"Mi testigo es el cielo vacío"
lunes, 19 de septiembre de 2011
Penedos do Lobo 2011
A nosa aventurilla comenza coa saída da miña casa as cinco da tarde rumbo Ponteareas onde me espera meu compañeiro Jorge, de alí tiramos direción Pobra de Trives - Manzaneda onde disputaremos a sexta edición do Maratón Alpino Pendedos do Lobo, nós concretamente disputamos o Cross Alpino, 24 kilómetos oficiais e 28 kilometros oficiosos (+ 300 metros a maiores que fixemos nós).
No coche entre Ourense cidade e Pobra de Trives e dado o noso estado físico lamentable despois dunhacena de traballo, decidimos parar a durmir.
Buscamos un sito de xeito infructuosamente ata que diante nosa, a dereita da estrada vemos unha pequena esplanda, o xusto para meter o coche con "seguridade" de que ningún trasnoitador nos leve por diante, poñemos o coche pegado a un muro , entre o muro e o che poñemos a nosa tenda de campaña onde cenamos uns bocatas e despois submerximonos dentro de cadanseu saco verde e ata o día seguinte.
Ás 7:00 sona o despertador, erguemonos e almorzamos unhas barritas enerxéticas de chocolate , regadas cun bo acuarius de laranxa, ah! e os famosos "orejones" (albaricoques deshidratados).
Recollemos todo e poñemos rumbo a estación de montaña de Manzaneda.
Nun cruce dudamos por onde ir, e acabamos perdidos por Chandrexa de Queixa , surcando pistas forestais e facendo eslalom entre vacas, despois dunha hora e media larga, e coa demora que supon recoller a tenda e almorzar, chegamos tarde a estación de montaña, chegamos co paso pola estrada dos competidores da Maratón.
Recollemos os dorsais as nove e vinte praticamente, corremos hacia o coche cun frío case de decembro rodeados dunha espesa neboa que penetraba no máis profundo do corpo, e nós vestidos de chandal... Según os partes que vin agora estabamos por alí entre uns 6-8 grados...
Chegamos o coche cambiamonos dentro del, xa que fora podíamos coller unha hipotérmia. Corremos o máis deprisa hacia a saída, cando chegamos alí eran as 9.35 a saída fora con puntualidade inglesa as 9.30.
Os participantes más retrasados tiñan unha ventaxa duns 5 minutos frote nosa. Collemos un ritmo bastante potente para alcanzar algún dos corredores o que fai que Jorge sufra moito, dado que tiña os cuadriceps entumecidos polo frío, estabamos case no alto de Cabeza de Manzaneda, rodeados de neboa cunha visibilidade moi reducida, duns 15 metros e cun vento extremadente forte e humido a par.
Na primeira baixada Jorge vaise retrasando polo dolor nos cuadriceps, con vistas a un eventual abandono decido agantar un pouco con el e despois emprender a carreira en "solitario".
O meu ritmo é moi elevado, atopome moi ben e motivadísmo, e a primeira vez que teño que pedir paso a outros competidores para poder seguir co empuxe que levo, sobre todo nas baixadas máis técnicas que desfruto como unha cabuxa deixandose caer. Adianto a decenas de corredores, non dou crédito, incluso vou tan ben que me salto os dous primeiros avituallamentos, eu portaba un botellin para hidratarme, dous xeles de froitas, e un puñado de "orejones".
No primeiro (para min) avituallamento preguntanme varios dos que proporcionaban auga e alimentos se eu era o primeiro dos da maratón, cousa que eu quedei moi sorpendido ata que me viron sacar o cortaventos ao mesmo tempo que eu lles decia que non que saíra un pouco retrasado da saída pero que corria o cross, sacado o cortaventos non lles quedou dubida xa que no meu dorsal poñía CROSS nunhas letas verdes .
Cada vez os camiños fanse máis estreitos, nun marco inmellorable rodeado de motañas verdes e pequenos regatos , paso en soidade sen competidores a vista nin por diante nin por atrás, solo observado polas equilibristas cornudas e rumiantes cabuxas que me miran con curiosidade dende unha vertical. A carreira faiseme rápida, "moi de correr", con grandes aceleracións nas baixadas e subidas dende as máis faciles ata as máis técnicas. Cambioume o chip completamente dende a nosa saída retardada, do modo "finisher" a modo "competición", cousa que me estimula máis, vou sobre todo centrado con pequenos e repetitivos brotes musicais, que atronan a miña cabeza.
Cada pouco sacome o cortaventos para poder refrigerarme mellor, despois en cada subida o vento apreta, unhas rachas dun vento xélido propio do inverno, un vento que me atravesa con facilidade dende o meu peito a miña espalda. Esa sensación conxelame pero o mesmo tempo recargame de enerxía, a neboa xa fai un bo rato que desapareceu, pero de cando en cando o sol tapase cunhas nubes que parecen estar cargadas de auga pero polo de agora parece que non descargarán.
Nun momento os circuítos de Maratón , Cross e as categorías de Andaina e Btt solapanse é ahí cando teño aglunha que outra conversa sempre en tono cachondeo ou para animar.
Unha cousa que me sorprende moitísimo é a señalización da carreira, todo o trazado está marcado con pequenas estacas de madreira como a metade dun pau de escoba coa parde de arriba pintada de vermello, tan ben señalizada que era improbable por non decir imposible perderse.
A última parte da carreira ven marcada por unha prolongada subida que fai mella nos máis cansados, eu ahí ainda conservo bastante enerxía e fago a metade correndo, a última parte trepando coa lingua tocandome nos xeonxos, esta parte pode que teña as mellores vistas, case sen dúbida, dende alí arriba podes ver infinidade de vaguadas, vales e montañas dun verde moi característico, todo un luxo para os sentidos.
Os últimos 3 kilometros discorren por unha pista forestal, entre os típicas árbores de alta montaña moi fondosas ,deixando caer as súas follas con cada racha de vento, podense oír como caen como e estubesen facendo flocos de millo ao fondo dun pasillo lonxano , un son moi fino.
Ahí no final, xa me invade a emoción e a autosuperación , sentirme tan ben de facer unha carreira tan boa e gratificante, chego a meta man a man cun corredor do maratón, unha auténtica máquina que despois de facer uns 45 kilómetos (oficiosos), permitese facer un sprint duns 500 metros que aguanto con el perfectamente sen separarme nin un centímetro. Chego a meta cruzo o inchable de Salomon que marca a meta, entro nun grupo de xente e un deles colgame unha medalla do pescozo, se xa viña cunha satisfacción increíble esto colma o vaso.
Como podo e cheo de frío, nesta zona de meta fai un frío horrible, xente con plumiferos e ben abrigados e eu en pantalón corto por alí, acercome ao avituallamento de meta onde me dan un consomé de polo e unha manta.
Espero espero e sigo esperando, sin saber se o meu compañeiro Jorge rematou por abandoar ou sigueu na carreira, xusto cando pensaba esto despega a uns 20 metros de min o helicoptero do Grupo de Rescate e Intervención en Montaña da Garda Civil.
Os meus pensamentos foron a onde tiñan que ir, estará ben Jorge¿?
Unha hora despois cruza a liña de meta Jorge, cansado e cos cuadriceps doloridos pero enteiro.
Contentiños coma rulos marchamos para casa, despois dunha merecida ducha e unha boa comida , e cada un cunha destas colgada do peito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario