"Mi testigo es el cielo vacío"

lunes, 14 de febrero de 2011

Unha vez máis "don dinero"



Unha vez máis outro entorno natural está baixo a espada de damocles nete noso país.
Grandes desfeitas no nome do "progreso" (expansion dos petos de catro amigotes) están a sucer continuamentene en Galicia, casos como a mina a ceo aberto nas Fragas do Eume, proxectos rocambolecos como a costrucción dunhas pistas de esquí en Pena Trevinca, o proxecto do campo de golf no Monte Siradella, portos deportivos en cada recuncho do noso precioso litoral, e un triste etc.
Ahora é o turno da destrucción da Serra do Galiñeiro.
Nin máis nin menos que a construcción dun parque elólico en toda a serra, producindo un impacto medioambiental inmenso.
Para que non o sepa, aparte de ser unah das zonas máis famosas de Galicia apra a práctica da escalada, tamén posue un valioso patrimonio arqueolóxico, "a serra do galiñeiro posue un complexo arqueolóxico dos petroglífos de Auga da Laxe. Trátase dunhas representacións de máis de 25 armas, entre as que atopamos espadas curtas, puñais e alabardas, datadas no Calcolítico (entre o III e o II milenio a. C.)"

Neste MANIFESTO podedes ler o tema con máis profundidade.

Curiosamente , Galicia é unha das comunidades autónomas que ten máis aeroxeradores ,esta frase podería ser moi positiva, xa que estamos a falar dunha enerxía renovable (pese ao seu impacto paisaxístico), pero dase a casualidade que pese a que galicia é a comunidade onde hai máis aeroxeradores, é tamén unha das comunidades onde a factura da luz é máis elevada, que curioso non vos parece¿? xeramos sabe deus canto kilowatios diários que non repercuten realmente na nosa factura, que pagamos eso si rigurosamente, "sufrimos" a destrucción do nos paisaxe, dos nosos montes acambio de nada, e eso tamén pasa coas famosas minicentrais eléctricas que plagan os nosos ríos, co que tamén conleva a perda de fauna...

Así de curiosas son as cousas no noso país.

O día 20 deste mes farase unha andaina-protesta neste cartel tedes toda a infomación
Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro



Esperemos que este como outros proxectos tan aberrantes coma este non vaian adiante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario