A onda da discordia, foto extraida da web surfgz
O surf como tal, como deporte é unha maravilla, unha vez dentro, se non saes do núcleo dos teus amigos e da zona de sempre, non hai fallo, fora de ahí, tes que ir cheirando as mexadas territoriais dos machos Alfa.
Un exemplo se ti foses na túa bicileta pola rúa e te parase un peatón e che dixera "Perdoa pero esta rúa é miña", eu polo menos morrería de risa, a non ser que estubera no Bronx neo yorkino alá polos anos oitenta.
Como se dun señor feudal de esos que ainda perviven, o señor Axi Muniain (para os que non estedes ao tanto, un surfeiro de ondas XL natural de Euskadi) reclama agresivamente (baixo o meu punto de vista) unha onda galega, esto ten que chegar de sobra para descojonarse vivo.
Miles de exemplos de gremlins como este asolagan as nosas queridas praias, dende Baiona ata Ribadeo, xentiñas de pequenos cerebros que ainda sendo da zona (cousa que non é un pretexto) reclaman para si ondas, actuan como se da garda costeira se tratasen, en definitiva eso que chaman as revistas Localismo.
Este é o enlace desactivaron as opcións de inserción : http://www.youtube.com/watch?v=98u90BBP89s&feature=youtu.be
A miña reflexión de este video é a seguinte:
O que di unha parte (Muniain) é que eles fixeron un traballo de búsqueda durante moito tempo, e que a outra parte chegou así sin máis ao mismo sitio con menos traballo (presuntamente aproveitnadose do traballo que eles fixeran), e que estes últimos teñen que pedirlle permiso aos primeiros para facer o mismo que queren facer eles, surfear, sacar fotos e lucrarse con elas.
Esto é unha cuestión moi sinxela, esto é unha cuestión de cartos.
O que se desprende do video eses "verdadeiros locales"(vascos) querían dar un bombazo mediático e vírono amenazado coa chegada das persoas que están sendo increpadas no video(franceses e galegos).
Como se dunha liorta de patentes -solo faltan os letrados traxeados ao lado- desprendense unha e outra vez das palabras de estos magnates que o problema é quen se lucra antes cunha onda (viva o absurdo).
Dende fai tempo creo que este deporte como tal tocou fondo, non sei si pola globalización do mesmo, ou que sempre copiamos as partes negativas, pero esto roza xa o triste cachondeo e a vergoña axeña.
"Cúal es el problema?" " El problema es que estamos aquí muy tranquilitos y no queremos que venga 500 franceses ni 500 gente de por ahí de tomar por culo a tocar los cojones aquí". Grandes palabras SI SEÑOR.
Se fose outro deporte (dos que falo as veces aquí tamén) como pode ser o boulder o alpinísmo, as carreiras de montaña... Gustaríame que pasase a verdade, para que estes viran o absurdo que é esta situación,
Exemplos: que unha persoana atopara unha pedra e que a reclamase para si, ou que unha persona atopase unha montaña e a reclamase para si, que unha persoa atopase un camiño e o reclamase para si, simplemente polo feito de sacar unha foto e despois vendela...
O que se ve aquí é que esto aparte de ser un problema mercantil, é un problema de egos.
Esto non é un problema de catro australopitecus mirándose as pichiñas e comparando tamaños, o problema aquí é que se afirma con rotundidade aplastane "YO SOY EL DUEÑO DE ESTA OLA", parece esa afirmación tan absurda como se alguen dixera "non respires aquí que este aire é meu", pero en que mundo vivimos¿? Hai que ter en conta que o video de marras está feito polo equipo de Muniain, recortado e posto a conveniencia de eles mesmos, e ainda así quedan como o cú.
Se queda alguén que idolatra a calquera de estos señores, por favor facedeme un grandísimo favor, apagade o ordenador deixade un momento as tablas e lede un bo libro.
Se este home veu amenazado o seu traballo, como di el de moito tempo, terá que tomar unhas medidas ou unhas decións, pero que nada teñen que ver coma posesión material dunha onda, se esto é unha competición de a ver quen consegue surfear unha onda aparentemente descoñecida e se che adiantan é unha posibilidade a ter en conta, xa que non solo un mariñeiro coñece o mar.
Se os medios que usaron para chegar ao mesmo punto ao que chegou o señor Muniain , e baixo o seu criterio, foi fraudulento terao que demostrar máis ala que decindo "esta ola es mia, te doy 200 euros y te largas de aquí" QUE TRISTE E PATÉTICO, espero que esto fora froito dun momento de locura transitoria e que este señor non sexa tan simplista. Que se cale que siga facendo o seu traballo, e si é de verdade que atopou esa onda e é o primeiro que o arguemente con datos e non con palabreria propia dun rapaz de 15 anos.
Vai ser eso que se escoita nos máis sombríos ateneos O SENTIDO COMÚN MORREU.
Por certo a voz do pescador ese do final soname moito, en que lío te meteron.
Minuto 18:24,a dichosa onda
Video sacado da web surfgz
Fontes:
++ http://www.surfgz.com/surfing/sesions-de-surf/2139-axi-muniain-qmis-olasq.html
++ http://www.surfgz.com/surfing/surfeiros/2129-axi-muniain-menos-lerias.html
Artigo de Bruno Novoa : http://www.fotoglz.com/blog/9.php
Artigo de Muniain: http://www.aximuniain.com/
Totalmente de acordo! Sempre me pareceu patético ese aspecto en concreto de algúns surfeiros.
ResponderEliminarSi o pescador (percebeiro, mergullador) son eu, que me grabaron sen eu sabelo, e so puxeron o que eles querian que a xente oira en favor deles (creo que non conseguiron), e a preguntas coma.... que pasaria se un local de Corme (pois a ola esta en Corme), trouxera a sua tabla e se propuxera surfear, prohibiriadesllo...???
ResponderEliminarCousa que non souberon ou non quixeron contestar, so recalcaban o traballo que lle costara o susodito Axi encontar o Spot, cousa que sei desde que empecei a andar no mar,igual ca meu avo,o pai de meu avo e correpondentes descendentes.............e por eso a miña familia dona dela ???????
E mais, cando era mais novo (e estaba mais tolo)surfei a ola da entrada da Barda (o Bravio), que queda bastante "preto", enton xa non foron os primeiros que surfearon neste mar nin seran os ultimos.......
Non estiven inviolucrado na liorta, pois cambiaba impresions cun compañeiro (percebeiro) que eles tiñan contratado para levar os fotografos e camaras.
Ata que despuis vin o video, que me deixou tan mal sabor, non de boca se non mental.... que decidin quitar unha das entradas no meu blog, feita cun gran respeto cara estes deportistas que para min xa non o son !!!!!!!
Eu fun o que levei a Eric (Frances) ata Sta. Mariña (Niñons, Brantuas) e os seus amigos fotografo e camara, e mais xente.
Un compañeiro de traballo dixome que o tal Eric buscaba unha ola grande para surfear e eu sabia que habia xente (que non coñecia todavia), que andaban a buscar unha posible ola grande (habera dous anos ou asi) e logo que a surfearon (eu non os vin, senon que mo dixeron percebeiros amigos), esto mais reciente.
Hamablemente sen nengun prexuicio ofrecinme a levar a Eric, a un sitio onde puidese botar a moto comodamente e puidese visualizar a ola, ala vamos !!!!!!
Sorpresa....cando chegamos o lugar, un camion dous eixos (entendase un peazo motorhome), rotulado con marcas de surf, plataforma traseira electrica(para baixar duas ou tres motos...???) e con unha tripulacion de polo menos cinco persoas mais aparte de Axi,(sin contar o percebeiro coa lancha para os fotografos), estaban ali..........
A verdade e que me dou a risa, e intercambiei impresions cos dous bandos, pensei que o ambiente que reinaba o final era bo, inclusive me presentaron o Axi, pero so para grabarme e poñer o que a eles lle conviña, parvo de min.... ou deles, pobres ignorantes, pois cando eles, nos, non esteamos, a ola seguira ahi, os percebes tamen, e o mundo en xeral tamen........
So decir que non escribin nada en ningun lado porque me parecia unha perda de tempo e enerxia, cando podo desplazar esta hacia outro lado mais productivo.
Penso que esto na escalada non pasa, polo menos a o nivel que eu me movo, e o ambiente que reina e de cordialidade respeto e apoio os que comenzan, somos poucos e para evitar a extincion teremos que conservarnos uns os outros......
Xa me levou un anaco escribir todo este poema, disculpade polo Galego non normativo, e non lle deamos importancia a cousas que non a teñen, sobre todo cando o noso presidente electo Sr. Rajoy, despois de tres semanas todavia non lle dixo o pobo de que maneira lle vai dar polo cu.......!!!!!!!!
SAUDE IRMANS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Teño un oído máis fino doq ue pensaba, sonabame a voz e o final eras ti. Pois viches en primeira persoa como é o mundo do surf e eses niveis, un negocio máis.... PATÉTICO.
ResponderEliminarEspero que non te vexas en outro fregado de estos.
Un abrazo Ben.
A ignorancia neste caso non foi unha virtude...
ResponderEliminarSaudos e Feliz ano 2012 !!!