"Mi testigo es el cielo vacío"

sábado, 25 de septiembre de 2010

Bajo mi prisma

Estadísticamente las estadísticas no funcionan, así mismo, una revolución pacifica tampoco funciona.





Que pasaría si existieran estas maravillosas redes sociales en mayo 1968 en Francia en las mitificadas revueltas estudiantiles si fuesen convocadas por facebook, twitter y cualquiera de sus ramificaciones¿?
Pues irían cuatro personas y no tendría repercusión alguna, ni tan siquiera saldría reflejado dicho acontecimiento y revuelta social en ese libro tan gordo que hace de cuña en ese sofá que se tambalea.




Curiosamente de un tiempo par aquí, siempre escucho a padres, madres y educadores quejarse que los niños ya no juegan como antes en la calle, que solo están enganchados a juguetitos virtuales,curiosamente esos mismos educadores y progenitores, no ven que ellos mismos hacen exactamente lo mismo??
En cualquier foro, bajo el anonimato de la red, hay miles de bolcheviques y miles de musolinis, pero rebasada la barrera virtual nos encontramos con cobardes, que ya no piensan por si mismos, si no que solo critican sistemáticamente cualquier opinión contraria a la propia.



Así mismo aquellas magnificas protestas que paralizaban países, que crearon épocas de crítica social y movimientos subversivos, ahora se encuentran bajo el amparo de anonimato, estoy seguro, que miles de personas en facebook teclearon "me gusta" o "asistiré" a la próxima huelga general que está convocada para el 29 de este mes, seguramente que la inmensa mayoría de la gente, miles de ellos, simplemente se quedarán en sus cómodas camas, o se irán al trabajo y sonreirán cuando vean a cien personas gritando consignas extrañas para ellos.

Las luchas son virtuales, son mediocres, tan mediocres como toda la clase política.
Esa virtualidad ampara esa desbocada imaginación nos hace creernos jefes , tenientes coroneles de ejércitos inexistentes, pregoneros de mensajes vacíos, reindivicadores y líderes falsos, tan falsos como los ídolos que adornan esos majestuosos templos.

Día tras día y observando detenidamente , te das cuneta de que ya nada es real, todo gira a esa virtualidad, hacemos ascensiones a montañas imaginarias en la esquina perdida de un valle perdido de Nepal, ayudamos a exterminar el hambre en el mundo con un clic , desensibilizados completamente ante los sufrimientos ajenos, desmemorizados y faltos de creatividad, miedosos.

Esas profecías con las que nos intentan dar miedo, esas grandes factorías del márquetin, ya no funcionan, esas profecías ya se cumplieron hace mucho, ya impera el caos y el desorden, ya nada vale nada, y tu voz no existe, solo es un remoto recuerdo en tu interior, es el ruido del teclado, así como aquellas viejas revueltas son solapadas por famosillos de quita y pon este mundo despedazado por el alter ego virtual que lucha encarnizadamente en su butaca con respaldo, creando rebeliones y eslóganes vacíos.

El último que salga que apague la luz.

Anónimamente YO.


martes, 21 de septiembre de 2010

Seguridade

Observamos

Pensamos

Decidimos

(Subida o Mustallar 2010 pulsar para ver máis grande)

Xusto nese momento que te quedas en branco, non sabes que facer, quedas nun estado de letargo durante uns segundos, segundos que parecen minutos debido a súa intensidade.
En todos os manuais de supervivencia que podes coller , sacas unha conclusión "ou tomas unha decisión sexa boa ou mala ou o resultado vai ser tráxico".
Ahora que chega o outono, aventuraremonos no monte, rutillas máis ou menos complicadas ou técnicas, ou de máis ou menos kilometros.
Nestas "rutillas" moitas veces complicamonos máis da conta, sobrevaloramonos, ou simplemente cometemos erros de orientación e un longo etc.
Que facer cando temos agún problema no monte e por exemplo (como na última rutilla que fixen) o úlimo núcleo poboado está a uns 14 kilometros (costas arriba, costas abaixo) se ainda para engadirlle cousiñas o tema non tes un mapa e o camiño está moi mal señalizado (como na última rutilla). Se tes tan mala sorte, pero é un factor a ter en conta, de que che pase algo en dita situación, tes que ter enconta varios aspectos e consellos que podedes ler facilmente aquí.

Seguridad en la montaña
(este archivo é orixinal da Revista Oxígeno)

Bueno, eso é encanto a seguridade, pero se o noso problema convirtese nun problema de verdade , de asistencia inmediata, teremos que poñernos en contacto co 112, pero é posible que si estamos nunha zona realmente aislada non teñamos covertura no noso teléfono movil.
Neste punto, é si vamos a facer unha ruta que nos leve a lugares aislados sería convinte que portaramos un sitema de localización por satelite, así escrito sona a un cachivache super sofisticado, pero nada máis lexos, ultralixeiro e comodo SPOT .

Esta ferramenta de ínfimo peso é moi comodo de portar, realmente salva vidas, dando unha posición exacta cando se activa, enviando unha señal de emerxencia aos 112.

Despois do aviso de emerxencia e se estamos na montaña, seguramente veñan ao noso rescate un dos mellores equipos de rescate en montaña de toda europa. Este grupo de rescate é o GREIM da Garda Civil. Este grupo de rescate é do mellor , deixovos varios videos para que vexades como traballan :


Rescate en Torre de Peñalba (GREIM)
Cargado por avigamo. - Descubre los videos de deportes más espectaculares.






Esperemos que este outono-inverno non teñamos que lamentar mortes nos nosos montes e montañas, porque problemas e erros sempre poden acontecer pero se vamos desequipados, ou con uns coñecementos nulos do entorno no que nos movemos.... a probabilidade de que teñamos un problema aumenta exponencialmente.

domingo, 19 de septiembre de 2010

Septembro

Septembro, está morrendo.

Morreu o verán, chega a rutina ,chega o Outono, chega o Inverno.

(play)


Últimos días de praias masificadas, de carreiras pola area, últimos días de "vento na cara".
Despediadas, adeus aos compañeiros. Chegan as primeiras ondas cos últimos raios quentes de sol.


Chegan as ondas de septembro
Chegarán as ondas de septembro?

Mércores???

lunes, 30 de agosto de 2010

YONKI ou DEPORTISTA¿?

Esto vai de cartos.

Canto custa a unha persoa de nivel medio, praticar un ou varios deportes?
Que facilidades ten unha persoa para adicarse a un deporte/es?
Cunde económicamente ser deportista?
  • Deportista:

Dependendo do deporte que practiques a túa inversión de cartos vai ser maior ou menor, se practicas un deporte colectivo a inversión será menor, ou se o Concello onde o practiques apoia ese deporte en concreto (axudas, instalacións...)No caso que che guste o piragüísmo (por exemplo) a inversión será de 50€ a ficha federativa de caracter anual, a cuota de socio (se se da o caso) e no peor dos casos mercar unha piragua (uns 1000 €). Se eres un rariño como este que está a escribir, a cousa cambia. Se queres praticar un deporte que carece de axudas e de "instalacións" a cousa cambia bastante.Sacando fichas federativas , seguros... Se te adicas ao surf (por exemplo) cun nivel medio, a inversión será: Neopreno (inverno) 200€ , taboa 300€, invento 30€ , se tes que coller o coche que se queres coller algo de olas vas ter que collelo hai que sumarlle a gasolina, a comida .....
Se ta adicas a correr , se te adicas a escalar, se te adicas a nadar, se practicas triathlon, se che gusta calquer deporte coma estes , que apenas tes instalacións públicas, que tes que desplazarte kilometros para chegar ao "punto" para praticar ese deporte, se non tes patrocinadores, se traballas e a metade do salario vaise nestes vicios tan sanos.... Será mellor que non calcules nunca o que levas invertido o que levas gastado para disfrutar do teu ou teus deportes favoritos, se tes a desafortunada idea de calcular o que levas invertido, seguramente que te tires dos pelos, e se desgraciadamente tubestes algunha lesión , sumalle os fisioterapeutas os médicos e os acupuntores. Posiblemente a cifra resultante, a suma de todo esto, será unha cantidade bastante próxima ao precio desa fantástica furgoneta camper coa que soñas.


