Varias veces, e xa a uns cantos escaladores, lles preguntei, por estes croquis que aquí abaixo poño, e a resposta foi que eles ou nunca atoparon estes sectores de escalada, ouq ue a pedra é moi abrasiva e polo tanto é moi "jodido" trepar.
Está claro que esta zona de Con Negro está chea de bloques de pedra con formas, que para min con ollo pouco acostumado, costame moto ver, pero algo ten que aver, xa é case unah esperanza, para poder trepar un pouco. No medio do monte nunha zona de San Vicente de O Grove tamén hai un sitio cunhss antenas xigantescas de teléfonia onde tamén hai un sector que pode que salga "algún paso". Penso, baixo a miña profana opinion, que O Grove ten un potencial bastante grande para o bloque, tanto pola zona da Siradella, Con da Hedra e Con Negro.
Vendo o blog de Ben de Corme, sempre penso o mesmo, a similitude dos bloques cos que hai por aqui, que nadie abreu é bastante parecida, pode ser que pola proximidade ao mar... (sigo falando profanamente).
Se alguén ten algo de información do tema que me avise por aquí, agradeceríallo profundamente.
Estos son os croquis que hai no buscador de Desnivel sobre Con Negro:




