"Mi testigo es el cielo vacío"

sábado, 16 de julio de 2011

Superación

Team Hoyt composto por Dick Hoyt e o seu fillo Rick Hoyt é un dos maiores exemplos de superación que coñezco, Rick Hoyt naceu co cordón umbilical enredado no pescozo o que produxo unha falta de oxíxeno no cerebro que derivou nunha parálisis. Os médicos afirmarón que sería un vexetal toda a súa vida , a idade de 12 anos conseguiu falar axudado por un ordenador, o primeiro que dixo foi : Vamos Bruins! , Bruins en realidade Boston Bruins é un equipo de xoquei sobre xeo, esa frase foi o detonante para que os seus pais se deran conta de que era un forofo dos deportes, que o motivaban e lle axudaban física e sobre todo mentalemnte.

Dick Hoyt tubo unha idea, competir co seu fillo en distintas carreiras , comezarón cunha carreira pedrestre de 5 kilometros , Rick nunha cadeira de rodas empuxada polo seu pai.
Nesta primeira carreira Dick reafirmou a súa acertada teoría , e comenzou a buscar retos maiores nos que puderan competir xuntos el e seu fillo.
Despois de varios triatlóns vironse con forzas para afrontar o proba por extecencia, en canto a resitencia física, o IRONMAN (consiste en nadar 3800 metros, ciclísmo 180 kilometros e carreira a pé 42,2 kilometros) e non solo foron a un IRONMAN se non a 6! e conseguiron gañar a afamada medalla de Finishers en todas as edicións as que foron.





martes, 31 de mayo de 2011

CANS

Canis Lupus Familiaris





A relación dos cans e os seres humanos e curiosísima, e máis ainda os comportamentos de moitos destes animais con respecto ao home. Todos sabemos ou por cultura xeral de boca a orella ou pola TV ... historias sorprendentes de cans tranformados en héroes, algunhas ficticias outras semexan de guión cinematofrafico.
A amistade destes animais é infinita, pese que ainda de hoxe hai miles de maltratos e abandono por parte de desamlados que non merecen -baixo o meu punto de vista- o aire que respiran , e por certo , somos o país da UE máis permisivo con respecto ao malatrato animal, en países como Reino Unido teñen leis anti maltaro animal datadas no século decanove...
Eu persoalmente teño un "problema" non soporto ver o maltrato animal sexa como sexa, incluso na ficción do cine , cando estou vendo unha película na que sae algún maltrato non podo vela, e máis normalemte poñome bastante "alterado" e apago a tv, pasoume con amores perros xa na primeira escea, ahí case sae mal parada a televisión.




O primeira das historias de cans é a de Moro, coñecido como o Can do Mustallar (O Piornedo, Ancares)*O mustallar é un dos picos máis altos da nosa xeografía

É un can negro grande entre o tamaño dun pastor aleman e un mastín (un tamaño intermedio entre ambas razas), o curioso deste can é que é un dos cans "guías" do pico Mustallar. O noso contacto con el foi nas vellas casetas de pastores que hai antes de chegar ao Mustallar, alí viña el cuns amigos canidos e un home que estaba facendo a mesma ruta ca nós, Moro quedou atrás con nós mentras que o home despois de saudar seguía a diante, berramoslle que lle quedaba un can atrás pero contestou que non era del que era un dos cans do pobo.
Subeu con nós ata o cumio do Mustallar e acompañounos ata a chegada o pobo, cada ves que un de nós se quedaba un pouco retrasado, esperaba no camiño coa mirada clavada a que nós reagrupabamos ou incluso botaba unha carreira para alcazar o rezagado, ningún de nós viramso semexante cousa e pensábamos que eramos os únicos que tuberamso semaxante contacto e experinecia con este can, peor despois de mira un pouco pola rede resultou que nós eramos uns de tantos que tuberon axuda deste guía das montañas dos Ancares.



Un video que atopei pola rede deste can (un de tantos):





A segunda e última historia é ainda máis curiosa se cabe, tratase dun can grego apodado Kanellos (en grego: Κανέλλος ,significa "canela" ) é un can vagabundo que deambulaba polas rúas da capital grega, no 2008 durante as protestas dos gregos contra os recortes sociais que fixo o seu goberno "pola crise"- producironse diversos disturbios por todo o país- , a historia comenzou concretamente cos periosdíastas gráficos de Antenas, ao revisar as fotografias das contendas percataronse que sempre aparecía un can, ao principio non lle deron moita importancia, pensaban que era unha coincidencia, ata que ese pequena e cuadrupeda coincindencia foi xeralizada en todos os carretres , todos os periodáistas posuían unha fotografía de dito animal, moito decía que eran distintos animais que non sempre era o mesmo can, pero vendo as imaxes que circulan pola rede a min persoalmente pareceme o mesmo , e si non o é eu seguirei pensando que sí.
Kanellos foi aculmado así polos periodístas polo seu cor cercano a Canela, outros chamaronlle The Riot Dog ( O can dos disturbios).

No que coinciden todos é de que é un can e non unha cadela, xa que o gobernos Anteníense puxo colares de cor azul aos cans e colares de cor vermello para as cadelas, este sistema de indentificación é parte dun programa de control poboacional de cans vagabundos.




Este can en parte simbolizou esas protestas que deron volta ao mundo e que se contaxiaron por países como Alemania, Italia, Francia, Reino Unido... foron todas protestas de caracter violento,o máis puro estilo Black Bloc. En España polo contrario tardou en chegar o virus sublevador ,3 anos, pero chegou cun espíritu pacifista, e tamén con algún que outro can activista máis anónimo.

miércoles, 25 de mayo de 2011

Maio.


Non fai moito no tempo, eramos un animais recolectores e cazadores, un grupo no que cada individuo dependia do outro. A civilización truxo consigo a individualización do ser humano, chegan a extremos que cando se aptua en conxunto, pensase individualmente.

Cos acontecementos que estuberon e están ocurrindo co movemento 15 de maio, a gran crítica centrase nos políticos, nos nosos lideres que supostamente nos representan. Antigamente, remontandonos aos tempos mencionados antes , cando o home coesistia coa natureza, cando o home ainda era un animal e non tiña vergoña de selo, os líderes eran os máis fortes os máis inteleixentes, e normalmente os máis ancians, os que tiñan máis expreriencia.
Ahora mirando o equivalente daqueles líderes, solo podes ver a xente que nunca traballou coas súas mans, que nunca fixo nada que non fose en términos estudiantis (no mellor dos casos), falta ese espiritu curtido de quen loitou e traballou para chegar ahí, falando en térm¡nos xerais e sacando as poucas excepcións. Que pasaría se un político sexa do ideario que sexa, chegou ahí polo seu sudor, e non polos favores e amistades que se foi facendo e labrando polo camiño, un home que supera o que é estás na parte mási baixa, do mal chamdo sistema, e fora con traballo duro subin pasiño a pasiño, non teríamos unha clase política máis cercana ao pobo, que estes dirixentes acutuais que naceron na opulencia cal burgues dos anos vinte, coa comida xa masticada e dixerida.

Un exemplo da nosa clase política: "La candita del Partido Popular de L'Alfàs del Pi (Alicante) intentó impedir el pasado domingo que una minúsvalida votara en su colegio electoral."
O video :


"No vota, no vota. He dicho que no vota"

O movemento 15 de maio, coñecido tamén como Democracia Real Xa! é o sentimento individual que chega a masa, gracias a este gran proxecto de anarquía chamado Internet, unha vez máis fai que eses pensamentos individuais, que o información pura e cruda chegue a masa.
As protestas que antes eran dignas das mellores tascas e tabernas, ahora xa pasan as rúas, rúas que claman , que esixen cambios.
Nas caras dos polícos ainda se poden ver perfiladas sorrisos irónicos, sorrisos de pais vendo ao seu fillo decindo as súa primeira "palabrota", que confundidos están, que tontos cegos que solo miran como voan avións no ceo.

A indignación é un sentimento cercano ao odio e a violencia, eses sentimentos que nublan o sentido e non deixa ver con claridade, pero por unah vez, este sentimento -e máis no caso de este país tan acostumado ao letargo e ao pasotísmo- non derivou en violencia, todo o contrario , estase facnedo un exercicio de democracia increible, toda unha lección para os nosos políticos como para o resto de países.
A indignación contaxiase tan rápido como a famosa gripe de laboratorio h1n1, as embaxadas españolas en todo o mundo son centros de manifestacións, países como grecia están copiando este sistema de protesta, os islandeses que foron os primeiros en facer estas revoltas, miran con orgulo e envian consellos, este movemento está pasando ou xa pasou a outro plano, a protesta espandese. Hoxe por hoxe e co remate das eleccións a prensa como non podía ser doutro xeito intenta non mencionar que ainda quedan cidades con campamentos.
Intentase enfriar e parar non darlle continuidade e afogalo mediante o oscurantísmo informativo. Despois das eleccións municipais parece que tamén non se lle quere dar moito bombo aos pobos nos que o voto en branco e nulo fixo "estragos" nos que non se poderá formar goberno, exemplo de isto é o pobo vasco de Aduna, un comentario a noticia pon isto "¿Y sobreviven sin partidos ni concejales, ni alcalde, ni nada? Vaya por dios... que la gente no lo sepa o empezará a preguntarse cosas, y eso es malo para el sistema, ¿verdad?" Estas frases resumen moi ben o que pasa nesta sociedade , cando alguen -neste caso un pobo enteiro- se "desmarca" un pouco do sistema é silenciado polos medios de comunicación máis grandes e con maior diusión, e si a xente non se entera non pasou nunca nada...
A miña conclusión é a seguinte: Os políticos non lles queda outra que subirse ao carro do pobo e ir na dirección que eles marquen, cando os de abaixo se moven eles caen. E gustaríame ter políticos que realmente o currasen para chegar a ser un lider non un pele como so que temos hoxe as ordes das entidades privadas dos colegas dos maletíns e da banca, e tamouco o políticos escoria como a señora candidata a alcaldesa do video de antes, nin os políticos que acarrexan votos. O absentismo, o voto nulo, o voto en branco, debería ter mási repercusión, xa que eso é a indignación ir contra ese sistema electoral, claro está que como ben dín as xentes máis politizadas "con iso non se cosegue nada", non se consegue nada polo mero feito que a clase política e deste sistema electoral importalle unha merda que voten 10 persoas que 4000, e non é o mesmo.

martes, 26 de abril de 2011

Ultramaratón

Ultramaratón: "Evento deportivo que se executa en recorridos máis largo que a lonxitude dunha maratón tradicional (42,195 kilómetros)"

Dentro deste mundo das Ultramaratóns, en españa temos grandes referentes, Kilian Jornet, Miguel Heras... pero os que máis me chaman a atención son os "Os Xóvenes Pistoleiros" término acuñado por Christopher Mcdougall usado para referirse as novas caras que despuntaron da noite para a mañan dentro do mundo da ultra maratón.




(Jenn Shelton)



Son en certa medida xente moi peculiar, e cunha resistencia altamente sobrada, o caso que máis me chamou a atención lendo o libro Nacidos para Correr de Christopher Mcdougall, foi o de Jenn Shelton e Billy Barnett , dous socorrístas de Virginia Beach que nunca habían participado en ningúnha carreira e menos un ultra, a primeira vez que se lles ocurreu correr, foi ao ver un anuncio da Mountain Masochist, 50 millas a través de montañas.
Sendo de Virginia Beach as montañas quedabanlles bastante lexos, asique recurrinon, sobre todo no caso de Jenn, a onde sempre recurría cando tiña dudas, a xeración beatnik, en especial a Jack Kerouac, sumerxironse no libro "Os Vagabundos do Dharma" ,"todo o noso enfoque das carreiras de montaña ven dos Vagabundos do Dharma" diría Bill, "Pensei que se un podía correr 100 millas, alcanzaría o estado zen. Que sería o puto Buddha, traendo paz y sonrisas ao mundo. Non funcionou para mín, sigo sendo a mesma gamberra" engadiría Jenn posteriormente. "Jenn podía correr un maraton en menos de tres horas vestindo un bikini de fio dental e tomándose unha cervexa na milla 23", "Coñezo a unha rapaza que está adestrando para as probas de clasificación das olimpíadas, e ten o adestramento planificado para os 3 próximos anos! eu non podería facelo, supoñíase que iba adestar con ela un día , pero chaminlle as 2 da mañá para decirlle que estaba submerxida en margaritas e que non contase conmigo" "Jen non tiña nin reloxo própio, erguiase cada mañan comia unha hambuerguesa vexeteriana e corría tan lexos e tan rápido como pudese". Jenn rematou a súa primeira carreira de montaña, un ultra de 50 millas en 17:34 horas , batindo o récord da proba ,a primeira vez que corría por montaña e un ultra!!!


(Anton Krupicka)


Outro persoaxe do denominados "Xóvenes Pistoleiros" é Anton Krupicka "Naked Guy", este corredor de ultramaraton e coñecido pola súa visón simplísta do correr, diseñou unhas zapatillas minimalístas seguindo a tendencia barefoot, as New Balance Minimus e as New Balance MT101, a súa estética e pensamento é moi característico, corre sempre sen camiseta e sen calcetins, durante as carreiras máis longas solo porta nun apaño que ten no pantalon 4 xeles enerxéticos e medio litro de auga na man. Gañou a emblemática carreira de Leadville 100 (que en varias ocasións non pudo nin rematar o autodenominado urtramarathonman Dean Karnazes) adestrou nas inmediacións da proba e durmeu durante ese ano de adestramento nun armario dun amigo.



(Scott Jurek)

E por último o idolatrado e CAMPEÓN Scott Jurek, "o héroe dos últimos do pelotón, aqueles que eran demasiados lentos apr avelo en acción, pero era un heróe por motivos diferentes, despois de gañar unha carreira de 100 millas Scott mataría por unha ducha quente e unha boa cama, pero no cnato diso, Scott envolvíase nun saco de dormir e permanecía en vixilia na líña de meta. Cando o sol saía, ahí seguía, animando coa voz xa rasgada ata o último corredor , facendolle saber que non estaba solo."


Scott Jurek resumeu o credo dos Xovénes Pistoleiros cunha cita de William James : "Máis alá do extremo da fatiga e do sufrimento, atopamos cantidades de alivio e poder que nunca habíamos aoñado con ter; fontes de fortaleza nunca antes postas en proba porque nunca habíamos empuxado a porta da oclusión".

CANDO CHEGUES A CIMA, SIGUE SUBINDO!

miércoles, 20 de abril de 2011

Principios de Simetría


Non sei, pode que sexa so a miña imaxinación, pode que sexa unha mensaxe subliminal, e de selo así ,que é?

Principios de simetría.:
Podería ser o título dun gran manifesto artístico, podería ser un canon a seguir pero foi un soño, un soño delirante e repetitivo, un búcle sen fin.
Iba camiñando por unha rúa difuminada, cando os meus ollos caíron nun escaparate, alí o estaba, un caderno moi vello cunhas letras en branco, ou gris, que poñía Principios de Simetría, 3 segúndos despois e como pasa frecuentemente, sona a alarma do meu reloxo 9:00.
Cando xusto me vou deitar, miro o reloxo, e pon 00:9, ahí comenzou o principio de simetría ¿?.
Todo se viña abaixo, cando saturno subía polo ceo, aterrizaba, unha e outra vez ,collo un pantalón curto que tiña tirado no chan, sacudo unha camiseta, poñoa, poño as miñas zapatillas de correr, poño os cascos, play?.... 15 minutos despois un pensamento, Que será eso de Principios de Simetría? Miro o pulsometro, 160ppm 83%, 00:15:54. As xustificacións as preguntas eran infinítas, a negatividade flotaba no aire, non había respostas e miles de preguntas , Onde vería eu eso?? A súa primeira páxina estará en branco?, ou pola contra porá unha breve dedicación "para ti que non sabes o que porá na páxina 3".
"A simetría é un rasgo característico das formas xeométricas, e outros obxetos materiais ou entidades abstractas"
Nin hoxe nin nunca hai principio, é menos simétrico, o tempo é unha liña recta ou polo contrario é unha perfecta circunferencia? Todo era esa presión no peito, unha serie de taquicardias, cal sería a que parase a máquina e lle fixera un reseteo ?, calma.
Xira e xira e xira, chega ao borde da cama, a sensación de voar increméntase tanto que o estómago xa está na gorxa, e xusto no momneto que vas a tocar o chan....Sona o despertador, pero non eres capaz de apagalo, cada vez que te achegas a el ,movese un pouco máis , cada vez máis lexos, tomas eso como un punto de inicio, a gran estampida está comenzando, os glóbulos vermelos empezan a moverse outra vez rápidos e eficaces un torrente imparable como un río, unha cascada que vai dende o ventrículo esquedo ata o meñique do pé, intentas controlalo, como intentando poñer unha presa, un dique de contención a ese rio enfurecido, intentado que se calme e que as augas queden como un espello; non hai forma, pero tranquilizaste, non hai problemas, non hai nada, tes que elexir deixalo ir, a aungustía xa é calma, relax.

Estas desperto, solo foi un soño.

lunes, 11 de abril de 2011

3106 Vig Bay




3106:

10:15: Comunican por megafonía que todos os participantes se poñan detrás da liña de saída. Chego o meu caixón de saída a letra I, é decir o último caixón, posto ahí por non haber competido nunca antes nesta carreira. Ahí no medio de 4100 perosas, os comentarios son do máis variopinto, os que xa proclaman miles de excusas ante a súa visión de non poder acabar a proba, os que cheiran a 35 kilometros a Reflex, os que están ultra nerviosos e sorín a todos e a todo, 4100 opinións, 4100 versións.



10:30

Dan o pistoletazo de saída, case inaudible para min tendo diánte a 4000 competidores, sei que é a saída polos berros que preceden ao pistoletazo. Comenza a carreira. Facemos un recorrido duns 3 kilometros pola estrada lindante a Samil, alí rodeados de xente , máis de algún xa comenza a emocionarse e daese conta do que ten por diante. Será a última vez que vexa os meus acompañantes que me sacan fotos dende a acera, apartir de aquí vou solo, solo no medio de 4099 persoas máis.
Case todos os kilometros son iguais, uns van fatigados ou xa non poden seguir máis, eu polo contrario sintome perfectamente sobre todo as dúas costas arriba que afrontamos, ahí é cando comenzo a subir o ritmo un pouco, non son nigún máquina correndo pero era a única oportunidade de poder correr máis comodo sen estar encaixonado entre unha fila de corpos, ahí disparaseme o corazón a unhas sabe deus cantas pulsacións, pero paso xenial subindo esas costas, cun pouco de brisa procedente do maravilloso atlántico, unhas vistas xeniais das illas cíes.
Uns kilometros máis , a fatiga iase facendo notar na xente, algúns teñen arcadas,outros xa superaron as arcadas vomitando directamente, outros camiñan pola cuenta coa cabeza baixa polo cansancio.

Chegamos a un dos avituallamentos de auga, doulle un par de tragos, o resto vai por riba da cabeza e da espalda, e a botella sumase as outras que xa voan por riba nosa e aterrizan no veiral da estrada, o seguinte avituallamento é de esponxas molladas, as que forman, despois do seu uso, unha fermosa estamapa multicor na estrada, que semella máis un mosáico que un río de asfalto negro.




Chegando as zonas onde se congregan máis persoas que animan aos participantes surxen frases para o recordo:

- "mira, mira los atletas míralos" (Un pai cun bebé nos brazos)
- "venga mozos que non vos queda nada" (Unha vella mirando pola fiestra)
- Ánimo con dos cojones ( a máis escoitada)
- Venga mover esos culitos (grupo de miniñas de 5 anos entrando en baiona)

Tendo en conta que eramos 4100 peroas era previsible que máis de un persoaxe destacaría no medio, o meu favoríto é un rapaz duns vinte e tantos (inglés creo) cunha bandeira de non sei onde ou non sei de que, cunha bubucela na man, era atronante o ruído que facía con ela, tendo en conta que estaba correndo unha media maratón, corría e tocaba a bubucela ao mismo tempo, todo un artísta merecedor do premio o mellor hincha-corredor, non sei se antes ou despois de encontrame ao homebubucela, atopeime con dúas perosas do meu pobo, poñome ao seu lado e digolles :"mira perdoa , para Oporto vaise por aquí ben?" -Para Oporto jajaja Oporto, continúo ao meu ritmo, e distanciome deles.
Baixavamos hacia praia América, nesa baixada atopome cunha muller e entre as súas mans unha ducha de xardín no medio da estrada por onde pasavamos, unha boa e gratificante ducha expres a todos os corredores que xa viñamos secos do último avituallamento de esponxas molladas, todo un puntazo.
O calor non foi moi acusado, a mellor temperatura foi a do comenzo, cando o día estaba ainda anubrado, pero unha vez pasado Nigrán o sol despuntou e empezou a facer xa un calor importante, cousa que facía menguar o rendemento de calquera, menos dos primeiros.

Non sei se polo cansancio ou o que, pero hubo un momento que pensaba que estaba sufríndo alucinacións,exactamente no momento de chegar a Baiona -meta final- na rotonda que indicaba "Porto", ali tomando a rotonda, ao meu carón, non daba credito, unhas crias 3 segundos antes dixerán a frase de arriba "mover esos culitos", eu iba correndo e ríndome completamente, cando tuben esta aparición : un home duns "vinte tantos-trinta e poucos", montado nun monocíclo xigante pasame polo lado, eu cunha cara de sorpesa increíble intento analizar o que me chega as retinas, pero non saco nada en claro, pensado que estaba alucinado miro aos espectadores que están na acera e vexo o que case é o reflexo da miña cara, solo se me pasou unha cousa pola cabeza "I N C R E I B L E ", e continuei como se nada hube pasado polo meu lado.
Pasando esta alucinación, xa dislumbro a meta, a uns 500 metros, empezo a subir o ritmo, apiques de gastar o último cartucho, vexo que ao meu carón e xa moi preto da meta, un rapaz intenta esprintar, pero quedase neso nun intento, veume a cabeza como un raio, o que me dixerón uns días atrás , "nas carreiras de montaña hai máis compañeirismo que é outro rollo, nas carreiras de asfalto non hai esa man amiga que che axuda", non sei se foi por ese pensamento, pero puxen a miña man nas costas dese rapaz, empuxino e gritinlle " Vamos joder!!! Vamos!!!"

Mirou para min cunha cara de asombro, comenzamos a esprintar a meta, e entramos cunha velocidade como se as nosas pernas non tubesen acumulados xa 21 kilometos, cruzamos a liña de meta os nosos chips que levamos postos no calzado, pitan, confirmando a nosa chegada, un apreton de mans , e rematou a carreira, rápida e divertida.

Alí no final esperaba detrás dun balado os meus acompañantes, Que tal?? ben( case inaudible), Vale non fales vai por ahí adiante que tedes de comer, de beber , e masaxe. Ok.

3106