(de dereira a esquerda, o que levo nos pes, automáticos btt, pes de gato, zapatillas de correr,zapatillas de carreira por monte, zapatillas de correr, zapatillas de descanso...)


  • Yonki:

Se polo contrario, a túa vida reducese a traballar e fundir todos os cartos en ir de festa e "meterte de todo", posiblemente ainda che quede algo de cartos para meterlle "vidilla" a máquina tragaperras da esquina do bar. Se este é teu caso "tan afortunado", non sabes os cartos que te aforras e o ben que invirtes os que tes.
A tí importache unha pouca merda se os do Club X non teñen instalacións onde praticar o seu deporte, a tí dache igual que fulanito de tal esté na cidade X competindo representando ao teu pobo, comunidade ou país. Impotache todo unha merda (menos o futbol, "futbol de bar") , sempre que teñas con que calmar o tembleque que che recorre o corpo. Se no teu pobo chegado o inverno non hai nada de nada que facer, na rúa solo hai as clásicas prantas rodadoras do deserto, e bares abertos... dache igual. Cando chegas do traballo , pretendes ir a facer un pouco de deporte ou simpleme gozar dunhas instalacións digamos "ludico-deportivas", pero dase a extraña casualidade de que iso non existe e sabes certamente que non existirá, que é o seguinte que se che ocorre¿? xogar coas prantas rodadoras do deserto ou ir ao bar a ghobernar o mundo¿?.
É máis que normal que a xente prefira estar no bar que adiacarse algún deporte. Non tes instalacións, non tes axudas, non tes medios, non tes , non tes.
  • Conclue:

Se o teu entorno sempre foi no primeiro prefil, ainda que gastes e gustosamente moitos cartos, posiblemente darache "igual" correr pola rúa que por unha pista de atletismo. Serás de eses desquiciados que non teñen outra cousa que facer que machacar o corpo, e maldecir a toda a clase política por apoiar o deporte cando só se producen éxitos en forma de € ou para chupar un puñado de Votos.
Se o teu caso é o segundo perfil, serugamente non entres neste blog e seguramente serás dos que está neste preciso momento fumando (o que máis che gusta) ou dirixindo as tropas dende o acomodado taburete do bar, na túa particular cosnquista e orden mundial.


"maldigo os maravillosos políticos , eses que saen na foto chocandolle fortemente a man ao deportista X, maldigo aos políticos que machan e lles sacan as ganas de todo aos deportistas, maldigo a esa factoría de yonkis chamanda administración pública"


"deixate de tonterias , o que ten é que faser máis consertos e cousas, deixate de paiasadas. Para que hostia queres eso se non vai traer benefisio ningún ao pobo"

"non temos medios, non temos instalacións non temos patrocinios, non temos nada, pero o que temos non o teñen eles, non nos damos por vencidos"

jueves, 26 de agosto de 2010

influen

Presiona en cada imaxen.

Jonh Krakauer


Natureza
Derrick Jensen
Dean Potter
Chuck Palahniuk
Christopher Mccandless
Unha persoa con moito que decir cun megafono
Banksy
Post-Rock
Idealistas anti-sistema

martes, 24 de agosto de 2010

Mente (2)

O dominio da mente sobre o corpo:

Wim Hof este holandes ten a cualidade de resistir temperaturas extremas (baixo cero)
O frío ao que se emfronta como retro o señor Wim mataría a calquera persoa en 5 minutos, asombrosamente Wim domina a súa mente a niveis incribeis, deixando o seu corpo nun estado de semi letargo mentras corre. A reacción normal do noso corpo ante temperaturas extremas, neste caso de frío, é reduir as pulsacións ao mínimo así como a vaso constrición das venas e arterias das extremidades, para manter os órganos vitais a salvo. Este home consegue que o seu corpo non reaccione dese xeito ante o frío, e por elo é capaz de sobrevivir a retos tan asombrantes coma este:



Realmente sabemos bastante do corpo human pero da mente non sabemos case nada, e menos dos seus límites.

sábado, 24 de julio de 2010

Xabón caseiro

O que acontinuación exploño está extraido parcialmete do Centro Social Autoxestionado Caleidoskopio

Podedes ver a información máis detallada premendo aquí.




A idea é facer xabón de uso doméstico apartires de aceite usado.

¿Por qué facer xabón a partir de aceite usado?

• Os deterxentes comerciais están compostos de dúas clases de productos principalmente:

Tensioactivos, que teñen como función a dispersión das graxas e disminuir a viscosidade da auga, facendo que esta penetre mellor nos tecidos. Nos deterxentes comerciais utilízanse moitos que persisten moito tempo nos ríos e mares.
Os segundos compostos son os abrandantes, que teñen como función mellorar as condicións nas que actúan os tensioactivos. Moitos deterxentes conteñen algúns tóxicos, como o NTA (ácido Nitrilo-Tri-Acético) ou o EDTA (ácido Etilen-Diamino-Tetra-Acetico), altamente contaminantes.

O xabón tradicional ten dúas propiedades principais: abrandante e tensioactivo e ademais é degradado rápidamente polas bacterias polo que permanece menos tempo na natureza perxudicando á vida.

• Evitamos a contaminación por outros productos que levan os deterxentes.

• Evitamos a posibilidade de que os nosos aceites sexan verquidos no medio.

• Polos seus compoñentes é o xabón menos agresivo que existe para a Natureza sendo ideal para fregar a louza, o chan e lavar a roupa.

O proceso de fabricación é o seguinte:


Ingredentes:


* 3 litros de aceite usado doméstico
* 1 litro de auga
* 360 g de sosa. Fácil de atopar en calqueira drogueria

Podedes usar outras cantidades sempre que respetedes as proporcións


Preparación:

* Elexir un espazo ben ventilado, forrar o chan con periódicos e utilizar luvas (moi importante). Non utilizar utensilios de aluminio, si de prástico ou madeira.
* Colaremos o aceite para quitarlle restos de comida ou partículas queimadas e botaremos nun cubo de plástico grande. Quentaremos o aceite un pouco para facilitar a reacción.
* Noutro cubo (non de aluminio!) botamos a auga. Con moito coidado e pouco a pouco engadímoslle a sosa, removendo cun pau de madeira ata que se disolva totalmente. Coidadiño neste paso, a sosa emite vapores tóxicos e pode provocar queimaduras se cae na pel, nese caso lavar inmediatamente con abundante auga.
* Botamos a solución de sosa no aceite (nunca o revés) e comenzamos a remexer cun pau de madeira a bó ritmo e con coidado das salpicaduras. Ha que remexer vigorosamente ata que a mezcla se volte espesa. Este proceso durará sobre unha hora... a batidora de casa axudarache moito pero ten que ter o pé de prástico e se non tes, podes invitar os colegas con batidora ou con ganas de remexer...
* Cando a mistura se volva espesa que é cando ten unha textura cremosa xa está listo!! este é o momento de engadir algunha pranta ou esencias e misturar.
* Cando isto aconteza bótase nun recipiente (por exemplo unha caixa de froita cuberta cun plástico, caixa de madeira) e cúbrese cun plástico ou manta. Pasados dous ou tres días desmoldase e cortase en anacos, posteriormente colócase nunha rexilla e vóltase a tapar.
* O xabrón estará seco e listo para usar en 3 ou 4 semanas, canto máis tempo se deixe mellor. Para a súa mellor conservación podes gardalo nunha caixa cando estea completamente seco.
* Este xabon pode utilizarse para a lavadora, só hai que diluir as pastillas en auga quente, cortandoas en pequenos anacos. Poñer ao lume e deixar que ferva un intre e apagar. Deixar enfriar coa tapa posta. Se non se disolveu darlle coa batidora.