A profesión do socorrismo en Galiza non é que digamos das máis respetadas, pasa con case todas as profesións temporais que dependan dun organismo do estado, neste caso dos concellos.
A prensa, a televisión é o cine, fixo que se mermara moitísimo a imaxe do socorrista que ten o "gran público" , nese "gran público" tamén entran os concelleiros, os alcaldes, os coselleiros, os diputados... así até o infinito, moitos deles encargados de seleccionar a eses profesionais.
Esa gran a-cultura da televisón e o socorrismo, fai que esta profesión sone sempre en diferentes corrillos como un chiste, entre colegas: "Mira para ahí todo o día ao sol, cobrando de puta madre e sen facer nada" , entre bañístas"o ghicho que toma o sol e sempre chega tarde cando pasa algo", entre surfistas: "Hai están eses cabróns que sempre lles axudamos e ainda nos poñen miles de pegas para surfear".
Nas Rías Baixas, case un 80% dos concellos realizan probas de selección tanto físicas como teorícas (Marín, Poio, Sanxenxo, A Illa), unhas máis esixentes ca outras . Cando menos parece lóxico e incluso sensato, hai que ter en conta que é un servicio de emerxencias, nin máis nin menos, que so esté en funcionamento (no mellor dos casos) 3 meses non esime que sexa xente formada e preparada (esto parece que non o teñen moi claro algunhas persoas).
Eu son socorrista, tamén son surfista, e gustaríame aclarar certas cousas que me preguntan cada pouco.
Poñámonos na situación do verán pasado, no cal preguntaronme sempre o mesmo.
A praia da Lanzada é do Concello de O Grove, toda a súa extensión agás 200 metros que pertencen ao Concello de Sanxenxo.
A pregunta máis frecuente é a seguinte "Porqué un posto de socorro ten sempre posta a bandeira amarela e o outro varia entre a verde e a amarela?"
- Qué significa a bandeira amarela pendurada do mastro dun posto de socorrismo?
Aos nenos pequenos (e non tan pequenos) díselle que é como un semáforo, para que se fagan
unha idea moi rápida do seu significado que é
precaución, xa que pode haber un risco potencial no mar que
impida facer unha actividade acuática con seguridade.
-
Quén é o encargado de por unha bandeira ou outra?
Este é un tema complicado, nalgúns sitios vai en función do criterio do socorrista que teña máis veteranía e ocupe un cargo de responsabilidade (así o reflexan varios manuais), e
tamén por suposto que sexa bo coñecedor desa praia en concreto, noutros
lados as cores das bandeiras son sempre os mesmos, esté o mar en condicións de baño moi seguras como todo o contrario, as razóns poden ser un tanto
divagatorias, moitas delas sen fundamento algún, eu que non me quedo moito tempo calado cando teño unha dúbida, teño preguntado pola cor da bandeira cnado as condicións aparentes do mar son aptas para bañarse con seguridade, esa resposta e contestada polos supostos encargados de por esa bandeira con ambiguedade , cada cal contesta o primeiro que se lle ven a cabeza, moitas veces sen sentido, nada ten que ver baixo o meu punto de vista e experiencia, a presenza de animais non perigosos para a vida (fanecas) na praia para por esa "restrición/aviso" aos bañístas.
E a pregunta máis polémica de todas: "Porque na parte do Concello de O Grove tendo algo máis de 2 kilómetros non podo facer surf e na parte do Concello de Sanxenxo que ten 200 metros podo facer surf?"
Pois vamos a ver, como na cuestión da bandeira, entran as valoracións persoais de cada un. En primeiro lugar, unha táboa de surf é un elemento potencialmente perigoso para un bañísta, eso é evidente para calquera, outra cousa é que teña que ser prohibido, en todo caso ten que ser regulado. Aos que fan esa pregunta indicaselle (e dependendo do día, e da masificación de surfistas) que na orilla hai uns paneis cravados na area informando onde está a zona para surfistas, ou nalguns casos (en praias próximas a referida) hai unhas bandeias vermellas postas de igual forma na area. O motivo de que nun lado ou no outro se fagan unhas cousas ou outras é simplemente unha cuestión de criterio.
Vexase esta entrada :
Historia de todos os veráns
Como se desacreditan os profesionais:
- Ter xente traballando que pode ser profesional doutras materias pero de socorrismo non.
- Que as aptitudes ante o traballo dos supostos profesionais disten moito das súas labores.
- A condición física e teórica requerida para traballar en ese posto sexa insuficiente ou inexistente.
Como desacreditan aos profesionias:
- Ver un rescate feito polos socorristas , e levar o mérito do mesmo un bañísta que pasea pola praia. (http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/08/25/socorrista-accidental/574336.html)
- A percepción do espacio tempo dos surfistas "tube yo que ayudarle al crio y el socorrista aún no había llegado al agua" (frase textual) (Pregunta: Canto tarda un surfita en recorrer 5 metros nadando coa súa taboa ata un crio en perigo e canto tarda un socorrista correndo toda a praia e nadar 200 metros para chegar o crio?)
- Sacando fotos ao posto dos socorristas cando hai unha emerxencia, polo tanto no posto non hai ningún socorrista alí , adxuntarlle un texto que poña "los socorristas tomando una sienta".
- Comparar servicios de distintos lados, eso perxudica tanto aos que salen ben parados como aos que saen escaldados, a crítica non debe ser ao profesional da praia, a crítica ten que ser ao que pon a ese persoal na praia.
Un exemplo de socorrismo profesional: