"Mi testigo es el cielo vacío"

jueves, 29 de abril de 2010

-----------------------------------------------------------------------

Como montar un negocio, un castelo no aire, e comer unha roda dun coche:





Ergueste pola mañan correndo, colles os trebellos e saes pitando a coller un bus, chegas a zona de esparcimento.

Ergueste pola mañan , colles os trebellos e saes pitando, perdes o autobus, tes que chegar a zona de esparcimento camiñando.

Ergueste unha mañan, miraste ao espello, espupes na pileta, , metes todos os trebellos no coche, chegas a zona de esparcimento preferida, saudas a todo quisqui.

Ergueste pola mañan, xa non te miras ao espello, escupes na pileta, tiras os bártulos no coche e chega a zona de esparcimento.

Ergueste pola mañan metes todo no coche, chegas a zona de esparcimento, mais chea ca nunca.

Ergueste pola mañan cunha dor tremenda de cabeza, chegas a zona de esparcimento, daste conta que é unha praia, o típico, xente flotando no mar, xente cos seus fabulosos coches, crios que deben ser fillos da misma compañia textil patinando pola "carretera".



Un día máis, tanto do mesmo, chegas a praia... os meniños fotocopiados... o tio cabreado... o colega borracho... poste o teu neopreno mollado, maldices a cúpula celestial. Entras na auga, miras para atrás, un formigueiro, xentes con cámaras, intelectuais sentados en sillóns de tercio pelo esgrimindo unha batuta nunha man e noutra unha taza de té, xente gritando, outra tanta tocando cornetas.
A feira xa chegou, unha membrana sonora vibra pregonando nombres e números, sentaste na area.



Unha rompente totalmente diferente a anterior, a fotocopia dun anuncio pasa polo teu lado saudando ao mais puro estilo hawaiano. Furgonetas de luxo, fotocopias de anuncios camiñando, amigos de 5 minutos, fillos únicos e únicos fillos, música pop esponja soando de fondo.

Benvido a industria, sentante en "EL" sillon, colle a túa batuta ,inventate unha historia, é se o rei do micromundo durante 20 minutos cada día.
Se un "valinete" tan cobarde e un "cobarde" tan valiente.



Distante da realidade.

<¿?

viernes, 16 de abril de 2010