y en un instante, suena el despertador, bienvenido a la vida. Entonces empecé a correr, y corrí , corría más y más y mi sangre se transformó en ácido de batería y luego corrí hasta que mi corazón dijo para , pero no pude detenerme. No pude."

"Me detuve. Mi corazón se comprime de la misma forma que la lata de tu refresco de moda favorito, con ese mismo sonido metálico, rescrebajandose dulcemente. Mis articulaciones suenan como las puertas de una antigua prisión, un sonido sordo, implacable, el mismo sonido que hacía saltar las lágrimas del recluso recién llegado, con su cuerpo plagado de hematomas, hematomas como los míos propios que me adornan como guirnaldas de navidad .

Pienso, "el tiempo es un circulo, no tiene ni principio ni fin " para que sirven entonces esas letanías clericales que adoctrinan la mente y preparan el espíritu para la muerte , puede que las soluciones a todos estos rompe cabezas estén escritas en el cielo por encima de las nubes, donde siempre luce el sol, pero mi vista está clavada en el suelo , que idiota.

Si te digo la verdad, joven, me importa una puta mierda tu vida , tus intenciones. Y con esto no quiero que pienses que soy el típico tío "soy sincero por lo menos" , no, soy un cabrón ,de pies a cabeza, sin más. Y en este instante podería escupirte a la cara y seguramente en un futuro me lo agradecerías, complaciente, como un yonki ante su camello, ese mismo camello que te golpea ,humilla y maltrata pero tu suplicas por esa chispa que te enciende la máquina otra vez. Patético.

Ahí estas, sentado en el segundo peldaño de la puerta del inmundo bar, con tu semblante de vampiro que ansía ver la luz del sol, triste y desamparado, pero no das pena ni al más samaritano que pasa por delante de ti, incluso se vislumbran sonrisas. Yo, postrado ante ti en la distancia te analizo, como de costumbre, pienso " pobre, lástima de vida, eligió el mal sus cartas o simplemente las usó como posa vasos, te desprecio, que pérdida de tiempo".

Ahí estas , impasible, tu odias tanto como el mundo te odia a ti, día tras días tu meta más preciada es llegar al día siguiente maltrecho a trabajar, a ese trabajo de subsistencia , lo mínimo para comer, el reintrego para fumar beber y drogas, una inversión cojonuda en la seguridad social. Caso clínico de la morgue universitaria, "esto negro como el betún con aspecto de esponja es un pulmón" ruido de bolígrafos y toses de fondo, "esto de aquí, perfectamente diseccionado en finas lonchas, es un cerebro, por cierto también esponjoso". Ese cuerpo que tienes como soporte , como andamio, ahora perfectamente estibado en recipientes de cristal y bañados en delicado formol, todo claro debidamente catalogado y clasificado.Eso en el mejor de los casos. Elige la vida."














Se eu mesmo dudo de que é esto ,entón que é Soños dun Plantígrado?
Contesta tí.

domingo, 28 de agosto de 2011

Trail Galiñeiro

(click na imaxe para ver máis grande)

Chegamos sobre as 15:30 da tarde as inmediacións do Monte Galiñeiro, exactamente en Vincios, onde xa estaba todo o petate montado, o típico ambiente pre carreira, un ambiente animado cheo de boas caras no que se respiraba un moi bo rollo., carpas, grifos de cerveza...
Alí cerca da saída coincidimos eu e meu amigo e compañeiro de carreira Jorge, cun facebook-amigo meu, Lolo Díez, unha grata coincidencia, despois de falar rápido diriximonos hacia o coche para cambiarnos, recollemos o dorsal , e curiosamente non nos dan imperdibles para o dorsal, estamos bastante tempo buscando imperdibles, intentando tamén atopar unha alternativa aos impertidibles (miles de historias se nos pasan pola cabeza) , pregunátamos a un amigo, Paco, se el ten pero non está seguro de que teña, seguimos na búsqueda cando conseguimos que os de Staff nos den 9 imperdible que tiñan curiosamente nunha caixa que facía funcions de botiquín, coas suas vendas de crepé e todo material para repara pequenas incidencias.


(click na imaxe para ver máis grande)

Unha vez na saída e baixo un sol abrasador (17h de agosto), a cousa comenza a animarse máis, como un enxambre de avispas axitamonos ao ritmo dun dos temas tan sonados neste verán (un de eses temas pegadizos que tanto odio), xusto enfronte do avispeiro de corredores hai un grupo de rapazas disfrazadas de cheerleaders cos seus pompons , facendo unha coreografía. Por megafonía avisan que o trazado ten varais partes "de risco extremo" nas que temos que extremar (nunca mellor dito) as precaucións "xa que poden producirse acidentes graves", o meu primer pensamento foi "non vai ser para tanto fijo", uns kilómetros máis adiante tragaríame as miñas propias palabras, como soe pasar nestes casos.

Comeza a carreira coa típica conta atrás "haber se non atopamos moita auga que a estes encantalles meternos por auga, como no Courel coa auga pola cintura" "non salgas como un animal que xa nos conocemos" , saímos escopeteados monte arriba, cruzando un regato (debuxaseme un sorriso na cara recordando a frase anterior) e as míticas laxes de pedra, toda unha boa subida, pero diante nosa levantabase o Monte Galiñeiro coas súas preciosas pedras e o seu caos granítico, como un totem de pedra observanos baixo o sol das cinco e dez . A primeira subida faise dura polo calor principalmente non polo desnivel, unh avez pasado o primeiro tramo dámonos conta xa realmente que temos uns 9 kilomnetros de subida moi complicada na que case non podemos correr, e máis deixamos de correr para poñernos a escalar, esta era a zona que avisaban na saída, unha auténtica trepada. "El hombre está diseñado para correr y trepar" Kilian Jornet

Durante esa segunda e agotadora subida, vamonos atopando un panorama subrealísta, alí por onde as cabras suben afincando ben os pezuños estaban as cheerleaders de antes, animando a todos os corredores,increíble "pero como chegaron aquí saltaron en paracaídas ou que!!?", xa case arriba o panorama tornoume máis psicodélico cando vin a un home duns 40 anos disfrazado de cheerleader e metidiño en carnes, "agora si que esto é subrealísta" -" tranquilo que cando cheguedes arriba danvos unha pastilla para que vos pases as alucinacións " dime o cheerleader.

(click na imaxe para ver máis grande)

Unha vez arriba (onde eu pensaba que estabamos arriba de todo) , xa que pasaramos por diante das placas e da via bismark, o recorrido torciase máis a esquerda enfilando por un paso que nos conducia arriba de todo (onde é realmente), xusto rematada esa subida fixemos un pequeno cambio de ritmo para subir por unha laxe de pedra (ainda ibamos nun bo grupo,bastante diante entendase), ahí o meu corpo por culpa de comer mal o día anterior dou un aviso, o que fixo que me maeara un pouco e vira borroso uns segundos, o meu compañeiro notou que non estaba alá moi ben , "eii! estas ben!?" escoitabao, pero escoitabao como se estibese alá no fondo dun pozo, ata que volvin un pouco en min, e dixen "sí, vamos non hai fallo", o calor apretaba como era previsible, o corazón bombeaba con todas as súas forzas e sentía cada latido na garganta e na sien, uns latidos potentes e rápidos, sonaban como as vellas locomotoras de vapor, imparables -"ei tio estas pálido"-"tranqui non pasa nada ti tira", a ``pájara´´ era descomunal, e solo tiñamos enriba 9 kilometros, a brisa axudaba a recargar un pouco o corpo, pero correr era complicado, primero pola xeografía que non permitia correr correr, e outra polo meu estado físico.

"Que! Que vai sonando nesa cabeza?"-"Nada en branco vai" entón play:



Os camiños iban discurríndo con naturalidade, como o fai a auga , buscando o mellor recuncho, así nos movíamos, sen cuestionar ningún paso , mirando onde pisar o xusto e necesario.

Comezamos a baixar , detrás nosa viñas dous agonías, típicos corredores de asfalto obsesionados polas marcas e polos datos, repetindo unha e outra vez que era durísimo que calculaban que sería mogollón de horas, que a media non sei que blablablablablablablablablabla, eran como dúas moscas cojoneras, non paraban, destas moscas que intentas espantar e molestan o doble, apuramos o paso na baixada para deixalos atrás, máis ben deixamonos caer, entre toxos e brezos, que ocultaban pedras afiadas, as que fan que me dobre o tobillo esquerdo 3 veces, peor deber ser que teño os tendons super elásticos e non noto nada.
Notábame xa recargado e ese tramo ata o primeiro avituallamento foi moi bo, chegamos ao kilometro 10, que para nos era como o kilómetro 100 sobre todo polo calor , parecía ou esa era a sensación de que recorreramos unha barbaridade de tempo, e polo tanto de kilometros. Alí bebemos apurados comemos unhas naranxas e enfilamos outra subida máis moi facilona , para logo baixar por unah zona recen desbrozada, coas súas ramas tan chistosas por todas as partes (prefiro os toxos) e atoparnos outro avituallamento este no kilometro 12, cousa que non tiña sentido, tendo un avituallamneto xusto ao lado. Alí máis que beber collemos algunha barrita enerxética e seguimos dandolle, noto que o meu corpo debe andar sobre un 70% e decir iba fodido de carallo, pero contento e recupernado.

(click na imaxe para ver máis grande)

Tíñamonos que ir dosificando forzosamente, en varios tramos sufrimos moito, eu coa ``pájara´´ que tiña eu o meu compañeiro cun problemilla de cuadriceps, pero o paisaxe axudaba a disiparse mentalmente xa había cambiado tantas veces que parecía que estabamos noutro sitio, de pasar da zona puramente de montaña, a pasar por unha senda rápida de fina herba cuns muíños e o correr da auga ao noso carón ata chegar a un lago, nestas zonas parecíame que estaba polos meus recunchos de adestramento (siradella e armenteira) os paisaxes era moi parecidos.

Chegamos a outra baixada potente neste caso bordeando unha pequena cascada para enfilar polo medio e medio do cauce dun río seco, coas súas pedras tan grandes como colectores do lixo, facendo un esforzo, e cun mapa que atopamos polo camiño, asegurmanonos de onde estabamos realmente , a 3 kilometros do último e tan deseado avituallamiento.
Chegado alí, encharcamonos de auga e comemos naranxas como se fosemos náufragos que atopan a súa primeira comida despois de meses de travesía oceánica, "venga chavales que solo teneis 3 kilomentros por deltante y son cuesta abajo".
Comezamos a correr, enfilamos o camiño con máis decisión dentro das nosas circustancias, eu xa había case unha hora que estaba disfrutando da chegada a meta e dunha merecida ducha, estaba totalmente abstraído.
Xa víamos a chegada a meta, "ata agora foi morte, pero ahí está a gloria" " claro, non escoitas os aplausos xa?" e defeito atopábamonos a menos de 500 metros da meta máis subrealíasta que tuben. Pasamos o último tramillo e enfilamos a meta, as cheerleaders de antes estaban animandonos coa misma canción coa que saíramos na carreira pero desta vez facíannos un pasillo de entrada, tiñamos que entrar en meta cun sorrisos si ou si. Cruzamos as cheerleades e fundimonos nun abrazo , satifeitos e cheos de gloria, de gloria persoal.
Entramos na zona de corredores, onde xa estan os bichaz@s,recollemos a camiseta conmemorativa da carreira e pensando en ducharnos e marchar cando vemos como levan comida para unha mesa xigantesca ,ensalada de pasta, zorza, lomo, pan, bebidas...Cruzamos unha mirada un o outro e xa nos botamos enriba daquela mesa comos e fosemos gaivotas, comemos ata fartar e recuperamos a enerxía que deixarmaos polo monte arriba.

A conclusión :FOI A HOSTIA! o meu querido amigo e compañeiro de carreira jorge extrenouse no trail running e extrenouse ben, naceu un yonki máis das carreiras de montaña.

A organización de un 10.

Fago referencia a Plataforma pola Proteción da Serra do Galiñeiro que estaba alí presente, facendose oír, loitando contra a destrución desta fermosísima serra.

Destacar tamén a participación de tantos bicha@s, Lolo Díez, Fernando Arca, Daniel Bargiela...e o equipo salomon portugal.

jueves, 11 de agosto de 2011

La historia de todos os veráns


Como sabedes todos os veráns se monta o mismo chiste/show, con que si surfistas na praia si, surfistas na praia non.

A día de hoxe xa son varios e contados os casos de que os socorristas do concello de ogrobe "informan" da prohibición da práctica do surf na zona de baño delimitada polas boias amarelas.
Como eles e vós deberedes saber, os socorristas solo poden informar, non poden sacar a xente da auga, e aclaro esto porque non vos será extraño que os policias municipas de ogrobe se vos acerquen cos socorristas sexa por mar ou por terra para sacarvos fora da auaga, tamén aprobeito para informarvos que vos poden denunciar por estar na zona de baño surfeando.

Esta prohibición ven marcada por unha normativa e apuntillada pola badeira azul (que somentes é un galardón a para pero cunhas condicións: vixiancia, auga limpa, señalización....)

Esa normativa é o Plan SAPRAGA ( Actualizado pola resolución do 22 de maio do 2001, da Direción Xeral de Interior e Proteción Civil, e homolagado pola Comisión Galega de Proteción Civil - DOG 118 do 19 de Xuño de 2001).

Cito textualmente do plan sapraga:

Obxectivos do plan : Redución dos sinitros nas praias galegas máis perigosas e con máis alta demanda de usuarios.

Punto 3 Zonas de Risco: [...] Así mesmo pódese considerar como factor de risco nas praias a práctica de deportes náuticos preto das zonas de baño polo perigo que representan as moto acuáticas, embarcacións de recreo, táboas de surf, etc... para os bañistas. Este tipo de risco pódese reducir balizando as zonas de baño [...] As liñas a seguir neste sentido, así como ás relativas a seguridade, serán dictadas polas capitanías marítimas que teñan competencia na materia a través dos comites que se crearán de acordro coa lexislación vixente.

Según esto, non se poderá facer surf dentro da zona de baño a non ser que esté acotada debidamente.

No caso máis chocante , que é o da praia da Lanzada, pertencente a dous concellos , O Grove (case 3 kilometros de praia) e Sanxenxo (300 metros), a bandeira azul desta praia pertence a O Grove, os socoristas do servicio municipal de socorrismo e reforzado por voluntariado de Proteción Civil de O Grove, está como ben dixen liñas arriba, a todos os surfistas ,agás aos corcheiros, de que está prohibida dita práctica, e indicanlles que a zona de surf é a parte de Sanxenxo.
Este último concello, aparte da normativa que afecta a todos so concellos por igual, sapraga, ten un bando municipal relativo as praias, nas que se menciona que toda actividade que moleste aos usuarios da praia quedará prohibida, pero encanto a surfitas a actuación é complentamente distinta, exemple de elo está na praia de Foxos, próxima a Lanzada, onde se delimita a zona para surfista con bandeiras vermellas prantadas na area (a zona de surf é entre as dúas bandeiras), este feito fai que a convivencia entre surfistas e bañistas sexa "armoniosa", cousa que non pasa na Lanzada.
O problema é a discrepancia de criterios dun servizo dun concello con respecto do outro, por dita "tolerancia" por parte do concello de Sanxenxo , fai que o concello de O Grove derive aos surfitas as súas praias.
Baixo o meu punto de vista na praia da Lanzada é totlamente viable a señalización movil de zonas para surfistas, non vexo lóxico que en 3 kilometros de praia, non exista unha zona apta para dita práctica, por elo a día de hoxe conglomeranse na parte de Sanxenxo que é pouco menos de 300 metros, surfistas , escolas de surf e bañistas.

Por último un apuntamento que saco do plan sapraga, "Non poderá estar na zona de baño embarcacións, nin obxectos flotnates propulsados a motor ou a vela" .

Cando estas nadando cunah tabla de surf debaixo do teu peito estas facendo surf, ou estas desprazandote cunha táboa de surf ??



Con todo esto non critico a ningún traballador de ningún concello dos aquí mencionados, pidese máximo respeto a todos os traballadores.

martes, 26 de julio de 2011

O método U , o negocio do verán




N.A: Suxirese tomalo con humor


O negocio do verán:


O negocio do verán son as escolas de surf, comenzou algunha que nin vou nombrar e pouco a pouco comezaronse a multiplicar como coellos.

Tod@s sabemos que a praia exerce como un gran imán sobre na xente ligada ao surf, windsurf... pero non sei que atrae tanto as escolas de surf para poñerse sempre todas -as 4 que hai- no mesmo sitio, ou na lanzada (no pico) ou en foxos (a esquerda de todo).
Creo que se debe a algunha cousa relacionado co campo gravitacional da terra ou algo así, se non non ten explicación que todas as escolas se poñan no mesmo sitio estorbandose mutuamente, e polo que se pudo ver o outro día case chegando as mans diante dos seu queridos alumnos, un expectaculo auntenticamente bochornoso, tan bochornoso que se tubo que personar a Garda Civil na praia.

Pode ser que este negocio do verán, por non chamarlle o negocio do século, está comezando a xerar roces en elementos pirofóricos , non sei cal é o motivo, nin me importa.

O outro día eu e un amigo vendo un dos panfletos dunha das escolas botamos un cálculo rápido, o resultado foi , entre material seguro blablablablablabla e monitor e jiji e jaja, de ganancias con 19 crios durante unha semana salían 2000€ (según o noso cálculo claro)

TACHHHHHHANN!!!

Quen se pode resistir a semexante botín?? Como se hai que insultarse , pegarse ou acuchillarse na praia diante da atónita mirada de alumnos e proxenitores.
Non critíco este traballo que é hornado ,somentes critico a aptitude de algúns mal chamados "monitores".

O método U:

Método é unha palabra que proven do término grego methodos (“camiño” ou “vía”) e refirese ao medio utilizado para chegar a un fin.

U é a vixésima cuarta letra do alfabeto español, a vixésima primeira do orden latino internacional e a quinta (e última) vocal.


Este método é simple na súa execuciónata o máis cara de cemento o pode exercer, non é un método pedagóxico utilizado con normalidade por profesinais da docencia, entendamos como profesionais da docencia a maestros, profesores, e axudantes técnicos varios, dentro deste gran expectro profesional incluo os monitores ( de ocio e tempo libre, deportivos, etc).

Para non ser un método moi empregado polos profesionais -e reclaco, con fins pedagóxicos- é extendido no gran negocio mencionado liñas arriba, moi extendido por certo.


Pasos para seguir o método:

1 Breve charla

2 Todos no mar

3 Na primeira onda que colla o alumno (que sexa arrastrado malamente) berrar UUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUU

4Durante o berro podense engadir aplausos e carantoñas , se podes facelas ao mesmo tempo que te xiras o método é máis efectivo chega a máis alumnos

5 Engadir en cada frase a palabra tio, polo baixo 10 veces, vexase exemplo : "Bien tio, que buena tio, cojonudo tio eeh tio casi tio, la próxima tio vas a ir mejor tio"

6 Chiiiiiiiinnnnn


-------------------------------------------------------------------------------------------------



Quen se apunta a montar unha escola de petanca na praia??

sábado, 16 de julio de 2011

Superación

Team Hoyt composto por Dick Hoyt e o seu fillo Rick Hoyt é un dos maiores exemplos de superación que coñezco, Rick Hoyt naceu co cordón umbilical enredado no pescozo o que produxo unha falta de oxíxeno no cerebro que derivou nunha parálisis. Os médicos afirmarón que sería un vexetal toda a súa vida , a idade de 12 anos conseguiu falar axudado por un ordenador, o primeiro que dixo foi : Vamos Bruins! , Bruins en realidade Boston Bruins é un equipo de xoquei sobre xeo, esa frase foi o detonante para que os seus pais se deran conta de que era un forofo dos deportes, que o motivaban e lle axudaban física e sobre todo mentalemnte.

Dick Hoyt tubo unha idea, competir co seu fillo en distintas carreiras , comezarón cunha carreira pedrestre de 5 kilometros , Rick nunha cadeira de rodas empuxada polo seu pai.
Nesta primeira carreira Dick reafirmou a súa acertada teoría , e comenzou a buscar retos maiores nos que puderan competir xuntos el e seu fillo.
Despois de varios triatlóns vironse con forzas para afrontar o proba por extecencia, en canto a resitencia física, o IRONMAN (consiste en nadar 3800 metros, ciclísmo 180 kilometros e carreira a pé 42,2 kilometros) e non solo foron a un IRONMAN se non a 6! e conseguiron gañar a afamada medalla de Finishers en todas as edicións as que foron.





martes, 31 de mayo de 2011

CANS

Canis Lupus Familiaris





A relación dos cans e os seres humanos e curiosísima, e máis ainda os comportamentos de moitos destes animais con respecto ao home. Todos sabemos ou por cultura xeral de boca a orella ou pola TV ... historias sorprendentes de cans tranformados en héroes, algunhas ficticias outras semexan de guión cinematofrafico.
A amistade destes animais é infinita, pese que ainda de hoxe hai miles de maltratos e abandono por parte de desamlados que non merecen -baixo o meu punto de vista- o aire que respiran , e por certo , somos o país da UE máis permisivo con respecto ao malatrato animal, en países como Reino Unido teñen leis anti maltaro animal datadas no século decanove...
Eu persoalmente teño un "problema" non soporto ver o maltrato animal sexa como sexa, incluso na ficción do cine , cando estou vendo unha película na que sae algún maltrato non podo vela, e máis normalemte poñome bastante "alterado" e apago a tv, pasoume con amores perros xa na primeira escea, ahí case sae mal parada a televisión.




O primeira das historias de cans é a de Moro, coñecido como o Can do Mustallar (O Piornedo, Ancares)*O mustallar é un dos picos máis altos da nosa xeografía

É un can negro grande entre o tamaño dun pastor aleman e un mastín (un tamaño intermedio entre ambas razas), o curioso deste can é que é un dos cans "guías" do pico Mustallar. O noso contacto con el foi nas vellas casetas de pastores que hai antes de chegar ao Mustallar, alí viña el cuns amigos canidos e un home que estaba facendo a mesma ruta ca nós, Moro quedou atrás con nós mentras que o home despois de saudar seguía a diante, berramoslle que lle quedaba un can atrás pero contestou que non era del que era un dos cans do pobo.
Subeu con nós ata o cumio do Mustallar e acompañounos ata a chegada o pobo, cada ves que un de nós se quedaba un pouco retrasado, esperaba no camiño coa mirada clavada a que nós reagrupabamos ou incluso botaba unha carreira para alcazar o rezagado, ningún de nós viramso semexante cousa e pensábamos que eramos os únicos que tuberamso semaxante contacto e experinecia con este can, peor despois de mira un pouco pola rede resultou que nós eramos uns de tantos que tuberon axuda deste guía das montañas dos Ancares.



Un video que atopei pola rede deste can (un de tantos):





A segunda e última historia é ainda máis curiosa se cabe, tratase dun can grego apodado Kanellos (en grego: Κανέλλος ,significa "canela" ) é un can vagabundo que deambulaba polas rúas da capital grega, no 2008 durante as protestas dos gregos contra os recortes sociais que fixo o seu goberno "pola crise"- producironse diversos disturbios por todo o país- , a historia comenzou concretamente cos periosdíastas gráficos de Antenas, ao revisar as fotografias das contendas percataronse que sempre aparecía un can, ao principio non lle deron moita importancia, pensaban que era unha coincidencia, ata que ese pequena e cuadrupeda coincindencia foi xeralizada en todos os carretres , todos os periodáistas posuían unha fotografía de dito animal, moito decía que eran distintos animais que non sempre era o mesmo can, pero vendo as imaxes que circulan pola rede a min persoalmente pareceme o mesmo , e si non o é eu seguirei pensando que sí.
Kanellos foi aculmado así polos periodístas polo seu cor cercano a Canela, outros chamaronlle The Riot Dog ( O can dos disturbios).

No que coinciden todos é de que é un can e non unha cadela, xa que o gobernos Anteníense puxo colares de cor azul aos cans e colares de cor vermello para as cadelas, este sistema de indentificación é parte dun programa de control poboacional de cans vagabundos.




Este can en parte simbolizou esas protestas que deron volta ao mundo e que se contaxiaron por países como Alemania, Italia, Francia, Reino Unido... foron todas protestas de caracter violento,o máis puro estilo Black Bloc. En España polo contrario tardou en chegar o virus sublevador ,3 anos, pero chegou cun espíritu pacifista, e tamén con algún que outro can activista máis anónimo.

miércoles, 25 de mayo de 2011

Maio.


Non fai moito no tempo, eramos un animais recolectores e cazadores, un grupo no que cada individuo dependia do outro. A civilización truxo consigo a individualización do ser humano, chegan a extremos que cando se aptua en conxunto, pensase individualmente.

Cos acontecementos que estuberon e están ocurrindo co movemento 15 de maio, a gran crítica centrase nos políticos, nos nosos lideres que supostamente nos representan. Antigamente, remontandonos aos tempos mencionados antes , cando o home coesistia coa natureza, cando o home ainda era un animal e non tiña vergoña de selo, os líderes eran os máis fortes os máis inteleixentes, e normalmente os máis ancians, os que tiñan máis expreriencia.
Ahora mirando o equivalente daqueles líderes, solo podes ver a xente que nunca traballou coas súas mans, que nunca fixo nada que non fose en términos estudiantis (no mellor dos casos), falta ese espiritu curtido de quen loitou e traballou para chegar ahí, falando en térm¡nos xerais e sacando as poucas excepcións. Que pasaría se un político sexa do ideario que sexa, chegou ahí polo seu sudor, e non polos favores e amistades que se foi facendo e labrando polo camiño, un home que supera o que é estás na parte mási baixa, do mal chamdo sistema, e fora con traballo duro subin pasiño a pasiño, non teríamos unha clase política máis cercana ao pobo, que estes dirixentes acutuais que naceron na opulencia cal burgues dos anos vinte, coa comida xa masticada e dixerida.

Un exemplo da nosa clase política: "La candita del Partido Popular de L'Alfàs del Pi (Alicante) intentó impedir el pasado domingo que una minúsvalida votara en su colegio electoral."
O video :


"No vota, no vota. He dicho que no vota"

O movemento 15 de maio, coñecido tamén como Democracia Real Xa! é o sentimento individual que chega a masa, gracias a este gran proxecto de anarquía chamado Internet, unha vez máis fai que eses pensamentos individuais, que o información pura e cruda chegue a masa.
As protestas que antes eran dignas das mellores tascas e tabernas, ahora xa pasan as rúas, rúas que claman , que esixen cambios.
Nas caras dos polícos ainda se poden ver perfiladas sorrisos irónicos, sorrisos de pais vendo ao seu fillo decindo as súa primeira "palabrota", que confundidos están, que tontos cegos que solo miran como voan avións no ceo.

A indignación é un sentimento cercano ao odio e a violencia, eses sentimentos que nublan o sentido e non deixa ver con claridade, pero por unah vez, este sentimento -e máis no caso de este país tan acostumado ao letargo e ao pasotísmo- non derivou en violencia, todo o contrario , estase facnedo un exercicio de democracia increible, toda unha lección para os nosos políticos como para o resto de países.
A indignación contaxiase tan rápido como a famosa gripe de laboratorio h1n1, as embaxadas españolas en todo o mundo son centros de manifestacións, países como grecia están copiando este sistema de protesta, os islandeses que foron os primeiros en facer estas revoltas, miran con orgulo e envian consellos, este movemento está pasando ou xa pasou a outro plano, a protesta espandese. Hoxe por hoxe e co remate das eleccións a prensa como non podía ser doutro xeito intenta non mencionar que ainda quedan cidades con campamentos.
Intentase enfriar e parar non darlle continuidade e afogalo mediante o oscurantísmo informativo. Despois das eleccións municipais parece que tamén non se lle quere dar moito bombo aos pobos nos que o voto en branco e nulo fixo "estragos" nos que non se poderá formar goberno, exemplo de isto é o pobo vasco de Aduna, un comentario a noticia pon isto "¿Y sobreviven sin partidos ni concejales, ni alcalde, ni nada? Vaya por dios... que la gente no lo sepa o empezará a preguntarse cosas, y eso es malo para el sistema, ¿verdad?" Estas frases resumen moi ben o que pasa nesta sociedade , cando alguen -neste caso un pobo enteiro- se "desmarca" un pouco do sistema é silenciado polos medios de comunicación máis grandes e con maior diusión, e si a xente non se entera non pasou nunca nada...
A miña conclusión é a seguinte: Os políticos non lles queda outra que subirse ao carro do pobo e ir na dirección que eles marquen, cando os de abaixo se moven eles caen. E gustaríame ter políticos que realmente o currasen para chegar a ser un lider non un pele como so que temos hoxe as ordes das entidades privadas dos colegas dos maletíns e da banca, e tamouco o políticos escoria como a señora candidata a alcaldesa do video de antes, nin os políticos que acarrexan votos. O absentismo, o voto nulo, o voto en branco, debería ter mási repercusión, xa que eso é a indignación ir contra ese sistema electoral, claro está que como ben dín as xentes máis politizadas "con iso non se cosegue nada", non se consegue nada polo mero feito que a clase política e deste sistema electoral importalle unha merda que voten 10 persoas que 4000, e non é o mesmo.