"Mi testigo es el cielo vacío"

jueves, 11 de agosto de 2011

La historia de todos os veráns


Como sabedes todos os veráns se monta o mismo chiste/show, con que si surfistas na praia si, surfistas na praia non.

A día de hoxe xa son varios e contados os casos de que os socorristas do concello de ogrobe "informan" da prohibición da práctica do surf na zona de baño delimitada polas boias amarelas.
Como eles e vós deberedes saber, os socorristas solo poden informar, non poden sacar a xente da auga, e aclaro esto porque non vos será extraño que os policias municipas de ogrobe se vos acerquen cos socorristas sexa por mar ou por terra para sacarvos fora da auaga, tamén aprobeito para informarvos que vos poden denunciar por estar na zona de baño surfeando.

Esta prohibición ven marcada por unha normativa e apuntillada pola badeira azul (que somentes é un galardón a para pero cunhas condicións: vixiancia, auga limpa, señalización....)

Esa normativa é o Plan SAPRAGA ( Actualizado pola resolución do 22 de maio do 2001, da Direción Xeral de Interior e Proteción Civil, e homolagado pola Comisión Galega de Proteción Civil - DOG 118 do 19 de Xuño de 2001).

Cito textualmente do plan sapraga:

Obxectivos do plan : Redución dos sinitros nas praias galegas máis perigosas e con máis alta demanda de usuarios.

Punto 3 Zonas de Risco: [...] Así mesmo pódese considerar como factor de risco nas praias a práctica de deportes náuticos preto das zonas de baño polo perigo que representan as moto acuáticas, embarcacións de recreo, táboas de surf, etc... para os bañistas. Este tipo de risco pódese reducir balizando as zonas de baño [...] As liñas a seguir neste sentido, así como ás relativas a seguridade, serán dictadas polas capitanías marítimas que teñan competencia na materia a través dos comites que se crearán de acordro coa lexislación vixente.

Según esto, non se poderá facer surf dentro da zona de baño a non ser que esté acotada debidamente.

No caso máis chocante , que é o da praia da Lanzada, pertencente a dous concellos , O Grove (case 3 kilometros de praia) e Sanxenxo (300 metros), a bandeira azul desta praia pertence a O Grove, os socoristas do servicio municipal de socorrismo e reforzado por voluntariado de Proteción Civil de O Grove, está como ben dixen liñas arriba, a todos os surfistas ,agás aos corcheiros, de que está prohibida dita práctica, e indicanlles que a zona de surf é a parte de Sanxenxo.
Este último concello, aparte da normativa que afecta a todos so concellos por igual, sapraga, ten un bando municipal relativo as praias, nas que se menciona que toda actividade que moleste aos usuarios da praia quedará prohibida, pero encanto a surfitas a actuación é complentamente distinta, exemple de elo está na praia de Foxos, próxima a Lanzada, onde se delimita a zona para surfista con bandeiras vermellas prantadas na area (a zona de surf é entre as dúas bandeiras), este feito fai que a convivencia entre surfistas e bañistas sexa "armoniosa", cousa que non pasa na Lanzada.
O problema é a discrepancia de criterios dun servizo dun concello con respecto do outro, por dita "tolerancia" por parte do concello de Sanxenxo , fai que o concello de O Grove derive aos surfitas as súas praias.
Baixo o meu punto de vista na praia da Lanzada é totlamente viable a señalización movil de zonas para surfistas, non vexo lóxico que en 3 kilometros de praia, non exista unha zona apta para dita práctica, por elo a día de hoxe conglomeranse na parte de Sanxenxo que é pouco menos de 300 metros, surfistas , escolas de surf e bañistas.

Por último un apuntamento que saco do plan sapraga, "Non poderá estar na zona de baño embarcacións, nin obxectos flotnates propulsados a motor ou a vela" .

Cando estas nadando cunah tabla de surf debaixo do teu peito estas facendo surf, ou estas desprazandote cunha táboa de surf ??



Con todo esto non critico a ningún traballador de ningún concello dos aquí mencionados, pidese máximo respeto a todos os traballadores.

1 comentario: