Agora en Galicia , xa temos un número considerable de carreiras de montaña.
A federación parece que espertou do seu letargo, e xa hai un bo circuíto, supoño que será debido ao impacto que supuxo o ano pasado a aparición da empresa-asociación de clubes (non o teño moi claro) chamada Galicia Máxica Trail Aventure, para os máis vagos GMTA. Gracias a esta iniciativa que se implantou moi ben e que está fancendo un gran esforzo o mundo do trail está despegando na terra de Breogán.
Moito corredor vetrano de montaña está molesto en parte por éste repunte, porque é evidente de cando algo se pon de monda ou está en auxa -mellor dito- as cousas tendense a distorsionar.
Aquí entran os puntos de vista, como en todo na vida cada un ten o seu.
Dende que o mundillo do Trail Running está en auxe en Galicia, moitos son os que aparcaron as zapatillas de asfalto e colleron as de montaña, pero o que non aparcaron foi o punto e vista das carreiras.
Lin unha frase no foro máis famoso que "son galgos de asfalto metidos a montaña", creo que queda perfectamente dito pero eu vouno aclarar un pouquiño máis.
Eses "galgos de asfalto" seguen coas vellas costumes, ese afán competitivo insano, esas miradas obsesionadas nos datos proporcionados polos dispositivos de muñeca.
Foi especialamente no trail do galiñeiro que debido a unha "páxara", retrasinme moito e puden vivir nas miñas propias carnes esa "mala visión" das carreiras de montaña, por parte de eses cánidos de asflato.
A súa obsesión era enfermiza, rozaba o irracional, cando ainda levamos tan só uns 10 kilómetos eles estaba maldecindo a todos os deuses do firmamento pola dureza do terreo e a mala media de tempo que levaban con respecto as carreiras que eles soían facer en asfalto.
Que mal punto de vista rapaz.
Para min o trail running é máis "morrer correndo, que correr a morrer" (parafraseando a ser13gio).
Non sei en que páxina foi, nunha destas de tirada nacional, que facía unha pregunta moi complexa que creo que ven a resumir todo isto.
Ti que eres , máis corredor ou máis montañeiro?
Se o referente para facer dita distinción son as carreiras de asfalto puramente ditas, eu sen dúbida son máis montañeiro que corredor.
A min gústame a competición, gústame, sobre todo superarme a min mesmo, tamén me gusta ser compañeiro. Sempre que adianto a alguen anímolle a que me siga que me aguante o ritmo e intento axudarlle.
A miña pouca experiencia no asfalto faime sacar unha conclusión, se te caes o pelotón pasarache por riba, como se fosen formigas africanas dirixindose a batalla., marabunta!!
Cousas que teñen os resvalons é que aprendes moito.
Na miña primeira carreira levaba un calzado un tanto desgastado cousa que propiciou un resvalón de campeonato, despois de tropezar cunha raíz, cando estaba vendo como o chan se acercaba a miña cara, unha man agarroume dun brazo e detubo a miña caíd ano último moneto. "Estas ben? Sí gracias! Pos veña tira diante que vas moi ben". Esto foi na miña primeira carreira de montaña. Dende aquel día quedein enganchado a este deporte, e non precisamente polo resultado en si, se non por todo o que aprendin durante a proba, a capacidade se superación e o compañerísmo.
Esta é a miña visión do trail running :
No hay comentarios:
Publicar un comentario