"Mi testigo es el cielo vacío"

domingo, 28 de agosto de 2011

Trail Galiñeiro

(click na imaxe para ver máis grande)

Chegamos sobre as 15:30 da tarde as inmediacións do Monte Galiñeiro, exactamente en Vincios, onde xa estaba todo o petate montado, o típico ambiente pre carreira, un ambiente animado cheo de boas caras no que se respiraba un moi bo rollo., carpas, grifos de cerveza...
Alí cerca da saída coincidimos eu e meu amigo e compañeiro de carreira Jorge, cun facebook-amigo meu, Lolo Díez, unha grata coincidencia, despois de falar rápido diriximonos hacia o coche para cambiarnos, recollemos o dorsal , e curiosamente non nos dan imperdibles para o dorsal, estamos bastante tempo buscando imperdibles, intentando tamén atopar unha alternativa aos impertidibles (miles de historias se nos pasan pola cabeza) , pregunátamos a un amigo, Paco, se el ten pero non está seguro de que teña, seguimos na búsqueda cando conseguimos que os de Staff nos den 9 imperdible que tiñan curiosamente nunha caixa que facía funcions de botiquín, coas suas vendas de crepé e todo material para repara pequenas incidencias.


(click na imaxe para ver máis grande)

Unha vez na saída e baixo un sol abrasador (17h de agosto), a cousa comenza a animarse máis, como un enxambre de avispas axitamonos ao ritmo dun dos temas tan sonados neste verán (un de eses temas pegadizos que tanto odio), xusto enfronte do avispeiro de corredores hai un grupo de rapazas disfrazadas de cheerleaders cos seus pompons , facendo unha coreografía. Por megafonía avisan que o trazado ten varais partes "de risco extremo" nas que temos que extremar (nunca mellor dito) as precaucións "xa que poden producirse acidentes graves", o meu primer pensamento foi "non vai ser para tanto fijo", uns kilómetros máis adiante tragaríame as miñas propias palabras, como soe pasar nestes casos.

Comeza a carreira coa típica conta atrás "haber se non atopamos moita auga que a estes encantalles meternos por auga, como no Courel coa auga pola cintura" "non salgas como un animal que xa nos conocemos" , saímos escopeteados monte arriba, cruzando un regato (debuxaseme un sorriso na cara recordando a frase anterior) e as míticas laxes de pedra, toda unha boa subida, pero diante nosa levantabase o Monte Galiñeiro coas súas preciosas pedras e o seu caos granítico, como un totem de pedra observanos baixo o sol das cinco e dez . A primeira subida faise dura polo calor principalmente non polo desnivel, unh avez pasado o primeiro tramo dámonos conta xa realmente que temos uns 9 kilomnetros de subida moi complicada na que case non podemos correr, e máis deixamos de correr para poñernos a escalar, esta era a zona que avisaban na saída, unha auténtica trepada. "El hombre está diseñado para correr y trepar" Kilian Jornet

Durante esa segunda e agotadora subida, vamonos atopando un panorama subrealísta, alí por onde as cabras suben afincando ben os pezuños estaban as cheerleaders de antes, animando a todos os corredores,increíble "pero como chegaron aquí saltaron en paracaídas ou que!!?", xa case arriba o panorama tornoume máis psicodélico cando vin a un home duns 40 anos disfrazado de cheerleader e metidiño en carnes, "agora si que esto é subrealísta" -" tranquilo que cando cheguedes arriba danvos unha pastilla para que vos pases as alucinacións " dime o cheerleader.

(click na imaxe para ver máis grande)

Unha vez arriba (onde eu pensaba que estabamos arriba de todo) , xa que pasaramos por diante das placas e da via bismark, o recorrido torciase máis a esquerda enfilando por un paso que nos conducia arriba de todo (onde é realmente), xusto rematada esa subida fixemos un pequeno cambio de ritmo para subir por unha laxe de pedra (ainda ibamos nun bo grupo,bastante diante entendase), ahí o meu corpo por culpa de comer mal o día anterior dou un aviso, o que fixo que me maeara un pouco e vira borroso uns segundos, o meu compañeiro notou que non estaba alá moi ben , "eii! estas ben!?" escoitabao, pero escoitabao como se estibese alá no fondo dun pozo, ata que volvin un pouco en min, e dixen "sí, vamos non hai fallo", o calor apretaba como era previsible, o corazón bombeaba con todas as súas forzas e sentía cada latido na garganta e na sien, uns latidos potentes e rápidos, sonaban como as vellas locomotoras de vapor, imparables -"ei tio estas pálido"-"tranqui non pasa nada ti tira", a ``pájara´´ era descomunal, e solo tiñamos enriba 9 kilometros, a brisa axudaba a recargar un pouco o corpo, pero correr era complicado, primero pola xeografía que non permitia correr correr, e outra polo meu estado físico.

"Que! Que vai sonando nesa cabeza?"-"Nada en branco vai" entón play:



Os camiños iban discurríndo con naturalidade, como o fai a auga , buscando o mellor recuncho, así nos movíamos, sen cuestionar ningún paso , mirando onde pisar o xusto e necesario.

Comezamos a baixar , detrás nosa viñas dous agonías, típicos corredores de asfalto obsesionados polas marcas e polos datos, repetindo unha e outra vez que era durísimo que calculaban que sería mogollón de horas, que a media non sei que blablablablablablablablablabla, eran como dúas moscas cojoneras, non paraban, destas moscas que intentas espantar e molestan o doble, apuramos o paso na baixada para deixalos atrás, máis ben deixamonos caer, entre toxos e brezos, que ocultaban pedras afiadas, as que fan que me dobre o tobillo esquerdo 3 veces, peor deber ser que teño os tendons super elásticos e non noto nada.
Notábame xa recargado e ese tramo ata o primeiro avituallamento foi moi bo, chegamos ao kilometro 10, que para nos era como o kilómetro 100 sobre todo polo calor , parecía ou esa era a sensación de que recorreramos unha barbaridade de tempo, e polo tanto de kilometros. Alí bebemos apurados comemos unhas naranxas e enfilamos outra subida máis moi facilona , para logo baixar por unah zona recen desbrozada, coas súas ramas tan chistosas por todas as partes (prefiro os toxos) e atoparnos outro avituallamento este no kilometro 12, cousa que non tiña sentido, tendo un avituallamneto xusto ao lado. Alí máis que beber collemos algunha barrita enerxética e seguimos dandolle, noto que o meu corpo debe andar sobre un 70% e decir iba fodido de carallo, pero contento e recupernado.

(click na imaxe para ver máis grande)

Tíñamonos que ir dosificando forzosamente, en varios tramos sufrimos moito, eu coa ``pájara´´ que tiña eu o meu compañeiro cun problemilla de cuadriceps, pero o paisaxe axudaba a disiparse mentalmente xa había cambiado tantas veces que parecía que estabamos noutro sitio, de pasar da zona puramente de montaña, a pasar por unha senda rápida de fina herba cuns muíños e o correr da auga ao noso carón ata chegar a un lago, nestas zonas parecíame que estaba polos meus recunchos de adestramento (siradella e armenteira) os paisaxes era moi parecidos.

Chegamos a outra baixada potente neste caso bordeando unha pequena cascada para enfilar polo medio e medio do cauce dun río seco, coas súas pedras tan grandes como colectores do lixo, facendo un esforzo, e cun mapa que atopamos polo camiño, asegurmanonos de onde estabamos realmente , a 3 kilometros do último e tan deseado avituallamiento.
Chegado alí, encharcamonos de auga e comemos naranxas como se fosemos náufragos que atopan a súa primeira comida despois de meses de travesía oceánica, "venga chavales que solo teneis 3 kilomentros por deltante y son cuesta abajo".
Comezamos a correr, enfilamos o camiño con máis decisión dentro das nosas circustancias, eu xa había case unha hora que estaba disfrutando da chegada a meta e dunha merecida ducha, estaba totalmente abstraído.
Xa víamos a chegada a meta, "ata agora foi morte, pero ahí está a gloria" " claro, non escoitas os aplausos xa?" e defeito atopábamonos a menos de 500 metros da meta máis subrealíasta que tuben. Pasamos o último tramillo e enfilamos a meta, as cheerleaders de antes estaban animandonos coa misma canción coa que saíramos na carreira pero desta vez facíannos un pasillo de entrada, tiñamos que entrar en meta cun sorrisos si ou si. Cruzamos as cheerleades e fundimonos nun abrazo , satifeitos e cheos de gloria, de gloria persoal.
Entramos na zona de corredores, onde xa estan os bichaz@s,recollemos a camiseta conmemorativa da carreira e pensando en ducharnos e marchar cando vemos como levan comida para unha mesa xigantesca ,ensalada de pasta, zorza, lomo, pan, bebidas...Cruzamos unha mirada un o outro e xa nos botamos enriba daquela mesa comos e fosemos gaivotas, comemos ata fartar e recuperamos a enerxía que deixarmaos polo monte arriba.

A conclusión :FOI A HOSTIA! o meu querido amigo e compañeiro de carreira jorge extrenouse no trail running e extrenouse ben, naceu un yonki máis das carreiras de montaña.

A organización de un 10.

Fago referencia a Plataforma pola Proteción da Serra do Galiñeiro que estaba alí presente, facendose oír, loitando contra a destrución desta fermosísima serra.

Destacar tamén a participación de tantos bicha@s, Lolo Díez, Fernando Arca, Daniel Bargiela...e o equipo salomon portugal.

1 comentario: