"Mi testigo es el cielo vacío"

martes, 30 de marzo de 2010

Viaxes Alternativos









Viaxes alternativos:


Inter-rail

Ciclo turismo grandes rutas Eurovelo


Estes dous puntos, poderían englobar todo o que che ven a mente cando se fala dun viaxe alternativo,entendamonos, alternativos a eses viaxes organizados, circos turísticos e masificacións.
A esencia fundamental destes viaxes é a aventura , a integración do viaxeiro alí por onde vai.



Inter-rail.

Moita xente ten unha idea erronea de que é o inter-rail, nas liñas de abaixo podedes ler un "resumen resumido" de qué é o inter-rail :



O Inte-rail é o viaxe mítico dentro dos viaxes alternativos. Transcorre por toda Europa e Turquia, en tren claro.

O sistema do inter-rail presentase en divisons por zonas , como sae no mapa. O custe do billete vai acorde coas zonas que elixamos para viaxar, non podendo usar este billete inter-rail dentro do teu pais.
A duración do billete inter-rail obscila entre os 5-10 dias ata 1 mes.

O billete inter-rail so é eso, un billete de tren, non inclue aloxamentos nin nada engadido. O billete inter-rail non sirve para todo tipo de trens, para viaxar en trens "especiais" como os de alta velocidade, ou os que confiran unha reserva especial.
Se emprendemos este mítico viaxe, so é necesario portar (en canto a documentación) o DNI, dentro dos paises comunitarios , no resto é necesario o pasaporte.
Case tan importante é ter o carné de alberguista, para poder aceder aos albergues xuvenis, sen el pode que che neguen a entrada.





Aquí tedes moita información moito máis detallada sobre o Inter-rail.


Ciclo turismo grandes rutas Eurovelo

A más famosa gran ruta (GR) para nós é o camiño de Santiago, con todas as súas variantes, pero existen moitísimas rutas ao longo do globo deste tipo.
En europa temos o Eurovelo, un englobado de rutas ciclo turísticas, que van dende o cabo máis austral de europa , en noruega, até o sur de portugal. Para a realización destas rutas, non fai falla estar incripto en ningún organismo nin rexistro, simplemente son rutas previamente cartografadas, talmente como é o camiño de santiago. O eurovelo, podese facer de miles de formas é convinacións, estando as rutas todas enumeradas, e perfectamente marcadas nos mapas oficiais eurovelo. Estas rutas ao estar englobadas nun marco tan amplio dan unha flexibilidade inmensa aos cicliturista para convinalas, ou facer absolutamnete o que se queira, non é nada fixo cun obxectivo, como é o camiño de santiago.





Aquí
tedes toda información totralmente detallada.



Recomendación para albergues: Buscade sempre que teñan esta recomendación, son os mellores albergues.

miércoles, 24 de marzo de 2010

The Drifter

The Drifter





Unha película de Taylor Steele con Rob Machado como principal protagonista.

Trata sobre un cambio de vida dun surfista encasillado na alta competición, coas esixencias que lle fan os patrocinadores, e o mundo da farandula de alto nivel. O esgotamento de esta vida fai que necesite escapar desa rutina e emprender un viaxe en solitario por indonesia, intentando apartarse dos núcleos máis explotados polo surf, e implicandose na vida e costumes dos habitantes locais.

Esta podería ser unha simpnose aproximada da película, The Drifter.

Moitos blogs, páxinas e foros, critican esta película de ser irreal, de estar falseada, de mostrar unha versión ficticia do persoaxe principal, Rob Machado, de explotar comercialmete un esteriotipo mochileiro-aventureiro. Razon se cadra non lles falta, pero o que non se dan de conta esta xente que critica esta película, que so é unha película, non trata unha historia real.
É simplemente o achegamento a unha idea hipotética, que se podería dar en calquer surfista profesional ou non, escapar da rutina ,perderse, vivir na incertudumbre, unha visión un pouco utopica.
O que pode ter lugar a critica, é algun fallo dentro do argumento, fanos creer ao principio da película que Rob Machado viaxa " so" e so cunha taboa e nada máis, pero despois sae cando menos con 3 tablas diferentes e unha guitarra, sinceramente pareceme unha chorrada pero é o único "fallo".
Penso que esta película é bastante critica co mundo do surf de alta competición, ese mundo surfeiro que pretenden vendernos en revistas de 4'50€, cheas de anuncios. Un mundo de luxos, fama, tian en tanguita, e vida de marques. Eu non coñezo ese mundillo e nunca o coñecerei, pero o que se transmite del en revistas, o que podemos ver nós dende fora, un reflexo de vanalidade.

Na primeira parte da película queda totalmente reflexado, ese sofoco en praias ultra masificadas, ese murmullo digno de campionato, sendo un dia calquera... A industrialización do surf, o afán de facer caixa, seguindo patrons de moda diseñados por un gabinete de executivos dende un decimo quinto piso en Pekin.

A segunda parte , refexa un mundo "surferil" máis natural , recorer kilometros pola costa na procura de rompentes, e coñecendo a xentiña que por alí vive, máis aventura, pode ser o que soñemos moitos de nós, perdernos por indonesia nunha furgo recorrendo kilometros e sumerxirnos na cultura que nos rodea.

Se me deran a elexir facer un viaxe, nun luxoso barco e disfrutar das mellores rompentes de indonesia ou recorrer ese mesmo lugar en moto coa tabla como fai Machado no filme non o dudaría, disfrutar da cultura local tanto como das ondas que estes maravillosos sitios nos ofrecen.

A miña valoración sobre a película é positiva, moi recomendable.
Gustanme esa tropa de Free Surfers, Machado, Rasta... Gustame a visión do surf que teñen.





viernes, 19 de marzo de 2010

O PODER DA AMISTADE.


O poder da amistade.




Despois de ver este video, quedache o corpo cunha sensación extraña.







*(visto no blog de axena)


Este é o legado de Iñaki.

SOS Himalaya


jueves, 4 de marzo de 2010

Ecoresistencia

Ecorresistecia.
Unha protesta máis activa e eficaz, cala máis fondamente nas persoas, impácta e revolve conciencias.



Canquera de nós, reis do mundo dentro dun bar, arranxando o universo, calmamos as nosas ánsias de protesta e reindivicación neses momentos tan "etileuforicos". Pero moita xente anónima é capaz de cruzar o umbral da porata do bar ou do fondo da barra, para que chegue a moita xente as ideas que eles pensan que son as correctas.
Un recente spot da organización Greenpeace, conclue que non tes que mollarte nunha zodiac perseguindo un barco baleeiro para protestar, e eu, estando de dacordo con dito spot, quero chegar un pouco máis alá.
Non fai falla mollarse nunha zodiac, nin rapelar trinta metros por un monumento, ou encadearse a unha reixa, nin tampouco se pode solucionar o mundo nun bar, no facebook ou neste blog.
Ser un número máis nunha estatísca ou un peon nunha rengleira é tremendamente fácil, simplemete tes deixarte levar polos fenomenos atmosericos socias. Ter un bo coche, vestir roupa de deseño, ou ter unha casa como un archivador de oficina que é totalmente autonoma.



Grandes aspiracións de todo indivuo corporativo. Isto ben a ser o mesmo que o fulano que colle o helicoptero para ir coller un tsunami importandolle pouca cousa que morreran 700 persoas por culpa do terremoto que derivou ese ansiado seu tsunami.

Moita xente criticou que a cumbre de Copenhague fora un total fiasco, pero canta xente tomou a decisión de realmente "montala", de protestar¿? pois un puñado de "radicales e de exaltados".

Non fai falla estar sempre o pé do cañon pero tampouco ser todos unha panda de borregos con códigos de barras, pequenas cousas poden facer moitísimo, pero esa voluntade non pode quedar no limbo da quentura nun bar nin de funcarlle a televisión.




Varias entradas fixen xa deste mesmo tema, simplemente é algo que a min persoalmente me preocupa.

*1
*2


O mundo tende a dividirse, a xente que defende os espazos naturais, e a xente que solo ve beneficios na industrialización. A dualidade de extremos existirá ao longo da nosa historia, pero a convivencia simbiótica entre ser humano e o resto do planeta solo pode ter dúas saidas, ou acabamos ben, ou acabamos mal.

Demasiada xente pensa que todo isto é unha chorrada (referindose ao cambio climático), que podería estar no caixónn onde gardamos aos unicornios, trasnos , e calquer ser fantástico, pero a realidade faise palpable , pouco a pouco, xa non son raras as grandes inundacións nin as devastadoras sequias.

Tamén poden ser ciclos normais e evolutivos dun clima, pero a pregunta é : Esperaremos a que todo se vai ao garete para confirmar que se nos foi das mans?
O lóxico seria que non se fixese iso, pero cando os intereses que moven as sociedades son económicos pispotease o que faga falta, construense casas nos cauces dos rios, fanse campos de golf en zonas protexidas e un longuísimo etc.

Teño a esperanza de que non faga falta chegar a un extremo radical, a un punto de non retorno para que eses que fan que nos mandan , se den conta que xogan con todos nos.



Reducide o voso impacto na natureza, reciclade, ide en bicicleta ao traballo, decidelle non a resignación, non fai falta facer grandes protestas para arrenxar as cousas, a loita silenciosa pode facer máis ruído que as súas fábricas de moeda e timbre.

lunes, 1 de marzo de 2010

Riscos e Temeridades



Risco s.m. Situación ou circunstancia que ameaza a seguridade dunha persoa ou cousa.

Temerario -a adx. Que amosa unha valentía imprudente [persoa], ou que manifesta tal actitude [cousa]

Víctima s.f. Persoa ou animal que sofre un dano ou resulta prexudicado por alguén ou por algo

Supervivente adx. Que sobrevive ou sobreviviu [a algo]


Os deportes que se pratican na naturaza, soen ser calificados como "deportes de risco" , "deportes extremos" e un longo etc. Este risco é o que lle da motivacións ao deportista para praticalos, pero cando a persoa se confia de máis , ben sexa excisiva confianza no material que emprega para praticalo , sobrevaloración das capacidades físicas ou simplemente unha falta de visión global do que se ten entre mans, o deportista pasa a ser víctima.

Así ben, diferenciar entre risco e temeridade é moi difícil nun deporte que xa se tílda " de risco".
Solo podemos facer unha boa distinción coñecendo ao suxeto en concreto que está ralizando dita actividade, con isto quero decir que non é o mesmo "risco" unha persoa que escala un 9a+ cunha persoa que non coñece nada do mundo da escalada, por exemplo.



A visión do risco cambia en función dos coñecementos da persoa, esté praticando dito deporte ou simplemente esté como simple observador, a "ignorancia" do observador, moitas veces implica que se xere unha alarma cando non existe tácitamente un peligro .

Exemplo disto foi a principios deste inverno cando un grupo de surfistas "da zona" fixeron unha quedada na onda da Fontenla (concello de Sanxenxo), como quedada particular e sin categoria de "evento", non avisaron a nadie de dita concentración.
Diversas persoas do lugar, vendo a expetación formada deron por feito "que alí algo pasaba" decidiron chamar ao 112 , desplegandose un gran número de servicios de emerxencia até o lugar ( Helicoptero Pesca 1 dos Gardacostas de Galicia, SEIS Sanxenxo, 061....), baixo a estupefacción dos deportistas implicados.

Outro caso é cando o descoñecemento do risco ven por parte do propio practicante.
Gran parte dos accidentes que ocorren praticando deportes de "aventura" ven dado polos riscos inecesarios ou riscos inconscientes que se acometen.

Exemplos hai a miles, e videos para ilustrar hai outros tantos.


Pero o que máis me indignou foi o que recentemente protagonizou un surfista americano, unha vez máis este gran deporte vese salpicado pola vanalidade dos seus praticantes. Sucedeu fai dous ou tres días.
Resumindo brevemente, producese un terremoto con epicentro ubicado na costa de chile, producindo como moitos sabedes grandes destrozos e polo de agora 700 mortos, sendo o epicentro no mar era de supoñer que se xerara algun tsunami, é así foi.
Neste punto é cando entra a fantochada e vanalidade de algúns, previase que o tsunami chegara as costas de Hawaii, alí era ou é onde este magnifico capullo pretendia ir cun helicoptero para intentar coller a onda,-aclaración, pareceme vanal, por non dicir outra cousa, que haxa algunha persoa que teña a magnifica idea de cando se produce un terremoto no cal morren 700 persoas, o seu primer impulso sexa ir a intentar surfear o tsunami-, espero que a este simpático o centrifugue tanto esa onda que lle poña do dereito o seu pequeno cerebro.



Ahora para rematar.
Que lle pasará pola cabeza a un membro dun equipo de rescate cando ten que ir a "sacar do marron" a unha persoa que se sobrevalorou ou que simplemtente se veu nun inmenso fregado por voluntade propia como este último personaje ou estes do viedo ¿?




Está claro que os deportes "de aventura" teñen un risco, pero sempre un risco controlado ou controlable. Moitas veces as fatalidades veñen sen buscalas, pero as temeridades non veñen solas. A divertirse con precaución.