"Mi testigo es el cielo vacío"

jueves, 17 de marzo de 2011

O patético mundillo do surf.

Cando alguén que non está metido no "mundillo" do surf, pensa en el, faino de xeito idealizado, con vellos estereotipos californianos, de bo rollo, paz/tranquilidade, e todo eso.
Como sempre a realidade defire bastante da idealización. O mundillo do surf baixo meu punto de vista, é patético.
Na película "breakpoint" en españa traducida como "le llamaban Bodhy" hai unha escena, que se asoma un pouco aos términos dos que falo, idealización-realidade, refirome a escena cando os dous policias están no muelle típico californiano, e din algo así "tienen sus propias reglas, no se puede llegar a ellos así como así". Básicamente é así, en moitos sitios poder entrar na auga e coller unha onda, pode costarche dende mirandas desafiantes, a insultos ou chegar as mans.
Se non practicas surf, verás esto como algo extraño e sin sentido, pero o mundo do surf, ten cousas boas e outras tantas que teñen explicacións case dignas de se explicadas por un antropólogo.
Pois sí, chegas a praia da Lazada, coñecida por todos pola súa fermosura, lonxitude case infinita ao ollo idealísta.. poste o teu traxe de neopreno, colles o teu trebello para coller ondas e lanzastes, ao único sitio onde están rompendo as mellores , e alí están eses, esa tribu insolente da que "formas" parte, falas cos catro de sempre, e andas básicamente ao teu, ata que por circustancias extrañas (pode ser pola mala alienación planetaria) chegache ao lado ese home que os do mundillo coñecedes, un que ahora ten unha escola de surf (que tan de moda están) e sabe el (e deus) o porqué, empeza a berrar contigo, por calquera estupidez, que se lle salpicates, que si esto que si aquelo, ese home (se entra dentro dese rango) sempre ten motivos para erguer a voz, uns decibelios máis que o seu "compañeiro". Pode ser que se eu tibese estudos de antropoloxía, podería decir que é a viva imaxen da sociedade, que este mundilo é a viva e coleante imaxe da sociedade, podería ser este o típico personaxe que vai pola acera da rúa X intentado darlle co hombro ao viandante que ten enfronte, polo mero feito de facelo, e para sentirse algo nese intre de "tensión", sería o equivalente a este personaxe/s do que vos falo, e como el , centos.
Cando vexas eses días de inverno, que solo hai unha onda tímida rompendo no mar e 20 individuos flotando no mar, cos seus atuendos negros de neopreno, posiblemente uns cuantos deles, sexan desta calaña. Se isto fose un feito aislado, sería unha historia máis, que por aquí para matar o tempo, pero é tan xeralizado, como a propia difusión deste deporte en canta esquina do globo.

Saltando de nivel, do plano local, "amater", esto tamén sucede cos grandes xenios deste deporte, no video que hai abaixo podedes ver a seguinte historia:

Parece ser, según a información que hai circulando pola rede, que esta trifulca entre dous profesionais de gran nombre como son Sunny García,(e o seu fillo de 16 anos) e Jeremy Flores, que agreden a un surfista "amater" polo simple feito de que este pobre home, fose intencionado ou non ( da igual) "rouballe"(non vou entrar en detalles reglamentaríos para facer comprensible a todos) unha onda ao fillo de Sunny García (campeon do mundo no 2000, ASP WCT World Champion), pois o normal e calquera individuo, sería chamarlle a atencion e intenatar falar as cousas se esa actitude por parte do surfista "amater" se repetise. Pero non, neste mundillo e se tes un pouco de nombre,e pouco cerebro (sexa como no exemplo de arriba no plano local, como nesta historieta no plano internacional) esixes un pouco de "respeto", que xa se sabe non, que esa onda era única, e que ese demente surfista "amater" roubeulle vilmente a onda ao fillo do ilustrisimo señor Sunny García.
Este é o resultado:


Esto todo que vos fun contado, resumenese cunha palabra célebre neste "mundillo" LOCALÍSMO, que ven a decir que si son da zona ou se fago surf ahí de toda a vida "teño" uns "privilexios" sobre calquera persoa que veña de fora.
Exemplo3:
Lugar X, chega un surfista novo alí, metese na auga que cando chega a zona de rompente (pico) están os "locais"(xente da zona) que en principio non lle din nada de nada, solo unhas miradas de desprecio, cando o novo e surfista "foraneo", colle unha, dúas ondas, ahí e cando un deses "nativos" se acercan a el e falando como ao infinito espacio espeta, "aquí xa somos moitos!" e acontinuación bota unha mirada desafiante ao novo e foraneo personaxe, que este intimidado, pode decantarse por dúas opcions: 1 seguir como non se nada e polo tanto desafiar aos nativos, ou, 2 marchar de alí para evitar o enforntamento, tal cual como fan os cans, un ensinalle os dentes ao outro, e pode ou marchar de alí, ou contestarlle de igual modo.



Así de patético é o mundillo do surf nestes térmos,pero tamén ten outras tantas cousas boas, pero como sempre decimos eu e un amigo "esas cousas o único que fan é amargarche o día", " o mellor e levarse con todo o mundo e sen máis"

Gran xustificación do localísmo:
Non hai ondas para todos

Gran frase (por outr artísta que ahora ten unha escola de surf, e neste caso referindose a unha persona "novata"): "si no controlas largate de aquí".

lunes, 28 de febrero de 2011

Kilian Martin, un bailarín

O barcelonés, Kilian Martín, cunha clara influencia de Rodney Mullen, é para min un dos mellores skaters de España. Un Bailarín sobre rodamentos.





As comparacións son odiosas pero aquí queda

miércoles, 16 de febrero de 2011

Escalada en O Grove




Varias veces, e xa a uns cantos escaladores, lles preguntei, por estes croquis que aquí abaixo poño, e a resposta foi que eles ou nunca atoparon estes sectores de escalada, ouq ue a pedra é moi abrasiva e polo tanto é moi "jodido" trepar.
Está claro que esta zona de Con Negro está chea de bloques de pedra con formas, que para min con ollo pouco acostumado, costame moto ver, pero algo ten que aver, xa é case unah esperanza, para poder trepar un pouco. No medio do monte nunha zona de San Vicente de O Grove tamén hai un sitio cunhss antenas xigantescas de teléfonia onde tamén hai un sector que pode que salga "algún paso". Penso, baixo a miña profana opinion, que O Grove ten un potencial bastante grande para o bloque, tanto pola zona da Siradella, Con da Hedra e Con Negro.



Vendo o blog de Ben de Corme, sempre penso o mesmo, a similitude dos bloques cos que hai por aqui, que nadie abreu é bastante parecida, pode ser que pola proximidade ao mar... (sigo falando profanamente).
Se alguén ten algo de información do tema que me avise por aquí, agradeceríallo profundamente.

Estos son os croquis que hai no buscador de Desnivel sobre Con Negro:











martes, 15 de febrero de 2011

Wavegarden !

Despois de ver xa bastantes ondas artificiais, ou en ríos, esto xa supera todo.
O funcionamiento é un misterio, pero está claro que a onda é preciosa, e onde está enclavada engade a guinda. Wavegarden, na súa web afirma: "Wavegarden es una tecnología innovadora para generar olas de gran perfección para la práctica del surf en un entorno seguro. Esta tecnología permite, por primera vez en la historia, disponer de instalaciones de olas económicamente viables y de bajo impacto medio ambiental."


A situación desta onde demomento é un misterio, pero está claro que a súa calidade, polo que se ve nos videos, é impresionante. Unha onda nun pantano, pareceme increíble.

Xuzgade vos memos con estes videos

Teaser I from wavegarden on Vimeo.



Wavegarden (Short) from wavegarden on Vimeo.




Se realmente é como o venden, de que non ten impacto medioambiental, que é económico... merecen un aplauso!

lunes, 14 de febrero de 2011

Unha vez máis "don dinero"



Unha vez máis outro entorno natural está baixo a espada de damocles nete noso país.
Grandes desfeitas no nome do "progreso" (expansion dos petos de catro amigotes) están a sucer continuamentene en Galicia, casos como a mina a ceo aberto nas Fragas do Eume, proxectos rocambolecos como a costrucción dunhas pistas de esquí en Pena Trevinca, o proxecto do campo de golf no Monte Siradella, portos deportivos en cada recuncho do noso precioso litoral, e un triste etc.
Ahora é o turno da destrucción da Serra do Galiñeiro.
Nin máis nin menos que a construcción dun parque elólico en toda a serra, producindo un impacto medioambiental inmenso.
Para que non o sepa, aparte de ser unah das zonas máis famosas de Galicia apra a práctica da escalada, tamén posue un valioso patrimonio arqueolóxico, "a serra do galiñeiro posue un complexo arqueolóxico dos petroglífos de Auga da Laxe. Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.)"

Neste MANIFESTO podedes ler o tema con máis profundidade.

Curiosamente , Galicia é unha das comunidades autónomas que ten máis aeroxeradores ,esta frase podería ser moi positiva, xa que estamos a falar dunha enerxía renovable (pese ao seu impacto paisaxístico), pero dase a casualidade que pese a que galicia é a comunidade onde hai máis aeroxeradores, é tamén unha das comunidades onde a factura da luz é máis elevada, que curioso non vos parece¿? xeramos sabe deus canto kilowatios diários que non repercuten realmente na nosa factura, que pagamos eso si rigurosamente, "sufrimos" a destrucción do nos paisaxe, dos nosos montes acambio de nada, e eso tamén pasa coas famosas minicentrais eléctricas que plagan os nosos ríos, co que tamén conleva a perda de fauna...

Así de curiosas son as cousas no noso país.

O día 20 deste mes farase unha andaina-protesta neste cartel tedes toda a infomación
Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro



Esperemos que este como outros proxectos tan aberrantes coma este non vaian adiante.

lunes, 7 de febrero de 2011

Non estou


Xa fai algo que non subo ningunha entrada, non me dan as horas do día para todo o que teño facer.
Ata dentro dunha semana (espero que antes) non publicarei nada.

Un saudo!